Campus Industrial de Ferrol
ciferrol.bsky.social
Campus Industrial de Ferrol
@ciferrol.bsky.social
O Campus Industrial de Ferrol, pertencente á Universidade da Coruña, está especializado no ámbito da Enxeñaría, e ademáis, comprende estudos de Humanidades, Ciencias do Traballo e da Saúde.

www.campusindustrial.udc.es
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
📢 Convocado o programa prácticas da Fundación Once-@crueuniversidades.bsky.social dirixida ao estudantado da UDC cunha discapacidade recoñecida legalmente dun mínimo do 33% e que queira realizar prácticas curriculares ou extracurriculares.
November 28, 2025 at 12:49 PM
#CIFaoDía (1/3) Un total de 11 estudantes da Universidade Sénior da Coruña asisten, cada martes, de 09:45 a 11:15 horas, no Edificio de Apoio ao Estudo do Campus Industrial de Ferrol, ás clases de xadrez impartidas polo instrutor Mariano Ortega @udc.gal @udc-senior.bsky.social
November 28, 2025 at 1:57 PM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
O @ciferrol.bsky.social participa estes días nas I Xornadas Nacionais de Campus Periféricos que organiza a Universidade de León no Campus de Ponferrada.

Un encontro que pretende ser espazo de reflexión para reforzar a importancia destes campus como motores de desenvolvemento.

https://bit.ly/CIFpnf
November 26, 2025 at 1:22 PM
#CIFaoDía O Campus Industrial de Ferrol participa, este martes 25 e mércores 26/NOVEMBRO, nas I Xornadas Nacionais de Campus Periféricos que organiza a Universidad de León no Campus de Ponferrada @udc.gal
November 26, 2025 at 9:45 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
💟A UDC súmase ao 25-N 🫂

Esta mañá na Facultade de Dereito leuse o Manifesto da CRUE, presentáronse a campaña 25N Violencias Dixitais e a nova guía de acompañamento ás vítimas e entregáronse os premios Ángeles Alvariño e María Balteira.

Os actos continúan mañá.

🔗+info: https://bit.ly/Actos25N2025
November 25, 2025 at 1:03 PM
#CIFaoDía (1/3) A Universidade da Coruña (UDC) súmase ao #25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres reivindicando o papel das universidades como axentes activas na loita contra a violencia @udc.gal
November 25, 2025 at 1:48 PM
#CIFaoDía Belén e Laura, alumnas do máster en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, veñen de participar, na 7ª edición do Sustainable Challenge, un maratón creativo que tivo lugar, do 12 ao 15/NOVEMBRO, en Barcelona @udc.gal
November 24, 2025 at 10:34 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
📢Chega a IV Edición de Cóntame a túa Investigación! 

Categ.:TFG, TFM e Teses de Dout.

🎬Crea un vídeo de ata 3 minutos contando a túa investigación.

🔗Publícao en TikTok, Ig, Bluesky ou YouTube cos cancelos: #CóntameaTúaInvestigaciónUDC2026 e #UDC.

📅Prazo ata as 14:00 h do 12/2.
 
Participa!
November 24, 2025 at 7:54 AM
#CIFaoDía O FESTALENT, a III Feira de Empresas e Talento do Campus Industrial de Ferrol, promovida no marco do Programa IMPÚLSA-T da Universidade da Coruña (UDC), foi todo un éxito @udc.gal @empregoudc.bsky.social
November 21, 2025 at 10:24 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
⚧️Na universidade, como noutras áreas sociais, tamén existen comentario se actitudes machistas que perpetúan a desigualdade e os roles de xénero.

💟Está nas nosas mans poder cambialo.

Se che restan valor, interrompen ou deciden por ti só por seres muller, é machismo.
November 20, 2025 at 9:20 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
✨Éxito da I Feira se Saúde e Sociedade organizada pola UDC e o Concello da Coruña celebrada este sábado día 15 de novembro.

Deixámosvos un resumo do que foi a xornada!

