Odafé
banner
odafe.gal
Odafé
@odafe.gal
Arrombador de bits e acumulador irredento de coñecemento inútil. Roñón experto. Repítome en @danfenz.dev
O curling debería ser patrimonio da humanidade. Un deporte que permite competir nunhas olimpíadas a xente de máis de 40 anos con barriga, que poden chegar a gañar medallas por saber fregar. Non se pode pedir moito máis.
February 11, 2026 at 10:09 PM
Tres non, serán todos. En Alvedro hai que desviar só con que alguén no Burgo estea cantando moi forte pola ventá…
February 11, 2026 at 7:49 PM
@luisvaldes.bsky.social Estoy intentando montar una BD con los datos de matriculaciones de la DGT para hacerme unos cuadros de mando, y me preguntaba si me podrías solucionar una duda: ¿Por qué en esos ficheros aparecen "matriculaciones" marcadas como baja temporal/definitiva? ¿Qué son? Mil gracias.
February 10, 2026 at 1:17 PM
Reposted by Odafé
Impressionante este mapa dos cursos de auga.

waterwaymap.org
WaterwayMap.org | OSM River Basins
A unique, topological, view on rivers & waterways in OpenStreetMap, showing how they are connected. Find mistakes and make better maps.
waterwaymap.org
February 9, 2026 at 8:05 AM
Cada vez que falo de tecnoloxía cos meus fillos, ou con nenos da súa idade, termino aterrorizado. Usan todo o que se lles pon diante, pero non entenden nada do que fan. Nada de nada. E estou por dicir que nin sequera teñen a capacidade de entendelo, precisamente porque non cren necesitalo. Horror.
Non, señora, os seus fillos non son "nativos dixitais". Son practicamente analfabetos, especialmente no apartado dixital.

A diferenza é só que vostede sabe que non entende nada, e polo contrario eles están convencidos de que son expertos. Pero é todo un fraude.
February 8, 2026 at 1:03 PM
Non, señora, os seus fillos non son "nativos dixitais". Son practicamente analfabetos, especialmente no apartado dixital.

A diferenza é só que vostede sabe que non entende nada, e polo contrario eles están convencidos de que son expertos. Pero é todo un fraude.
February 8, 2026 at 12:58 PM
Se non che vale a comparación das redes sociais co alcohol e o tabaco, pensa se mandarías ao teu fillo de 12 anos ás reunións da comunidade de veciños na túa representación. Nunha comunidade que se reunise todos os días. Para aprobar derramas. Durante catro anos.
February 6, 2026 at 1:03 PM
SI, as redes sociais si son perigosas para os menores.

SI, especialmente perigosas, máis que "internet en xeral".

NON, evitar que entren menores nelas non significa ter a todo o mundo identificado con DNI por Musk e Sánchez.

Todo se entende mellor cun pouco de contexto: 👇
February 6, 2026 at 7:08 AM
Con estas porcentaxes e sen regulación é inxenuo pensar que non se vai usar a vivenda como valor de investimento. Ademais, vivenda BALEIRA. E ao mesmo tempo iso alimenta que continúe a suba.

Todos sabemos como se chama este fenómeno e que só ten un fin posíbel, cada vez máis cercano.
February 5, 2026 at 11:05 AM
Reposted by Odafé
En un ataque a nuestras libertades, el tecnoligarca Pavel Durov nos manda un mensaje no solicitado de contenido político antigubernamental a todos los millones de usarios de su app de mensajería y, con él, pretende denunciar ataques a la libertad de nuestro gobierno. Manda cojones.
February 4, 2026 at 5:11 PM
Hai uns días saíron as cifras de vendas de coches en Europa para 2025, e acordeime moito de toda esa xente que pasa o día berrando que xa só se venden coches chinos, e que os europeos non saben fabricar coches, e que están a pechar todos os concesionarios de marcas europeas.

Pois… pois non sei, eh.
February 4, 2026 at 1:12 PM
Se os enxeñeiros de software funcionásemos como os economistas, cada vez que escribises nun teclado o ordenador escribiría letras aleatorias completamente distintas ao que pulsaches. E entón apareceríamos nós a explicarche que pulsaches A pero apareceu Ñ porque teu avó fumouse un ducados en 1964.
February 2, 2026 at 11:21 PM
"O 22,2% dos vehículos matriculados o ano pasado en España foron por renting".

