Xerais
banner
xerais.bsky.social
Xerais
@xerais.bsky.social
#Xerais (Desde 1979)
Editora en lingua galega.
Facendo historia(s).
DÍA 2:

Nesta época do ano, deixémonos levar por historias que lembran que sempre hai un motivo para seguir crendo na maxia.🪄

Cal é o voso libro de fantasía e maxia preferido?💫

#LecturasdenadalconXerais

Miguel Alonso Diz, @lediciacostas.bsky.social, Ana Vigo.
December 2, 2025 at 2:02 PM
DÍA 1:

Libros que saben mellor cunha bebida quente entre as mans e tempo para deixarse levar.

Que libro acompañariades dun café?

#LecturasdeNadalconXerais

@mariabesteiros.bsky.social  e Andrea Maceiras.
December 1, 2025 at 5:30 PM
Mañá comezaremos un calendario literario de Nadal que durará ata o 24 de decembro.

Cada día recomendaremos libros que asociamos co Nadal porque estas datas son un bo momento para ler estas historias. Compartide as vosas recomendacións co hashtag #LecturasdeNadalconXerais.

Damos inicio ao Nadal!
November 30, 2025 at 8:01 PM
Paula Carballeira presenta en Oza o seu libro Alicia e a mesta de Oza. Estará acopañada polo arquiveiro municipal de Teo, Pablo Sanmartín. 👇
November 30, 2025 at 4:01 PM
Xurxo Souto presenta A novela do Bravú na Coruña 👇
November 30, 2025 at 2:30 PM
Este libro é unha viaxe chea de cor, festa e tradicións. Unha guía para coñecer algúns dos Entroidos máis sorprendentes de Galicia, con ilustracións e curiosidades que farán rir, aprender e querer saír a correr tras as máscaras. 

Prepárate para o mellor Entroido da túa vida!
November 28, 2025 at 1:02 PM
nha casa, unha herdanza, tres irmáns... Olaia Sendón presenta A casa grande o vindeiro mércores na Coruña.
November 27, 2025 at 8:30 PM
«Os libros abriron dentro de min algún pasadizo secreto capaz de conectar partes do meu ser ás que xamais chegara estando esperto, e comecei a soñar de verdade».

"O corvo sobre a neve" de Andrea Maceiras.
November 27, 2025 at 6:01 PM
Vémonos esta fin de semana en Culturgal? 😉
November 27, 2025 at 2:03 PM
Isto non é só un libro de música, senón a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos 90, decidiu saír do rego do discurso dominante e, co poder da lingua galega, dialogar coa súa propia realidade.

Como dixo Miguel Anxo Murado: «Na antítese da  morriña está o bravú».
November 26, 2025 at 3:04 PM
Hoxe, #25N, queremos reivindicar a eliminación da violencia contra as mulleres e recomendámosvos 3 libros que falan da realidade de moitas mulleres e que nos axudan a mirar de fronte aquilo que non debe repetirse. Porque as palabras tamén son unha forma de protesta.
November 25, 2025 at 12:02 PM
A libraría Aris, de Burela, acolle a presentación de Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino, o vindeiro luns 👇
November 24, 2025 at 5:14 PM
Ola a todxs!😊

Que libro de Xerais vos gustaría esquecer para volvelo ler como a primeira vez?
November 24, 2025 at 1:15 PM
Durante os anos infames da posguerra e ditadura, as familias aprenderon a gardar segredos e estar en silcencio, pero sempre hai alguén que ten curiosidade e quer afastar os medos. 

Esta é a historia de moitas mulleres que loitaron contra a desigualdade nas escolas e abriron camiño.📚
November 21, 2025 at 12:30 PM
"Tristes armas" presenta, dende un punto de vista profundamente humano, algúns episodios da Guerra Civil dende a perspectiva dos que non combateron, pero que sufriron as súas consecuencias.

Unha historia que, desgraciadamente, segue sendo de actualidade porque é a realidade de moitas persoas.
November 20, 2025 at 4:04 PM
«Cando abre o seu libro convértese en todos nós e todos nós nela, e eténdenos e entendémola e, coa súa voz de paxaro, narra unha historia que é só para ti, pero tamén para todos».

"Erin e o lobo" de Érica Esmorís.
November 20, 2025 at 11:01 AM
Pedro Feijoo é un mestre en combinar o ritmo frenético cunha ambientación perfecta.

Se aínda non coñeces a este autor, aquí tes a folla de ruta perfecta para iniciar a viaxe nas súas páxinas. 

Unha vez que entres, non quererás saír!
November 19, 2025 at 2:01 PM
Suso de Toro, o vindeiro martes en Santiago de Compostela. 
Terra de sacrificio, unha nova e polémica interpretación da historia recente de Galicia, a partir dunha entrevista imaxinada a Ramón Piñeiro e Castelao.👇
November 19, 2025 at 11:01 AM
Nova cita con Abril Camino e Mulleres que viven xuntas en Monforte.
November 17, 2025 at 5:02 PM
"A Casa Grande" é unha novela íntima con toques de humor que afonda nas contradicións das relacións familiares e nos lembra que todos estamos feitos, dalgún xeito, das historias que outros deixaron atrás.🏠
November 17, 2025 at 2:31 PM
Este mércores, na Guarda... 👇
November 17, 2025 at 9:01 AM
María Besteiros presenta Ítaca na Libraría Paz.
November 16, 2025 at 4:01 PM
Xavier Queipo estará en Lugo e Ourense para presentar o seu libro de relatos 66. 
🗓️18/11/2025. 19 horas. Libraría Eixo de Ourense. 
🗓️19/11/2025. 19 horas. Libraría Trama de Lugo.
November 16, 2025 at 11:02 AM
O próximo mércores, en Santiago 👇
November 15, 2025 at 9:01 AM
Que pasaría se Castelao e Ramón Piñeiro puidesen falar hoxe? 

Esta novela ensaia unha nova e polémica interpretación da historia recente de Galicia coa intención de que afronten a verdade do que ocorreu cando o mozo Ramón Piñeiro non agardou por Castelao en París. 

@susodetoro.bsky.social
November 14, 2025 at 3:01 PM