Odafé
banner
odafe.gal
Odafé
@odafe.gal
Arrombador de bits e acumulador irredento de coñecemento inútil. Roñón experto. Repítome en @danfenz.dev
Doy fe de que el Elroq es un coche fabuloso, estoy encantado
February 12, 2026 at 1:55 PM
Sí, claro. Pero estaba intentando entender completamente los datos de origen y me chocaba eso de que pudiese haber matriculaciones (primeras matriculaciones, además) de vehículos ya marcados como "baja temporal" o "definitiva", por eso preguntaba. ¡Gracias!
February 10, 2026 at 11:00 PM
Lo que yo estaba haciendo era quedarme sólo con las matrículas ordinarias (cod_clase_mat=0) y con los "clave_tramite" con valores 1 y B para quedarme sólo con las definitivas nuevas. Pero en los mensuales vienen entradas con los flags de "baja" a "S", y no entiendo qué clase de matriculación es ésa.
February 10, 2026 at 3:25 PM
Yo uso las mensuales. Asumía que el formato era el mismo...
February 10, 2026 at 2:18 PM
Do mesmo xeito que moitos medios escritos, incluso algún galego, seguen escribindo "âo" no lugar de "ão" porque lles dá unha preguiza enorme buscar a letra correcta. Que total son portugueses, aínda se fosen ricos…
February 9, 2026 at 7:34 AM
E sobre todo segue habendo unha falta total de coordinación en defensa. Cada un dos defensas por separado é bo xogador, pero xuntos son unha feira. Calquera equipo que nos aprete un pouco fainos moitas ocasións. E a saída de balón é de Segunda RFEF.
February 8, 2026 at 7:56 PM
Hai uns cantos anos dera un par de cursos na Facultade de Informática, e dicíalles aos futuros enxeñeiros que a habilidade máis importante que debían adquirir como enxeñeiros de software era a lingua inglesa. As caras eran un poema.

Segue sen verse como unha necesidade transversal. Non melloramos.
February 8, 2026 at 1:25 PM
E outra cousa que me segue flipando é que o nivel medio de inglés siga sendo baixísimo. Moito mellor ca na miña época, claro, pero para levar toda a vida expostos masivamente ao inglés, non lles está a servir de moito. Seguen tendo unhas carencias de comprensión e de expresividade enormes.
February 8, 2026 at 1:25 PM
O problema teríalo: 1. Se se considerase que non estabeleceches medidas suficientes (razoábeis e proporcionadas) para evitalo; ou 2. Se unha vez tiveches coñecemento do feito, non cancelaches esas contas.

Esixir un escáner de retina permanente durante o tempo de uso da RS sería desproporcionado 🙂
February 7, 2026 at 1:07 PM
A validación por cámara non é ningunha marabilla, pero pode chegar (en casos claros) para estabelecer un filtro, que é o que queremos. Falamos de acceder a unha RS, non dunha identificación fehaciente ante unha administración. Tamén hai quen lle deixa o móbil/tablet aos fillos con todo aberto…
February 6, 2026 at 8:23 AM
Pode isto implementarse mal? Si. Se a rede social che pide directamente subir unha foto do DNI, non o fagas.

É un proceso perfecto? Non. Pero levas toda a puñeteira vida entregando fotocopias do teu DNI até para facerte un carnet da tenda de polos asados, así que veña, vas que chutas.

E xa.
February 6, 2026 at 7:08 AM
O único que saberá a empresa certificadora é que "alguén" certificou "algo", cifrado. A rede social saberá que ese "alguén" fuches ti (o teu usuario, non o teu nome), e que ese "algo" pode consideralo certificado, pero non poderá ver os teus datos.

Só o teu dispositivo terá todas as pezas do puzle.
February 6, 2026 at 7:08 AM
"E entón teño que fiarme de que a empresa que me certifica só lle mande á rede social a miña idade e non todos os meus datos?"

É que a empresa certificadora nin sequera vai saber a túa idade. Nin vai saber quen es ti. Nin vai saber que estás a usar a validación para acceder a unha rede social.
February 6, 2026 at 7:08 AM
Hai moitas maneiras de facer isto, pero a maneira máis lóxica é mediante procesos de tipo ZKP (Zero-Knowledge Proof), que se basean en criptografía e se executan no teu dispositivo.

A propia Axencia Española de Protección de Datos hai anos que aboga por estes métodos para identificación persoal.
February 6, 2026 at 7:08 AM
A maioría de veces só se necesitará unha validación biométrica para corroborar que es adulto: unha selfie.

En caso de dúbida? Entón si hai que botar man dalgún tipo de documento, sexa un certificado dixital ou un documento oficial físico (con foto).
February 6, 2026 at 7:08 AM
Para isto úsanse intermediarios "de confianza": empresas especializadas neste tipo de identificacións, que serán os que provean a acreditación da túa idade. Procesos auditados, certificados e privados.

E quen di empresas di igualmente (ou mellor) organismos oficiais.
February 6, 2026 at 7:08 AM
Pero tratemos do outro tema candente: para protexer aos menores imos ter que rexistrar o DNI en todas as redes sociais? Non, isto non debería pasar.

Xa hai tempo que existe a posibilidade técnica de realizar estas verificacións sen que o tecno-oligarca de turno teña que saber nin o noso nome real.
February 6, 2026 at 7:08 AM
Ninguén afirmaría hoxe en día que Blackberry Messenger era unha rede social. Por que? Pois porque morreu antes de que se puxese de moda intentar convertelo todo nunha, así que nunca deu ese tipo de pasos.
February 6, 2026 at 7:08 AM