Manuel Gago
banner
magago.bsky.social
Manuel Gago
@magago.bsky.social
Director de @culturagalega.bsky.social no Consello da Cultura Galega e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista, escritor e comisario de exposicións. Podcast: https://open.spotify.com/show/0gS1jq3ITle9QFTwQEqoz1
Esta semana comezaron as escavacións no castro da Croa de Posmarcos, na Pobra do Caramiñal, un proxecto ao que estou moi vinculado. Ireivos contando cousas chulas sobre este sitio arqueolóxico tan especial.
December 3, 2025 at 5:58 PM
📲 Actualicei a app de patrimoniogalego.net (v.1.1.)

✈️ Incorporación do voo de 1956
⛰️ Mellora na visualización do terreo (sombreado)
⛅ Previsión meteorolóxica para cada ben nas vindeiras 24h
🏛️ As fichas da Xunta están vinculadas á documentación
🔗 Compartir as fichas
December 2, 2025 at 11:41 PM
RTÉ, a radio pública irlandesa, emitiu onte un episodio moi especial do programa The Lyric Feature. O poeta Theo Dorgan "explora as ligazóns poéticas, míticas, históricas e culturais entre Irlanda e Galicia". Unha hora fermosa de radio na que tiven o pracer de participar.
December 1, 2025 at 4:02 PM
A serpe da pía da auga bendita da colexiata de Muros, que símbolo poderoso, ambiguo, difícil. O crente mete a man na auga sagrada que afoga a serpe do pecado. O monstro que habita no fondo dos pozos dos ríos do país. O labirinto que un percorre por instinto cos dedos na auga.
November 29, 2025 at 10:01 AM
Pero hai máis. A app incorpora xeitos de análise orientados á comprensión da paisaxe cultural dos elementos, como un modo RA (realidade aumentada) que axuda a ver elementos próximos e distantes a través da cámara ou un asistente IA que iremos desenvolvedo a partir do seu uso.
November 28, 2025 at 6:51 PM
A app integra os mapas de pendentes LiDAR, que achegan unha visión impresionante dos sitios arqueolóxicos, pero permite ver en contexto de xeito e combinado o catálogo da Xunta e os microtopónimos dos espazos.
November 28, 2025 at 6:41 PM
Preséntovos a app de patrimoniogalego.net. Reúne 14.000 fichas de catálogo creadas polos usuarios da plataforma e para dar contexto o Inventario do Patrimonio Cultural (Xunta) e a microtoponimia de Galicia Nomeada (RAG/Xunta). 620.000 recursos materiais e inmateriais do patrimonio cultural galego.
November 28, 2025 at 6:37 PM
#venres
Santiago de Compostela
Foto: Nicolas Muller / @CidadedaCultura @Afundacion_org
November 28, 2025 at 8:17 AM
Hai dous anos amosabamos na expo 'Ferrol no tempo' este marabilloso cadro de Segura Torrella: 'Cara a Fisterra' (1978), obra fundamental da pintura social da Galicia da Transición. Faciámolo canda os buzos dos obreiros da cidade, pendurados da reixa como nas protestas de Bazán.
November 26, 2025 at 6:43 AM
As artistadas do mestre Mateo na cripta do Pórtico da Gloria, rebautizada no XIX como ‘catedral vella’. Unha marabillosa representación do bosque terrenal por baixo da Gloria dos ceos.
November 25, 2025 at 8:47 PM
Pedinlle a NanoBanana que me representara estas coordenadas 43°00'36.2"N 7°33'21.7"W (a Praza Maior de Lugo) en catro momentos: anos 33, 233, 433, 833.
November 25, 2025 at 12:53 AM
Entrementres, no paseo de Herrera, en Ferrol, a banda do rexemento de infantería de Marina tocaba Aires Gallegos, Os fillos de canido ou o fox-trot Ku Klus Klan, que tamén triunfou nese ano. Aquí está a súa edición.
November 24, 2025 at 3:48 PM
Se no ano 1924 andabas por Vigo, sempre podías ir achegarte á fastuosa inauguración da sala Ku Klus Klan, en Guixar. Ademais, nos entreactos ía actuar a parella de baile Queixumes dos Pinos acompañada do seu afamado gaiteiro!
November 24, 2025 at 3:47 PM
Un vídeo con escenas da historia de Galicia e algunhas máis que non estaban no fío. Gozade como mínimo o mesmo que gocei eu facéndoo.
November 23, 2025 at 11:04 AM
Porque a esencia da tradición é o cambio e é no cambio onde a tradición perdura.
November 22, 2025 at 10:49 AM
Onte abarrotamento ao redor da igrexa da USC -unha rapazada moi nova que se contaba por centos- para escoitar a 9louro, un rapaz de Muros que canta en galego. A nova música na nosa lingua creba moitos discursos automáticos e obriga a pensar como aprender dese éxito para outros ámbitos.
November 21, 2025 at 6:27 AM
No primeiro episodio pensaba que Pluribus era unha sátira sobre o comunismo. Pero cando no segundo a prota lle pregunta a un neno (varón) de 10 anos como se fai el as exploracións de solo pélvico e el contesta que "depende" xa entendín de que ía todo.
November 19, 2025 at 7:06 AM
Eu por min xa as deixaba así.
November 18, 2025 at 3:20 PM
Rostros de Asorey.
November 17, 2025 at 7:18 AM
Moi ben o restaurante Niño Corvo en Vigo. Fusión galaico-asiática, produto de primeira, unha moi reducida pero moi selecta carta de viños do país (pidan o Anne do Ricón, de Arbo) e por riba en galego.
November 16, 2025 at 9:59 AM
November 15, 2025 at 8:59 PM
Probando a ia de Grok. No seguinte chío as imaxes empregadas do mosteiro de Ferreira de Pallares.
November 15, 2025 at 8:58 PM
O vodka Pascual Veiga é o bum cerebral co que hoxe non contabas.
November 15, 2025 at 12:29 PM
November 15, 2025 at 10:47 AM
Moi agradecido. Continuamos no traballo!
November 13, 2025 at 1:55 PM