Concello de Santiago
banner
concellosantiago.bsky.social
Concello de Santiago
@concellosantiago.bsky.social
Ola! 👋 Somos a conta oficial do Concello de Santiago de Compostela 🥳
📲 Estamos tamén en…
X: PazodeRaxoi
Facebook: concellosantiago
Instagram: concellosantiago
⭐️🌲 Ata o 7 de xaneiro poderás percorrer todas as puntas deste xardín.

Tira a túa foto nos xardíns ou participa na actividade O álbum dos bicos, nos nosos fotomatóns situados en diferentes xardíns os días 6, 7, 20, 21 e 23 de decembro no seguinte horario:
December 2, 2025 at 4:41 PM
🛍️Trisquel Artesanía e a Asociación Dano Cerebral Santiago, protagonistas da campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” no mes de decembro

🗣️A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou as actividades

🔗 i.gal/y4chh
December 2, 2025 at 2:05 PM
🌳A reurbanización de Puente La Reina entrará en servizo este mes con melloras de accesibilidade e funcionalidade tras un investimento de preto de medio millón

🗣️A alcaldesa @goretesrei.bsky.social visitou a rúa co concelleiro de Obras @dominguezxesus.bsky.social

🔗 i.gal/nOYt0
December 2, 2025 at 1:45 PM
👧Case 60 menores recibirán as axudas municipais para sufragar servizos terapéuticos e alimentos sen glute na súa primeira convocatoria
✅A Xunta de Goberno aprobou a resolución definitiva da convocatoria de bolsas
💶70.000 euros

🔗 i.gal/xYHsa
December 2, 2025 at 11:57 AM
🖤A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas en Málaga o pasado 29 de novembro e pola muller asasinada en Madrid o pasado 30 de novembro de 2025, vítimas de #ViolenciaMachista

🔗 i.gal/mRAkq
December 2, 2025 at 11:14 AM
👅 A Grileira, Aqueladas e Nós Televisión empresas gañadoras da XXVI edición dos Premios Manuel Beiras
December 1, 2025 at 10:09 PM
📢 As estatuas do Mestre Mateo espoliadas polos Franco volven a Santiago e xa están no Museo do Pobo Galego
🗣️ @goretesrei.bsky.social : “É un día histórico para Santiago e para Galicia e agardamos que sexa o comezo dun camiño que continúe coa devolución doutros bens incautados polos Franco”
December 1, 2025 at 9:33 PM
🏛️ Xunta de Goberno local

🏗️O Concello renovará a fachada do Centro Sociocultural de Vite e abrirá unha nova saída de emerxencia desde o salón de actos

🔗 i.gal/TPgCU
December 1, 2025 at 2:18 PM
👨‍👨‍👧O Concello cede unha parcela á Fundación Andrea para aloxar familias de crianzas con longas estadías hospitalarias

🗣️Iago Lestegás: “Con esta actuación, o Concello reafirma o seu compromiso coas entidades do terceiro sector e a calidade de vida das persoas”

🔗 i.gal/PX92u
December 1, 2025 at 1:41 PM
🌳💧 O Concello está a restaurar o corredor do río Sarela e o Xardín Botánico. Os traballos van mellorar a conservación dos hábitats naturais, restaurar as zonas degradadas, crear un Laboratorio Vivo Urbano Agroecolóxico e recuperar a senda fluvial.

