Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
banner
ecoadeusc.bsky.social
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
@ecoadeusc.bsky.social
Somos a conta oficial da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.
Síguenos tamén en Línkedin, Instagram, Facebook, Tik Tok, e Youtube
A pasada semana celebrouse na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC o HackathonECOADE no que @s estudantes puideron poñer en práctica habilidades relacionadas coa creatividade, innovación e o emprendemento e adquirir competencias que lle servirán no seu camiño profesional
November 27, 2025 at 1:49 PM
Continuamos co IV Cineforum: Empresa, Economía e Sociedade e queremos convidarte á proxección de hoxe.
📌 Detalles da sesión:
Data: Luns, 24 de novembro
Hora: 18:00 h
Lugar: Salón de Graos Luís Suárez-Llanos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC
🎬 Película: Soy Nevenka
November 24, 2025 at 2:41 PM
Esta semana tivemos unha das dúas xuntanzas programadas durante o curso con delegad@s/subdelegad@s de curso do grao en ADE. Ademais, participaron membros do equipo decanal, coordinador@s de grao e de curso.
November 21, 2025 at 2:09 PM
Onte o equipo decanal compartiu unha charla e un café co profesorado de recente incorporación á Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. Foi unha conversa amigable onde, ademais de darlle a benvida, comentouse a guía do profesorado que está dispoñible na web da facultade.
November 20, 2025 at 6:39 PM
Onte tivemos na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC a conferencia sobre #ia de Juan Manuel Sánchez-Quinzá Rodríguez, PMP.
November 20, 2025 at 1:20 PM
O vindeiro xoves, 20 de novembro, ás 18 h. convidámoste a coñecer a proposta artística: FEITAS AO SISEL
Nace do poemario galardoado co “XXVII Premio de poesía erótica das Illas Sisargas”, escrito por unha das integrantes do grupo: Diana Kurich.
November 18, 2025 at 2:54 PM
Seguimos na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC co ciclo Aprendendo das empresas e institucións, esta semana cunha nova conferencia nesta ocasión sobre #ia. Esperámosvos a tod@s na charla que impartirá Juan Manuel Sánchez-Quinzá Rodríguez, PMP de ABANCA
November 17, 2025 at 4:45 PM
Hoxe, 12 de novembro, tivo lugar a 2º conferencia do ciclo sobre o Sistema Europeo de Contas, Crecemento, Benestar e Sustentabilidade, organizado por Públika no marco da Aula Profesional ECOADE
November 12, 2025 at 5:11 PM
🗓️ Save the date | #HackathonECOADE | 21 de novembro❗
Temos boas novas porque celebramos unha nova actividade do Programa #USCEmprende❗
Vémonos no Hackathon ECOADE, que será o venres, 21 de novembro, de 9h a 17h, na @ecoadeusc.bsky.social @usc.gal
November 12, 2025 at 5:03 PM
Este mércores 12 de novembro ás 12:30, na Aula B da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC, terá lugar a 2ª conferencia do ciclo sobre o Sistema Europeo de Contas, Crecemento, Benestar e Sustentabilidade, no marco da Aula Profesional ECOADE
November 11, 2025 at 5:04 PM
A Revista Galega de Economía alcanza o cuartil 1(Q1) no CiteScores de Scopus: ratificado o seu liderado entre o 25% das publicacións máis influintes. Parabéns polo traballo realizado!!
November 10, 2025 at 5:55 PM
Feira de Nacionalidades na Facultade
O pasado 28 de outubro celebramos un dos eventos máis especiais do curso: a nosa Feira de Nacionalidades. Un encontro cheo de cores, música, sabores e tradicións que fixo visible algo do que estamos moi orgullos@s: a enorme diversidade que nos define
November 7, 2025 at 2:11 PM
O pasado 29 de outubro tivo lugar a primeira conferencia do ciclo sobre o Sistema Europeo de Contas, Crecemento, Benestar e Sustentabilidade, organizado por Publika e no marco da Aula Profesional ECOADE
November 5, 2025 at 6:14 PM
Hoxe tivemos na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC a conferencia do ciclo Aprendendo das Empresas e Institucións de Pedro Luis Gómez Abalo sobre a Planificación en Fotovoltaica en España
November 5, 2025 at 1:11 PM
O próximo xoves 6 de novembro ás 19 h, terá lugar no Salón de Graos Luís Suárez-Llanos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC, a presentación do libro "Un socialismo propio. O cooperativismo no Beiras mozo", de Xosé Manuel Beiras e Carlos Calvo Varela
November 4, 2025 at 7:12 PM
O mércores 5 de novembro retomamos o ciclo Aprendendo das Empresas e Institucións coa conferencia de Pedro Luis Gómez Abalo de Jinko Solar Co., Ltd. exalumno da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC
November 3, 2025 at 3:59 PM
Cando menos dúas veces no curso, temos unha xuntanza co conxunto de delegad@s/subdelegad@s de curso de todos os grupos de cada titulación de grao. Hai uns días tivemos celebramos a reunión cos do grao de Economía da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC.
October 30, 2025 at 2:34 PM
II Torneo 3x3 de Baloncesto!
Prepárate para vivir unha xornada con ritmo, competición e diversión!
Cando? Martes 4 de Novembro de 19:30 a 22:30
Onde? Pavillón Universitario (Campus Sur)
Formato: Equipos femininos, mixtos ou masculinos
Máximo: 16 equipos
Data límite de inscrición: 3/Novembro/ 14:00h
October 30, 2025 at 2:15 PM
🎓 Estás a estudar na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC e gustaríache que o teu TFG ou TFM fose algo máis que un requisito académico?
October 29, 2025 at 11:14 AM
📣 II Torneo 3x3 de Baloncesto! 🏀

Prepárate para vivir unha xornada chea de ritmo, competición e diversión!

✅ Cando? Martes 4 de Novembro de 19:30 a 22:30
✅ Onde? Pavillón Universitario (Campus Sur)
✅ Formato: Equipos femininos, mixtos ou masculinos
✅ Máximo: 16 equipos
October 28, 2025 at 3:54 PM
Informámosvos desta oferta de emrpego que nos chegou de Gi Group. Tendes máis información sobre o posto e os requisitos en: www.linkedin.com/jobs/view/43...
October 28, 2025 at 1:07 PM
Na nosa serie "Estudamos a economía e a empresa, Por amor á arte", presentamos dos cadros da obra Alba de Gloria que Xosé Conde Corbal pintou como homenaxe ao famoso discurso de Castelao.
October 23, 2025 at 3:56 PM
Mañá xoves 23 é o peche da difusión do programa Talento Cooperativo, un encontro de de 10.00 a 12.30h.
Trátase dun programa de bolsas para un contrato en prácticas a cargo de EspazoCoop en cooperativas asociadas, con estudantado recén titulad@ ou a piques de rematar.
October 22, 2025 at 6:23 PM
Hoxe tivemos na aula 8 da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC a Nuria Rey da Area de Orientacion Laboral da USC que impartiu un taller sobre a elaboración do CV e o correo de presentación para empresas e institucións nos que @s estudantes queren facer prácticas ou optar a un traballo.
October 22, 2025 at 6:11 PM
II Feira de Nacionalidades!
O vindeiro 28 de outubro celebramos na nosa Facultade a Feira de Nacionalidades, unha oportunidade única para compartir e descubrir a riqueza cultural que temos grazas ao noso estudantado internacional.
October 20, 2025 at 12:52 PM