Praza Pública
banner
praza.gal
Praza Pública
@praza.gal
O xornal da Galicia que vén.
🤗Faite socia, faite socio
🔗 https://praza.gal/faitedepraza
🏢A líder do BNG e o presidente fan confrontar a conxelación da política de vivenda pública en década e media cos actuais plans da Xunta

💬"Non vai haber 4.000 novas vivendas en tres anos", mantén Pontón. "Están construíndose", reitera Rueda.

🔗 praza.gal/politica/rue...
December 3, 2025 at 12:36 PM
🗣El País revela unha gravación do director executivo da propietaria do hospital concertado vigués, tamén do lucense Polusa e do ferrolán Juan Cardona na que pide a mandos do grupo e dun hospital público de Madrid rexeitar atencións pouco rendibles
praza.gal/acontece/rib...
December 3, 2025 at 9:37 AM
O Goberno galego admite nos Orzamentos de 2026 que a Risga xa é só "cobertura complementaria" para quen "non accede" ao Ingreso Mínimo Vital, incompatible coa renda galega por unha lei de 2013 cuxa reforma mantén bloqueada praza.gal/politica/pol...
December 3, 2025 at 8:52 AM
DATOS | Podes consultar aquí a evolución da poboación de cada concello nos últimos anos
praza.gal/acontece/san...
December 2, 2025 at 6:55 PM
Son máis os concellos que perden poboación (189) que os que a gañan (121), con tres localidades nas que non hai cambios. Aumenta a Galicia urbana e descende a rural, pero con excepcións
praza.gal/acontece/san...
December 2, 2025 at 6:24 PM
Todas as cidades galegas gañan poboación, como veñen facendo dende o remate da pandemia. A Coruña é a que máis sobe, superando por primeira vez en varias décadas os 250.000 habitantes

praza.gal/acontece/san...
December 2, 2025 at 5:26 PM
📃 O TSXG certifica que o muro, levantado por Feijóo cun permiso excepcional en 2017, "vulnera a normativa urbanística", algo que o novo propietario "incluso aceptou na escritura pública de adquisición da finca" en 2021

🔗 praza.gal/politica/o-t...
December 2, 2025 at 3:14 PM
👉 A chegada das pezas ao Museo do Pobo Galego, que as custodiará inicialmente e exporá dende o 11 de decembro, culmina a derrota dos herdeiros do ditador no proceso xudicial impulsado polo Concello de Santiago dende 2017

praza.gal/politica/as-...
December 2, 2025 at 12:21 PM
🤗As socias e socios de Praza son a garantía para contarmos o que pasa con contexto e malia ás presións

↪️Ata o 80% devólvencho na declaración da renda
🔗 praza.gal/axuda/desgra...

Por exemplo:
↗️Pos 10€/mes
✅Gastas 2€/mes

🤝Faite de Praza
🔗 praza.gal/faitedepraza
December 2, 2025 at 9:19 AM
💧🌱A Comisión Europea lembra que segue aberto un procedemento de infracción mentres a Xunta ten paralizada desde hai 14 anos a ampliación dos espazos protexidos da Rede Natura e incumpre desde hai 11 anos medidas de protección praza.gal/politica/a-u...
December 2, 2025 at 8:45 AM
Esgrime o presidente da Xunta e líder do PPdeG que as mobilizacións en Galicia pretenden "crear clima de tensión, de enfrontamento" e "algarada", mentres que o seu partido contra Pedro Sánchez só se "manifesta de xeito pacífico e ordenado"

praza.gal/politica/rue...
December 1, 2025 at 5:12 PM
Se a 🔴ÚLTIMA HORA permanente te abafa

👌Se prefires ter as informacións de Praza con acougo e sen permiso dos algoritmos

