Manuel Gago
banner
magago.bsky.social
Manuel Gago
@magago.bsky.social
Director de @culturagalega.bsky.social no Consello da Cultura Galega e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista, escritor e comisario de exposicións. Podcast: https://open.spotify.com/show/0gS1jq3ITle9QFTwQEqoz1
Podes acceder á app aquí:
patrimoniogalego.net/app/

Pouco a pouco vai quedando a app que queriamos. Se tes suxestións, coméntamas por aquí ou por outra canle.

E lembra que se non sae algo da túa aldea, a responsabilidade é túa. Podes incluílo en patrimoniogalego.net.
Patrimonio Galego
patrimoniogalego.net
December 2, 2025 at 11:43 PM
Coa coidada edición sonora de Eoin O Kelly, foi un pracer falar con Theo non só ao redor do pasado, senón de como ese pasado nos axuda ao futuro. Podes escoitalo aquí.

www.rte.ie/radio/lyricf...
The Lyric Feature Sunday 30 November 2025
Theo Dorgan explores poetic, mythical, historical and cultural links between Ireland and Galicia in north west Spain
www.rte.ie
December 1, 2025 at 4:02 PM
Pois isto sen un peso público.
November 28, 2025 at 9:29 PM
Podes consultar aquí a app, e mesmo instalala no teu móbil. Próbaa e cóntanos.

E lembra que patrimoniogalego.net é un catálogo social do patrimonio cultural. Se hai algo da túa aldea que non está, é por que ninguén quixo facer o esforzo de introducilo no catálogo.

patrimoniogalego.net/app/
Patrimonio Galego
patrimoniogalego.net
November 28, 2025 at 6:55 PM
Pero hai máis. A app incorpora xeitos de análise orientados á comprensión da paisaxe cultural dos elementos, como un modo RA (realidade aumentada) que axuda a ver elementos próximos e distantes a través da cámara ou un asistente IA que iremos desenvolvedo a partir do seu uso.
November 28, 2025 at 6:51 PM
A app integra os mapas de pendentes LiDAR, que achegan unha visión impresionante dos sitios arqueolóxicos, pero permite ver en contexto de xeito e combinado o catálogo da Xunta e os microtopónimos dos espazos.
November 28, 2025 at 6:41 PM
Si, non digo iso. Por iso o exemplo de turismo que comento no artigo é interesante. Aquelas comarcas que mancomunaron o turismo teñen máis cousas e máis profesionais. Coordinar e subir de nivel a programación cultural é ven fatible.
November 27, 2025 at 2:16 PM
A miña columna sobre por que deberiamos mancomunar parte dos servizos municipais de cultura.

www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
Mancomunar
«Mancomunar os servizos municipais ás comarcas crearía máis oportunidades de financiamento e capacidade negociadora»
www.lavozdegalicia.es
November 27, 2025 at 8:16 AM
Coméntanme na outra rede que efectivamente, Falanxe empregou ese azul de mono obreiro para as camisas. Así que xa sabemos por que non se empregou pola esquerda.
November 26, 2025 at 8:48 AM
Ese azul forte e denso, azul que parece combustible de m quina, non foi moi aproveitado desde o punto de vista visual nas mensaxes políticas ou sindicais, non? Acabo de reparar no asunto.
November 26, 2025 at 6:44 AM
O que este obradoiro mateano conseguía co granito de Figueiras (ou outras canteiras próximas) non é nin medio normal.
November 25, 2025 at 8:51 PM