Xerais
banner
xerais.bsky.social
Xerais
@xerais.bsky.social
#Xerais (Desde 1979)
Editora en lingua galega.
Facendo historia(s).
Pinned
🥳 Xa temos gañadoras dos Premios Xerais 2025!
📕Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino, XLII Premio Xerais de Novela
📕Erin e o lobo, de Érica Esmorís, XL Premio Merlín
📕O corvo sobre a neve, de Andrea Maceiras, XVII Premio Jules Verne
www.xerais.gal/noticia/abri...
DÍA 2:

Nesta época do ano, deixémonos levar por historias que lembran que sempre hai un motivo para seguir crendo na maxia.🪄

Cal é o voso libro de fantasía e maxia preferido?💫

#LecturasdenadalconXerais

Miguel Alonso Diz, @lediciacostas.bsky.social, Ana Vigo.
December 2, 2025 at 2:02 PM
DÍA 1:

Libros que saben mellor cunha bebida quente entre as mans e tempo para deixarse levar.

Que libro acompañariades dun café?

#LecturasdeNadalconXerais

@mariabesteiros.bsky.social  e Andrea Maceiras.
December 1, 2025 at 5:30 PM
Mañá comezaremos un calendario literario de Nadal que durará ata o 24 de decembro.

Cada día recomendaremos libros que asociamos co Nadal porque estas datas son un bo momento para ler estas historias. Compartide as vosas recomendacións co hashtag #LecturasdeNadalconXerais.

Damos inicio ao Nadal!
November 30, 2025 at 8:01 PM
Paula Carballeira presenta en Oza o seu libro Alicia e a mesta de Oza. Estará acopañada polo arquiveiro municipal de Teo, Pablo Sanmartín. 👇
November 30, 2025 at 4:01 PM
Xurxo Souto presenta A novela do Bravú na Coruña 👇
November 30, 2025 at 2:30 PM
Este libro é unha viaxe chea de cor, festa e tradicións. Unha guía para coñecer algúns dos Entroidos máis sorprendentes de Galicia, con ilustracións e curiosidades que farán rir, aprender e querer saír a correr tras as máscaras. 

Prepárate para o mellor Entroido da túa vida!
November 28, 2025 at 1:02 PM
nha casa, unha herdanza, tres irmáns... Olaia Sendón presenta A casa grande o vindeiro mércores na Coruña.
November 27, 2025 at 8:30 PM
«Os libros abriron dentro de min algún pasadizo secreto capaz de conectar partes do meu ser ás que xamais chegara estando esperto, e comecei a soñar de verdade».

"O corvo sobre a neve" de Andrea Maceiras.
November 27, 2025 at 6:01 PM
Vémonos esta fin de semana en Culturgal? 😉
November 27, 2025 at 2:03 PM
⚫️Xosé Freixanes foi o deseñador das portadas da colección Ablativo Absoluto de Xerais. Dende a editorial lamentamos esta triste noticia.

www.lavozdegalicia.es/noticia/cult...
Adeus ao artista plástico José Freixanes, o pintor viaxeiro que fixo do lenzo un territorio emocional e de memoria
O creador, que tamén explorou a ilustración e a docencia e foi integrante do Grupo Atlántico, faleceu en Madrid aos 72 anos
www.lavozdegalicia.es
November 27, 2025 at 1:11 PM
📰Eva Mejuto, en Faro de Vigo: «O humor é unha forma intelixente e sá de mirar o mundo».
www.farodevigo.es/faroeduca/fa...
Eva Mejuto, escritora: «O humor é unha forma intelixente e sá de mirar o mundo»
A escritora Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975) presentará durante estes meses o seu novo libro, «Queco e Kika», ao alumnado de Faro da Escola; unha historia sobre diversidade e amor polos animais máis de act...
www.farodevigo.es
November 27, 2025 at 1:07 PM
Isto non é só un libro de música, senón a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos 90, decidiu saír do rego do discurso dominante e, co poder da lingua galega, dialogar coa súa propia realidade.

