Campus Industrial de Ferrol
ciferrol.bsky.social
Campus Industrial de Ferrol
@ciferrol.bsky.social
O Campus Industrial de Ferrol, pertencente á Universidade da Coruña, está especializado no ámbito da Enxeñaría, e ademáis, comprende estudos de Humanidades, Ciencias do Traballo e da Saúde.

www.campusindustrial.udc.es
#CIFaoDía (1/3) Un total de 11 estudantes da Universidade Sénior da Coruña asisten, cada martes, de 09:45 a 11:15 horas, no Edificio de Apoio ao Estudo do Campus Industrial de Ferrol, ás clases de xadrez impartidas polo instrutor Mariano Ortega @udc.gal @udc-senior.bsky.social
November 28, 2025 at 1:57 PM
#CIFaoDía O Campus Industrial de Ferrol participa, este martes 25 e mércores 26/NOVEMBRO, nas I Xornadas Nacionais de Campus Periféricos que organiza a Universidad de León no Campus de Ponferrada @udc.gal
November 26, 2025 at 9:45 AM
#CIFaoDía (1/3) A Universidade da Coruña (UDC) súmase ao #25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres reivindicando o papel das universidades como axentes activas na loita contra a violencia @udc.gal
November 25, 2025 at 1:48 PM
#CIFaoDía Fixérono xunto a outros 28 estudantes de Alemaña, Bosnia e Hercegovina, España, Países Baixos, Reino Unido, Romanía e de Serbia, no Disseny Hub Barcelona, da man da Asociación para o Fomento da Moda (MODA-FAD) @udc.gal
November 24, 2025 at 10:34 AM
#CIFaoDía Belén e Laura, alumnas do máster en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, veñen de participar, na 7ª edición do Sustainable Challenge, un maratón creativo que tivo lugar, do 12 ao 15/NOVEMBRO, en Barcelona @udc.gal
November 24, 2025 at 10:34 AM
#CIFaoDía O FESTALENT, a III Feira de Empresas e Talento do Campus Industrial de Ferrol, promovida no marco do Programa IMPÚLSA-T da Universidade da Coruña (UDC), foi todo un éxito @udc.gal @empregoudc.bsky.social
November 21, 2025 at 10:24 AM
#CIFaoDía Clara, graduada en Xestión Industrial da Moda, acadou o 1º premio na área de coñecemento “Artes e Humanidades” e na categoría de TFG e Irene, máster en Enxeñaría en Deseño Industrial, acadou o 1º premio, na área de coñecemento “Enxeñaría e Arquitectura” e na categoría TFM @udc.gal
November 18, 2025 at 9:51 AM
#CIFaoDía Clara Souto Ferreiro e Irene Rodríguez Ríos veñen de gañar cadanseu galardón na segunda edición dos Premios Universitarios a TFG, TFM e Teses de Doutoramento en materia de emprendemento defendidos na UDC no curso académico 2024/25. Os nosos parabéns!!! 👏👏👏 @udc.gal
November 18, 2025 at 9:51 AM
#CIFaoDía Preto de 20 estudantes dos graos en Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial Ferrol participaron este venres, 14/NOVEMBRO, nos actos de conmemoración do Día Mundial da Diabetes que organizou a Asociación de Diabéticos de Ferrolterra (ADF) no Hospital Arquitecto Marcide @udc.gal
November 14, 2025 at 1:40 PM
#CIFaoDía “Neboa´s Hut”, “Splash on Contact” e “Purgatory Hoops” estanse a desenvolver como traballo final do Máster en Deseño, Desenvolvemento de Videoxogos, titulación que se imparte no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC) @udc.gal
November 8, 2025 at 11:21 AM
#CIFaoDía Alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EEPF) amosa os seus proxectos no ‘Píxel á Feira’, o primeiro Salón de Videoxogos de Galicia, no Pazo de Congresos e Exposicións de #SantiagoDeCompostela @udc.gal
November 8, 2025 at 11:21 AM
#CIFaoDía Divididos en parellas, debían construír un vehículo que fose propulsado pola caída dunha botella de auga, neste caso concreto, de plástico e de 1,5 litros @udc.gal
November 7, 2025 at 1:49 PM