Se iso é certo, en 4-5 anos, ou quizais 6-7 contando un segundo ciclo de renting "usado", o mercado de 2ª man vai estar absolutamente inundado de coches. E os prezos polo chan.

www.lavozdegalicia.es/noticia/econ...
El «renting» adelanta a la compra como fórmula para acceder a un coche nuevo
Araña terreno en plena transición hacia una movilidad eléctrica incierta
www.lavozdegalicia.es
February 2, 2026 at 1:07 PM
Eu pídolle á xente que se queixa amargamente de intrusismo na súa profesión que pense no que nos acontece nas comidas familiares e demais eventos sociais ás persoas que nos adicamos profesionalmente á tecnoloxía.
February 1, 2026 at 8:05 PM
Só no mes de xaneiro levamos xa: Francis, Goretti, Harry, Ingrid e Joseph.

A este ritmo, antes de abril estamos dándolles nomes ás borrascas co alfabeto grego.
January 26, 2026 at 5:30 PM
Provócame un malestar sucísimo ter unha discusión profesional por email con alguén, e ser totalmente consciente de que o outro está a usar unha IA para escribir as súas mensaxes.

Para traducir paréceme lexítimo pero… usala para argumentar, nunha lingua na que sabes expresarte? Sobras. Ti, non a IA.
January 22, 2026 at 10:01 PM
Acabábamos antes se a AEMET nos informase só dos días que NON vai haber temporal.
January 22, 2026 at 8:03 PM
O efecto de poñerlle nome a absolutamente TODO como fan os xaponeses (e ademais consideralo "arte" se a tontería que sexa a fas amodo e con cara de concentrado) é que se reduce moitísimo o sentimento de culpa polos vicios que un poida ter. Lévannos anos de vantaxe.

"Tsundoku" entón. Apuntado.
Tsundoku: A Japanese word for the art of collecting books and letting them pile up in your home, likely to never be read.

(So, you know, most of us readers.)
January 20, 2026 at 7:40 PM
A ver Sergas, se tedes problemas convocando suficiente xente para facer o estudo da vacina esa entre a poboación obxectivo (maiores de 60), no canto de convocar de golpe á metade da poboación de Galicia para facer vulto, só tiñades que ofrecer un bocata.
January 12, 2026 at 9:27 PM
Urxe enxeñarmos algún mecanismo de publicación de textos semibreves, universalmente accesíbel pero con prestixio social. Así igual evitamos que un montón de historiadores, sociólogos e divulgadores científicos decidan escribir libros de 500 páxinas para expresar unha soa idea repetida 500 veces.
January 10, 2026 at 11:17 PM
Cando o Dépor fichou a Hidalgo, os xornais dicían que era especialista en aproveitar ao máximo os xogadores que lle poñían.

Pois non sei, eh.
January 10, 2026 at 8:14 PM
Reposted by Odafé
Musk limita la edición de imágenes con Grok, su Inteligencia Artificial, a los usuarios de X que paguen una suscripción
Musk limita la edición de imágenes con Grok, su Inteligencia Artificial, a los usuarios de X que paguen una suscripción
La red social ha frenado la cascada de 'deepfakes' generados con la herramienta que era gratuita para todos los usuarios de la plataforma
dozz.es
January 9, 2026 at 2:36 PM
Facendo probas en produción, e ademais un venres?

Tsk, tsk, tsk.
January 9, 2026 at 2:28 PM
Para entender ben a relación entre X e Grok hai que darse conta de que X Corp. (que xestiona X/Twitter) é unha subsidiaria de xAI Corp. Dito doutro xeito: Twitter é unha filial da empresa de intelixencia artificial de Musk.

Unha rede social propiedade dunha empresa de IA.

Por que será, eh.
January 7, 2026 at 9:33 PM
Eu todo isto xa o lera de pequeno nos libros de Tom Clancy.
January 6, 2026 at 7:13 PM