Como dixo Miguel Anxo Murado: «Na antítese da  morriña está o bravú».
November 26, 2025 at 3:04 PM
🔴Xerais convoca unha nova edición do Premio Xerais de Novela, o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.
O prazo para a entrega de orixinais queda aberto ata o 1 de marzo de 2026.
➕Información e bases 👇
www.xerais.gal/noticia/conv...
Convocada unha nova edición dos premios Xerais de Novela, Merlín de Literatura Infantil e Jules Verne de Literatura Xuvenil
Convocada unha nova edición dos premios Xerais de Novela, Merlín de Literatura Infantil e Jules Verne de Literatura Xuvenil
www.xerais.gal
November 26, 2025 at 8:50 AM
Hoxe, #25N, queremos reivindicar a eliminación da violencia contra as mulleres e recomendámosvos 3 libros que falan da realidade de moitas mulleres e que nos axudan a mirar de fronte aquilo que non debe repetirse. Porque as palabras tamén son unha forma de protesta.
November 25, 2025 at 12:02 PM
O Concello de Fornelos de Montes ten aberto o prazo de recepción de orixinais para o Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía. Estará aberto ata o 30 de novembro 👇
fornelos.gal
November 25, 2025 at 9:01 AM
A libraría Aris, de Burela, acolle a presentación de Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino, o vindeiro luns 👇
November 24, 2025 at 5:14 PM
Ola a todxs!😊

Que libro de Xerais vos gustaría esquecer para volvelo ler como a primeira vez?
November 24, 2025 at 1:15 PM
Durante os anos infames da posguerra e ditadura, as familias aprenderon a gardar segredos e estar en silcencio, pero sempre hai alguén que ten curiosidade e quer afastar os medos. 

Esta é a historia de moitas mulleres que loitaron contra a desigualdade nas escolas e abriron camiño.📚
November 21, 2025 at 12:30 PM
"Tristes armas" presenta, dende un punto de vista profundamente humano, algúns episodios da Guerra Civil dende a perspectiva dos que non combateron, pero que sufriron as súas consecuencias.

Unha historia que, desgraciadamente, segue sendo de actualidade porque é a realidade de moitas persoas.
November 20, 2025 at 4:04 PM
Xa dispoñible o audiolibro da novela de Manuel Rivas Tras do Ceo.
A obra pode escoitarse na voz de Gaspar Somoza. O actor de dobraxe pon voz a Dombodán, protagonista e narrador desta novela negra. A peza foi gravada nas instalacións de Studio XXI👇
xerais.gal/noticia/xa-d...
Xa dispoñible o audiolibro da novela de Manuel Rivas Tras do Ceo
Xa dispoñible o audiolibro da novela de Manuel Rivas Tras do Ceo
xerais.gal
November 20, 2025 at 1:24 PM
«Cando abre o seu libro convértese en todos nós e todos nós nela, e eténdenos e entendémola e, coa súa voz de paxaro, narra unha historia que é só para ti, pero tamén para todos».

"Erin e o lobo" de Érica Esmorís.
November 20, 2025 at 11:01 AM
Pedro Feijoo é un mestre en combinar o ritmo frenético cunha ambientación perfecta.

Se aínda non coñeces a este autor, aquí tes a folla de ruta perfecta para iniciar a viaxe nas súas páxinas. 

Unha vez que entres, non quererás saír!
November 19, 2025 at 2:01 PM
Suso de Toro, o vindeiro martes en Santiago de Compostela. 
Terra de sacrificio, unha nova e polémica interpretación da historia recente de Galicia, a partir dunha entrevista imaxinada a Ramón Piñeiro e Castelao.👇
November 19, 2025 at 11:01 AM
Entrevista a Olaia Sendon en Faro de Vigo:
«O desenvolvemento desta historia foi toda unha sorpresa para min»👇
Por: @sertalc.bsky.social
www.farodevigo.es/sociedad/202...
«O desenvolvemento desta historia foi toda unha sorpresa para min»
Unha historia poderosa que se mergulla nas contradicións das relacións familiares adentrándose no corazón dunha casa que xa non é fogar, pero na que aínda latexan o pasado e os silencios que deberán a...
www.farodevigo.es
November 18, 2025 at 3:11 PM
Nova cita con Abril Camino e Mulleres que viven xuntas en Monforte.
November 17, 2025 at 5:02 PM