Maos Innovación Social
banner
maos.gal
Maos Innovación Social
@maos.gal
Proxectos de proximidade
Xestión cultural • Comunicación
Deseño gráfico • Edición

https://maos.gal | +34 694 401 505
🧩 Queres descubrir a figura de Concha Castroviejo dunha forma máis amena e divertida? Este xogo de pistas é para ti!

Está pensado para todos os públicos pero especialmente para rapazada de 12 a 16 anos e para o aproveitamento en centros de ensino.
December 13, 2025 at 8:01 PM
Reposted by Maos Innovación Social
👣 Tres paseos guiados:
Mércores 10 de decembro ás 18.30 h.
Venres 12 de decembro ás 18.30 h.
Sábado 13 de decembro ás 12 h.

🎟️ Gratuítos previa inscrición en i.gal/Concha (30 prazas por sesión)
December 9, 2025 at 4:34 PM
Reposted by Maos Innovación Social
✍🏻💜 Este mes de decembro cúmprense 30 anos do pasamento de Concha Castroviejo Blanco-Cicerón, escritora, crítica literaria e xornalista de compostelá. Para lembrar a súa figura, a alcaldesa @goretesrei.bsky.social anunciou a posta en marcha de varias actividades xunto con Maos👇🏻
December 9, 2025 at 4:34 PM
Reposted by Maos Innovación Social
5️⃣0️⃣🚶‍♀️Un paseo pola Compostela de hai 50 anos: da derruba do Castromil ás mobilizacións estudantís

O 18 e 19 de decembro haberá paseos guiados, 'Compostela’75. Cicatrices e resistencias', con prazas limitadas, que retratan unha sociedade en plena transformación

praza.gal/cultura/un-p...
Un paseo pola Compostela de hai 50 anos: da derruba do Castromil ás mobilizacións estudantís - Praza Pública
Baixo o título 'Compostela’75. Cicatrices e resistencias', os vindeiros 18 e 19 de decembro haberá dous paseos guiados, con prazas limitadas, que retratan a cidade de 1975 nunha sociedade en plena tra...
praza.gal
December 9, 2025 at 1:08 PM
🐈‍⬛ 30 anos con Concha.

Un paseo en homenaxe a Concha Castroviejo, polo 30 aniversario do seu falecemento. Transformemos o esquecemento nunha merecida reivindicación

Mércores 10 ás 18.30 h
Venres 12 ás 18.30 h
Sábado 13 ás 12 h

🔗 Inscríbete antes de ficar sen praza en i.gal/Concha
December 3, 2025 at 5:19 PM
Reposted by Maos Innovación Social
✋ Declarámonos culpábeis de procrastinar. Se ti tamén, desta vez non penses que “aínda restan días”… só tes até as 23:59.

🔥 Hoxe acaba o prazo para entrares en Youtubeiras+ 2025. Un certame que premia a creación en galego en todas as redes sociais e reparte 7500 €.

👉 Só 1 minuto en youtubeiras.gal
November 16, 2025 at 11:29 AM
🎓 Este martes 18 estaremos en Lugo, na Facultade de Humanidades, impartindo un obradoiro co alumnado de Xestión Cultural.

Falaremos de proxectos como @youtubeiras.gal ou o Festival Rosalía, e traballaremos na ideación de novas propostas culturais.

🕓 16:30-19:30 h
📍 Laboratorio de Linguas @usc.gal
November 12, 2025 at 11:38 AM
Reposted by Maos Innovación Social
🏳️‍⚧️ Voltei aos centros de ensino com “Identidade. A normalidade do non-común”, através de @galaxiaeditorial.bsky.social e @maos.gal

Hoje estivem no Compañía de María de Compostela. Falei com o alunado de 3º da ESO sobre o livro, a diversidade e realidades LGBTIQA+

Obri pola acolhida e a conversa! 💙
November 7, 2025 at 7:16 PM
Queres saber a relación de Pontevedra coa poesía? Pontevedra poética camiña de novo 👣

Coa biblioteca pública, organizamos 2 sesións deste paseo que percorre 8 séculos de poesía en galego

🗓️ 5 e 6 de novembro, 17:00
🔗 Inscricións: https://bibliotecas.xunta.gal/gl/pontevedra/axenda/pontevedra-poetica
November 2, 2025 at 7:01 PM
Pon a proba os teus coñecementos con este pequeno test de curiosidades sobre o exilio, a literatura e Pontevedra!

Abrimos fío 👇
October 30, 2025 at 11:12 AM
🗣️ Fechamos o ciclo Novas ferramentas para facer antropoloxía hoxe III co obradoiro “Transferencia e co-creación de ciencia no eido rural. Investigando xuntas desde o ecofeminismo”, impartido por Bibiana Martínez Álvarez.