📩Recibe as nosas noticias cada mañá nun correo

↪️Subscríbete aquí de balde
🔗 i.gal/boletinpraza
December 1, 2025 at 5:00 PM
Na súa mensaxe de despedida, a entidade destaca que "cando non había redes sociais online, xa estaba Fillos de Galicia: unha auténtica comunidade, mostrando ao mundo que Internet pode e debe ser usada para manter a cultura e identidade galegas no mundo"
praza.gal/ciencia-e-te...
December 1, 2025 at 1:29 PM
O catálogo social 'Patrimonio Galego' vén de presentar a súa nova app "pensada para consultar e interpretar o territorio directamente desde o móbil", con 620.000 bens patrimoniais -materiais e inmateriais- procedentes de diferentes fontes
praza.gal/cultura/todo...
December 1, 2025 at 1:01 PM
A mobilización culminará os días de folga cun velorio e un enterro simbólicos do ensino público. Co loito, os sindicatos pretenden "socializar a nivel local o conflito laboral docente" e que nos centros se "visibilicen" a escaseza de profesorado ou a redución de servizos

praza.gal/acontece/cig...
December 1, 2025 at 12:36 PM
Os sindicatos convocantes de dúas novas xornadas de folga prevén que os centros "visibilicen" a escaseza de profesorado e recursos nas semanas previas aos paros, nos que se levarán a cabo o "velorio e enterro simbólicos" da ensinanza pública en Galicia

praza.gal/acontece/cig...
December 1, 2025 at 12:06 PM
Do apego á estabilidade ao pánico á mudanza estrutural pode haber politicamente poucos pasos. Case os mesmos que separan a tendencia a non inserir cambios bruscos e a inclinación a afrontar os problemas mediante parches e non con reformas de raíz

🔗 praza.gal/politica/med...
December 1, 2025 at 10:15 AM
📈 A taxa de pobreza infantil en Galicia, que chegou a ser do 30% en 2020, caeu en 2024 ao 13,5%, grazas ás políticas de protección ás familias, como a gratuidade das escolas infantís ou a tarxeta benvida, ou a extensión do IMV. Porén 58.000 menores viven aínda en risco.

🔗 praza.gal/economia/o-e...
December 1, 2025 at 9:28 AM
🤗As socias e socios de Praza son a garantía para contarmos o que pasa dende aquí, con contexto e malia ás presións

↪️Ata o 80% devólvencho na declaración da renda
🔗 praza.gal/axuda/desgra...

Por exemplo:
↗️Pos 10€/mes
✅Gastas 2€/mes
🤝Faite de Praza

🔗 praza.gal/faitedepraza
December 1, 2025 at 7:29 AM
📢🚉Ferrol esixe tren digno cun histórico e unánime clamor

Milleiros de persoas responden á chamada do Foro Cidadán polo Ferrocarril

🔗 praza.gal/politica/fer...
December 1, 2025 at 7:22 AM
🔵📢Feijóo volve esixir a dimisión de Pedro Sánchez e a convocatoria de eleccións xerais na sétima manifestación da dirección estatal do PP contra o Goberno de España en dous anos, desta volta ao fío do encarceramento do ex-ministro Ábalos

🔗 praza.gal/falase?de=57...
November 30, 2025 at 6:53 PM
Milleiros de persoas secundan o chamamento do Foro Cidadán polo Ferrocarril. A recuperación de frecuencias e as melloras das liñas cara á Coruña e á Mariña, na cerna dunhas reivindicacións que claman por que o tren deixe de "obviar a mobilidade das nosas comarcas"

praza.gal/politica/fer...
November 30, 2025 at 6:42 PM
🔍A norma obrigará as empresas a atender en calquera das linguas oficiais se se dirixen a territorios onde o son, pero o PP busca que só sexa obrigatorio se están instaladas nelas

As emendas tamén reclaman remudar "clientela" por "cliente" en toda a lei

🔗 praza.gal/politica/o-p...
November 30, 2025 at 11:41 AM
🏰🎂Lugo celebra hoxe o 25º aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Velaquí unha ducia de imaxes da historia do monumento máis apegado á vida da veciñanza lucense

🔗 praza.gal/ducias/imaxe...
November 30, 2025 at 10:57 AM
👥📈O CIS amosa un progresivo desprazamento á dereita da poboación dende 2019. Afecta especialmente ás xeracións máis novas e, sobre todo, aos homes. En Galicia tamén se detecta o fenómeno, pero máis limitado

Debullamos os datos dispoñibles

praza.gal/politica/xir...
November 30, 2025 at 10:26 AM