➕👉🏽 i.gal/iespE

@fbiodiversidad.bsky.social
December 1, 2025 at 11:32 AM
O público puido gozar de Llar, un espectáculo único onde a arte circense e a arquitectura uniron forzas tendo a madeira como elemento protagonista. A través dos equilibrios, o humor e unha técnica impecable, Llar convidounos a reflexionar sobre o fogar, a memoria e os espazos que habitamos.
November 30, 2025 at 6:12 PM
Ata o 6 de xaneiro, a cidade convértese nun percorrido luminoso cheo de referencias á nosa identidade: estrelas, bosques soñados, espazos icónicos e puntos cheos de maxia ✨
November 29, 2025 at 7:56 PM
⭐️ Queda moito por descubrir! 🎄 Xa dispoñible para descarga o programa completo do Nadal, con toda a información de todas as actividades, horarios, mercados, espectáculos e plans 🤩🫶🏼

🔗📲 estreladonadal.santiagodecompostela.gal
November 29, 2025 at 6:30 AM
⭐️ Compostela prende o Nadal ⭐️

Co acendido de hoxe, Compostela entrou oficialmente en modo festa. A música tomou o centro histórico con dúas ruadas que acompañaron o prendido das luces en puntos emblemáticos como Cervantes e o Toural antes de chegar ao Obradoiro.
November 28, 2025 at 8:14 PM
🎄A rede de Centros Socioculturais celebra o Nadal coas “Matinais” e preto de 1.500 prazas en diferentes obradoiros

➡️Máis de trinta obradoiros nos que poderán participar preto de 1.500 persoas e diferentes propostas de artes escénicas, conforman o groso da programación
🔗 i.gal/B8JHQ
November 28, 2025 at 1:43 PM
🚸O Concello ten en marcha obras de rexeneración do espazo público e mellora de equipamentos cun investimento de máis de 12 millóns de euros

🔗 i.gal/8D3TV
November 28, 2025 at 1:24 PM
🚨AVISO🚨

🚧 Cortes de tráfico e recomendacións polo concerto de Fito & Fitipaldis no multiusos Fontes do Sar
🗓️ Sábado 29 de novembro
⏰ A partir das 18.00 h
🛣️prégase aos non asistentes evitar a saída 70 da AP-9
➕info e reforzo de transporte 👉 https: i.gal/b6cqF
November 28, 2025 at 12:13 PM
💡De Isabel Dobarro a Sebastian Brandt: a Intelixencia Artificial e a Xeración Z, protagonistas do Foro Talentia 2025

🗣️A concelleira de Promoción Económica, María Rozas, presentou o evento, que se desenvolverá do 9 ao 11 de decembro

🔗 i.gal/grKiI
November 28, 2025 at 11:47 AM
🗞️ A alcaldesa de Santiago, @goretesrei.bsky.social , participou este xoves nos Premios Galegos do Ano de El Correo Gallego, facendo un recoñecemento ao compromiso coa información local desta cabeceira histórica
November 27, 2025 at 9:28 PM
🏛️Pleno ordinario de novembro
🍽️O Concello aproba crear unha comisión de estudo para a xestión dun servizo municipal de comedores escolares
🔗 i.gal/FFTaf
November 27, 2025 at 2:00 PM
🛍️Reforzo do transporte por aperturas comerciais
🚍 Liña C11
🗓️ Domingo 30 de novembro
⏰ A partir das 10.00 h
➕info👉 i.gal/dDdxe
November 27, 2025 at 11:18 AM
📢Recorda que podes seguir por streaming o Pleno deste xoves 27 de novembro

💻Retransmisión👉 i.gal/vmbST
November 27, 2025 at 9:55 AM
🌟Compostela prende este venres 28 o Nadal máis Picheleiro

🎄O acendido do alumeado marca o inicio da proposta 'Compostela, a estrela do Nadal’, cunha programación intensa, diversa e para todos os públicos, nomeadamente para público familiar

📄Máis info e programa completo👉 i.gal/VRiJ5
November 26, 2025 at 2:16 PM
🚨AVISO🚨

🚧 Corte de tráfico na rúa Galeras
🗓️ sábado 29 de novembro
➕info 👉 i.gal/9GoQi
November 26, 2025 at 7:52 AM
🟣 A alcaldesa de Santiago @goretesrei.bsky.social participou este martes na praza do Obradoiro na lectura do manifesto polo #25N da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria, organizado pola @usc.gal
November 25, 2025 at 2:06 PM