🎥 Así foi esta última sesión no Museo do Pobo Galego.
October 25, 2025 at 9:30 AM
Xa é público o informe do @consellocultura.bsky.social para activar medidas que reforcen o galego

Nós participamos na mesa de economía, turismo e deporte. O informe destaca Maos polo uso da lingua na identidade corporativa

Continuamos a traballar para que o galego sexa valorado en todos os eidos!
October 20, 2025 at 10:37 AM
Reposted by Maos Innovación Social
Brincadeira ou anécdota? 🫩

Crear contido pode ser unha aventura algo catastrófica! Por iso, queremos darlle valor ao teu traballo: repartimos 7500€ para persoas e proxectos que crean nas redes sociais (en todas!)

💡 Se te identificaches co vídeo, inscríbete en www.youtubeiras.gal antes do 16/11
October 16, 2025 at 9:10 AM
O 15 imos á folga en apoio ao pobo palestino, que está a sofrer un xenocidio coa complicidade da comunidade internacional. Esiximos o embargo de armas a Israel e a fin da complicidade institucional.

O alto ao fogo non detén a colonización.
A loita continúa até que Palestina sexa libre do río ao mar
October 14, 2025 at 6:02 PM
📚 Do 22 ao 30 de setembro impartimos na @udc.gal un curso de atención ao público en lingua galega para o persoal técnico de xestión, administración e servizos.

✨ Ao longo das 7 sesións traballamos a acollida en galego, linguaxe non binaria, accesibilidade, dereitos lingüísticos e moito máis!
October 3, 2025 at 1:03 PM
4 estacións do ano, 4 puntos cardinais, 4 patas dun banco, 4 fases da lúa... e agora en Maos tamén somos 4! 🥳

Coa chegada de outubro, desvelamos a primeira novidade deste novo curso: Nee Barros Fernández incorpórase a Maos como socie. Benvinde!

E esta non é a única sorpresa destes meses 👀
October 2, 2025 at 7:17 AM
Reposted by Maos Innovación Social
O proxecto @youtubeiras.gal impulsado polos SNL de 10 concellos galegos, #UDC, #USC e #UVigo e a Deputación da Coruña promove unha nova edición dos obradoiros de creación de contido dixital en galego.

🔗As entidades interesadas poden obter máis info aquí: https://bit.ly/Obryout
July 15, 2025 at 11:42 AM
🥾 Chegan os primeiros paseos de Pontevedra(d)escrita!

🐾 Ven connosco seguir as pegadas da poesía en galego en Pontevedra. Os días 21 de xuño (11h e 19h) e 4 de xuño (19h). Inscríbete en: apuntate.pontevedra.gal/visitas-guia...

@concellopontevedra.bsky.social
Visitas guiadas "Pontevedra poética" - APUNTATE os eventos do Concello de Pontevedra
Pontevedra poética. Paseo sobre a historia da poesía no concello. Este paseo da man de Maos Innovación Social, S. Coop. Galega ofrece unha visión global sobre a relación entre o noso concello e a poes...
apuntate.pontevedra.gal
June 12, 2025 at 6:16 AM
Reposted by Maos Innovación Social
modelo

1 Persoa ou cousa que serve ou debe servir de obxecto de imitación.

Que non nos falten modelos, referentes e exemplos para onde mirar! 📲💻🫰✨
May 23, 2025 at 12:02 PM
Apoiamos a economía popular palestina? 🫂 Maos fixemos unha doazón para a campaña "Soster a vida en Palestina, oficio a oficio" da Fundación Coop57. Anímaste?

🔗 Colabora e axúdanos a difundir: summum.coop57.coop/gl/economiap...

#ResilienciaPalestina #EconomiaPalestina #OficioaOficio #Palestina
May 22, 2025 at 6:15 AM
Reposted by Maos Innovación Social
🌐📲 Nas redes sociais convivimos coas condicións do algoritmo, mais que vos parece se nos rebelamos? 👅 Continuemos creando contido en galego para ir contracorrente!

➕🫂 Súmate á rebelión, crea en galego e consume contidos en galego!

📲👅 Pásate ao galego! ✨ Agardamos por ti!
May 20, 2025 at 12:02 PM
👣 Iter habemus! Ou sexa, temos paseo! O 16 de maio percorreremos a historia do Día das Letras Galegas, con especial atención ás persoas relacionadas con Compostela.

👉 Organiza @bpsanxelcasal.bsky.social . +info: bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
May 12, 2025 at 10:53 AM
😊 Estamos moi contentes porque a Deputación da Coruña nos encargara o deseño da imaxe gráfica do #DíaDasLetrasGalegas 2025. Grazas por confiar en nós!

Que vos parece?

📸 Contamos coa colaboración e o estudio do amigo Xaime Fandiño ❤️
May 9, 2025 at 10:40 AM
Reposted by Maos Innovación Social
💻💬 A creación de contido é unha ferramenta fundamental para comunicarse no contexto dixital, por isto deseñamos estes obradoiros.
May 7, 2025 at 6:25 AM
Reposted by Maos Innovación Social
🚶‍♂️Roteiro “A Inquisición e Compostela” ás 18.30h da man de Maos Innovación.
Percorreremos a historia do Santo Oficio na nosa cidade e visitaremos os lugares que ocuparon as súas dúas sedes compostelás para comprender parte da nosa historia e dos conflitos que a percorren.
April 23, 2025 at 6:22 AM