Praza Pública
banner
praza.gal
Praza Pública
@praza.gal
O xornal da Galicia que vén.
🤗Faite socia, faite socio
🔗 https://praza.gal/faitedepraza
DATOS | Podes consultar aquí a evolución da poboación de cada concello nos últimos anos
praza.gal/acontece/san...
December 2, 2025 at 6:55 PM
Son máis os concellos que perden poboación (189) que os que a gañan (121), con tres localidades nas que non hai cambios. Aumenta a Galicia urbana e descende a rural, pero con excepcións
praza.gal/acontece/san...
December 2, 2025 at 6:24 PM
Todas as cidades galegas gañan poboación, como veñen facendo dende o remate da pandemia. A Coruña é a que máis sobe, superando por primeira vez en varias décadas os 250.000 habitantes

praza.gal/acontece/san...
December 2, 2025 at 5:26 PM
📃 O TSXG certifica que o muro, levantado por Feijóo cun permiso excepcional en 2017, "vulnera a normativa urbanística", algo que o novo propietario "incluso aceptou na escritura pública de adquisición da finca" en 2021

🔗 praza.gal/politica/o-t...
December 2, 2025 at 3:14 PM
👉 A chegada das pezas ao Museo do Pobo Galego, que as custodiará inicialmente e exporá dende o 11 de decembro, culmina a derrota dos herdeiros do ditador no proceso xudicial impulsado polo Concello de Santiago dende 2017

praza.gal/politica/as-...
December 2, 2025 at 12:21 PM
🔵O @obloque.gal ironiza coa manifestación do PP en Madrid e os seus ataques a mobilizacións en Galicia: "Quen vos pagou o bus? Déronvos bocadillo? Tedes caixa de resistencia?", chancea no Parlamento o deputado Óscar Insua
Fálase de "Quen vos pagou ... - Praza Pública
"Quen vos pagou o bus? Déronvos bocadillo? Tedes caixa de resi...
praza.gal
December 2, 2025 at 10:37 AM
💧🌱A Comisión Europea lembra que segue aberto un procedemento de infracción mentres a Xunta ten paralizada desde hai 14 anos a ampliación dos espazos protexidos da Rede Natura e incumpre desde hai 11 anos medidas de protección praza.gal/politica/a-u...
December 2, 2025 at 8:45 AM
🗿⚖️HEMEROTECA | Tras máis de media década de litixio, os herdeiros do ditador admitiron o pasado verán a súa derrota nos tribunais fronte ao Concello de Santiago, propietario das esculturas espoliadas
Os herdeiros de Franco admiten a derrota no caso das esculturas espoliadas en Santiago - Praza Pública
O avogado dos netos do ditador comunica a "vontade expresa de cumprir a condena" e indica ao Concello que as pezas do Mestre Mateo están á súa "disposición inmediata" no Pazo de Meirás, onde as deixar...
praza.gal
December 2, 2025 at 7:31 AM
Esgrime o presidente da Xunta e líder do PPdeG que as mobilizacións en Galicia pretenden "crear clima de tensión, de enfrontamento" e "algarada", mentres que o seu partido contra Pedro Sánchez só se "manifesta de xeito pacífico e ordenado"

praza.gal/politica/rue...
December 1, 2025 at 5:12 PM
Se a 🔴ÚLTIMA HORA permanente te abafa

👌Se prefires ter as informacións de Praza con acougo e sen permiso dos algoritmos

📩Recibe as nosas noticias cada mañá nun correo

↪️Subscríbete aquí de balde
🔗 i.gal/boletinpraza
December 1, 2025 at 5:00 PM
Na súa mensaxe de despedida, a entidade destaca que "cando non había redes sociais online, xa estaba Fillos de Galicia: unha auténtica comunidade, mostrando ao mundo que Internet pode e debe ser usada para manter a cultura e identidade galegas no mundo"
praza.gal/ciencia-e-te...
December 1, 2025 at 1:29 PM
O catálogo social 'Patrimonio Galego' vén de presentar a súa nova app "pensada para consultar e interpretar o territorio directamente desde o móbil", con 620.000 bens patrimoniais -materiais e inmateriais- procedentes de diferentes fontes
praza.gal/cultura/todo...
December 1, 2025 at 1:01 PM