#CIFaoDía Na segunda posición quedaron Adrián Dobarro e Víctor Roca. A medalla de bronce foi para Martín Gómez Pérez e máis para Miguel Pita. Participaron un total de 26 estudantes matriculados nesta materia do terceiro curso deste grao da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol @udc.gal
November 7, 2025 at 1:49 PM
#CIFaoDía Os alumnos do terceiro curso do grao en Enxeñaría Mecánica, Eugenio Turchak e José Francisco Carro, veñen de gañar o XXX Concurso de Prototipos da materia de Tecnoloxía de Máquinas que promoven os profesores Javier Cuadrado e Emilio Sanjurjo @udc.gal
November 7, 2025 at 1:49 PM
#CIFaoDía A I Feira de Formación e Educación, organizada polo Concello de Ferrol e a UDC, a través do Campus Industrial de Ferrol, reuníu, este xoves 6/NOVEMBRO, no Auditorio Municipal, a preto de 1.300 estudantes de ESO, BACH e FP de As Pontes, Cedeira, Ferrol, Narón, Neda e de Ortigueira @udc.gal
November 7, 2025 at 1:33 PM
#CIFaoDía Desde os laboratorios do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), situado no Campus Industrial de Ferrol, xa se está a traballar en dous novos proxectos financiados pola Comisión Europea: FADOS e SWIRFLEX-DT @udc.gal
November 4, 2025 at 9:55 AM
#CIFaoDía O FESTALENT, a III Feira de Empresas e Emprendemento do Campus Industrial de Ferrol foi todo un éxito. Grazas ás 50 firmas, entidades e asociacións e aos + de 500 estudantes, principalmente de grao e de máster da UDC e de ciclos de FP de centros da comarca, que o fixeron posible @udc.gal
October 30, 2025 at 8:16 PM
#CIFaoDía A III Feira de Empresas e Talento FESTALENT do Campus Industrial de Ferrol reuníu, este xoves 30/OUTUBRO, no Pavillón Municipal de Esteiro, a 50 firmas, entidades e asociacións de distintos puntos de Galicia e de España @udc.gal
October 30, 2025 at 5:52 PM
#CIFaoDía (1/3) Comezan as III Xornadas “Ferrol no Mundo do Século XXI: Galicia e China no diálogo Oriente-Occidente” que organizan o Campus Industrial de Ferrol e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) @udc.gal @igadi.bsky.social @casaasia.bsky.social
October 29, 2025 at 6:35 PM
#CIFaoDía Clase Maxistral "Constrúe hoxe o mañá que queres" impartida polo CEO e fundador de Productividad Feroz, Miguel Navarro. Asistencia gratuíta. Inscríbete ➡️ n9.cl/79bf2 @udc.gal
📆 Xoves 30/OUTUBRO 🕡 Ás 18:30 horas
📍 Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol
October 29, 2025 at 5:41 PM
#CIFaoDía Unha delegación do Centro Científico e Cultural de Macau (CCCM) achegouse, este mércores 29/OUTUBRO, ata o Campus Industrial de Ferrol, onde foi recibida polo seu director, Marcos Míguez @udc.gal @igadi.bsky.social
October 29, 2025 at 1:46 PM
#CIFaoDía A Universidade da Coruña (UDC) conmemorou, este martes 28/OUTUBRO, o 50 aniversario do falecemento de Ángela Ruíz Robles cunha mesa redonda na Biblioteca que leva o seu nome no Campus Industrial de Ferrol @udc.gal @biblioenxenaria.bsky.social
October 28, 2025 at 7:11 PM
#CIFaoDía (2/2) un certame de moda sustentable organizado por NHood España que tivo lugar, este sábado 25/OUTUBRO, no Centro Comercial Vialia de Vigo. Os nosos parabéns!!! 👏👏👏 @udc.gal
October 28, 2025 at 12:39 PM
#CIFaoDía (1/1) Alicia Lorenzo Fenollera (Vigo, 2002), alumna do máster en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), vén de gañar o Premio ELLE Education by Mindway na IV edición dos Greenwalk Adwards @udc.gal
October 28, 2025 at 12:39 PM
#CIFaoDía A III Feira de Empresas e Talento FESTALENT do Campus Industrial de Ferrol reúne, este xoves 30/OUTUBRO, a 50 firmas, entidades e asociacións @udc.gal
October 27, 2025 at 10:00 AM