Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
banner
ecoadeusc.bsky.social
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
@ecoadeusc.bsky.social
100 followers 59 following 380 posts
Somos a conta oficial da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Síguenos tamén en Línkedin, Instagram, Facebook, Tik Tok, e Youtube
Posts Media Videos Starter Packs
A conferencia impartida por Xoán R. Doldán García, decano da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC, baixo o título "O Sistema Europeo de Contas e a Contabilidade Nacional de España". O evento contou cunha notable asistencia do estudantado.
O pasado 29 de outubro tivo lugar a primeira conferencia do ciclo sobre o Sistema Europeo de Contas, Crecemento, Benestar e Sustentabilidade, organizado por Publika e no marco da Aula Profesional ECOADE
O relator realizou tamén un percorrido pola súa carreira profesional e animou ás persoas asistentes a unha aprendizaxe continuada ao longo de toda a carreira profesional. Moitas grazas ao público asistente e a Pedro Luis Gómez Abalo por vir á Facultade e contribuir na formación do estudantado!
Analizou a evolución dun sector afectado pola cambiante lexislación ,o peso das grandes empresas do sector e utilizouo terminoloxía básica para @s estudantes: taxa de retorno, project finance, ….
Hoxe tivemos na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC a conferencia do ciclo Aprendendo das Empresas e Institucións de Pedro Luis Gómez Abalo sobre a Planificación en Fotovoltaica en España
O Libro está publicado por Companha Editora.
Xosé Manuel Beiras foi, entre outras moitas cousas, un insigne catedrático de Estrutura Económica, ademais de antigo decano, da nosa Facultade.
Non perdades a oportunidade de escoitar aos autores e manter unha conversa con eles!
O próximo xoves 6 de novembro ás 19 h, terá lugar no Salón de Graos Luís Suárez-Llanos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC, a presentación do libro "Un socialismo propio. O cooperativismo no Beiras mozo", de Xosé Manuel Beiras e Carlos Calvo Varela
Esperamos a vosa participación na charla e no encontro que haberá a continuación da mesma dentro da actividade "Compartindo Oportunidades" no que poderedes obter información sobre as posibilidades profesionais en Economía Circular e Enerxías Renovables!
Realizará un relatorio desde a súa experiencia profesional no sector das enerxías renovables. Grazas a Alumni USC e Circulo de Economistas pola organización!
O mércores 5 de novembro retomamos o ciclo Aprendendo das Empresas e Institucións coa conferencia de Pedro Luis Gómez Abalo de Jinko Solar Co., Ltd. exalumno da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC
Moi oportunos todos os temas tratados e agradecemos o ofrececemento para seguir colaborando e que demostran o compromiso de tod@s el@s no desempeño das súas funcións. Isto reafirma o convencemento das vantaxes dunha interlocución directa co estudantado do grao.
Participaron tamén membros do equipo decanal, coordinador@s de grao e de curso para coñecer a opinión, queixas e suxestións do detectado no que vai de curso para mellorar a marcha e organización nos próximos meses.
Cando menos dúas veces no curso, temos unha xuntanza co conxunto de delegad@s/subdelegad@s de curso de todos os grupos de cada titulación de grao. Hai uns días tivemos celebramos a reunión cos do grao de Economía da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC.
🔗 Inscricións: Escanea o código QR ou entra no link forms.office.com/pages/respon...
📌 Non quedes fóra, as prazas son limitadas!

💰 Actividade financiada pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC
Microsoft Forms
forms.office.com
II Torneo 3x3 de Baloncesto!
Prepárate para vivir unha xornada con ritmo, competición e diversión!
Cando? Martes 4 de Novembro de 19:30 a 22:30
Onde? Pavillón Universitario (Campus Sur)
Formato: Equipos femininos, mixtos ou masculinos
Máximo: 16 equipos
Data límite de inscrición: 3/Novembro/ 14:00h
Podes ver toda a información na web de U4IMPACT. Anímate a participar!
🚀 Que beneficios ten participar?
Vinculas o teu TFG/TFM a un proxecto con propósito
Adquires experiencia práctica e contactos profesionais
Posiciónaste no mercado laboral cun perfil diferenciado
Colaboras con entidades innovadoras do ecosistema galego
💡 Que ofrecen?
A oportunidade de colaborar con startups, ONGs e empresas galegas comprometidas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Terás a posibilidade de aplicar os teus coñecementos a retos concretos do mundo real mentres melloras a túa empregabilidade e xeras un cambio positivo.
Desde U4IMPACT en colaboración coa AVTE-USC lanzan unha nova convocatoria dirixida a estudantes da USC que queiran desenvolver os seus traballos de fin de grao ou mestrado vinculándose a proxectos reais con impacto social, ambiental e económico.
🎓 Estás a estudar na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC e gustaríache que o teu TFG ou TFM fose algo máis que un requisito académico?
🔗 Inscricións: Escanea o código QR ou entra na seguinte ligazón: forms.office.com/pages/respon...

📌 Non quedes fóra, as prazas son limitadas!

🔥 Ven demostrar o teu talento, facer equipo e gozar do baloncesto en estado puro!
#3x3Basket #USC #FacultadeEconómicas #Baloncesto #ADBFontiñas #DeporteUSC
Microsoft Forms
forms.office.com
📣 II Torneo 3x3 de Baloncesto! 🏀

Prepárate para vivir unha xornada chea de ritmo, competición e diversión!

✅ Cando? Martes 4 de Novembro de 19:30 a 22:30
✅ Onde? Pavillón Universitario (Campus Sur)
✅ Formato: Equipos femininos, mixtos ou masculinos
✅ Máximo: 16 equipos
Informámosvos desta oferta de emrpego que nos chegou de Gi Group. Tendes máis información sobre o posto e os requisitos en: www.linkedin.com/jobs/view/43...
Convidámosvos a que identifiques as personaxes do cadro e a que nos visites para coñecer esta obra.

#condecorbal #Poramoraarte #castelao #anocastelao #albadegloria #ArteenEcoAdeUSC #EcoAdeUSC