🤗Moitas grazas a todas as persoas que asistíchedes e a fixéchedes posible!!!
November 18, 2025 at 11:56 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
Este venres 21/11 ás 12:00 horas celebrarase na Facultade de Ciencias a conferencia titulada “A muller e a nena na ciencia”, impartida por Lucía Santiago Caamaño, profesora da UDC na EPEF do @ciferrol.bsky.social.

A asistencia é libre e gratuíta, presencial e vía Teams.
November 18, 2025 at 12:06 PM
#CIFaoDía Clara Souto Ferreiro e Irene Rodríguez Ríos veñen de gañar cadanseu galardón na segunda edición dos Premios Universitarios a TFG, TFM e Teses de Doutoramento en materia de emprendemento defendidos na UDC no curso académico 2024/25. Os nosos parabéns!!! 👏👏👏 @udc.gal
November 18, 2025 at 9:51 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
⚧️Os micromachismos encubertos son comportamentos que buscan crear sentimentos de culpa e pouca valía na muller.

Maniféstanse con actitudes que parecen buscar o contrario, como paternalismo excesivo, burlas inocentes, manipulación emocional. etc.

#25N #Micromachismos #ComunidadeUDC #UDC
November 17, 2025 at 9:18 AM
#CIFaoDía Preto de 20 estudantes dos graos en Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial Ferrol participaron este venres, 14/NOVEMBRO, nos actos de conmemoración do Día Mundial da Diabetes que organizou a Asociación de Diabéticos de Ferrolterra (ADF) no Hospital Arquitecto Marcide @udc.gal
November 14, 2025 at 1:40 PM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
📅📢O mércores 19/11 ás 10:00 h a Oficina de Sustentabilidade organiza unha xornada de voluntariado para a reparación do Valado de Pedra Seca. O punto de encontro será na porta da Facultade de Ciencias.

🧠🪨E lembra que mañá día 15 ás 11:00 hai outra!

Agardámoste!
November 14, 2025 at 8:14 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
📆 Ampliamos o prazo para inscribirte no Startup Programme ata o 14 de novembro!

💡Este programa gratuíto interuniversitario da Fundación Junior Achievement ten como obxectivo impulsar as ideas emprendedoras do estudantado.

✍🏽 Inscribe a túa idea!

🔗 Máis info e inscricións: https://bit.ly/Strtup25
November 11, 2025 at 9:05 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
📢Este sabado 15 de 9:30 a 14:00 h no Ágora, a UDC e o @concellodacoruna.bsky.social organizan a I Feira de Saúde e Sociedade, espazo de encontro no que asociacións e entidades implicadas na promoción da saúde compartirán recursos e boas prácticas orientadas a mellorar a calidade de vida das persoas.
November 11, 2025 at 10:28 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
#CIFaoDía Alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EEPF) amosa os seus proxectos no ‘Píxel á Feira’, o primeiro Salón de Videoxogos de Galicia, no Pazo de Congresos e Exposicións de #SantiagoDeCompostela @udc.gal
November 8, 2025 at 11:21 AM
Reposted by Campus Industrial de Ferrol
📢O xoves 13/11 ás 19:00 horas o Salón de Actos Concepción Arenal acollerá a conferencia da Cátedra Jorge Juan baixo o título "Contra Armada, a maior victoria de España fronte a Inglaterra", a cargo de Luis Gorrochategui Santos, escritor e historiador.

Anímate a asistir!
November 10, 2025 at 9:15 AM
#CIFaoDía Alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EEPF) amosa os seus proxectos no ‘Píxel á Feira’, o primeiro Salón de Videoxogos de Galicia, no Pazo de Congresos e Exposicións de #SantiagoDeCompostela @udc.gal
November 8, 2025 at 11:21 AM
#OCampusNosMedios Luz Castro, coordinadora do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF): "Nos obradoiros, o alumnado traballa como un pequeno estudo de videoxogos" @udc.gal Vía Diario de Ferrol
Luz Castro | “Nos talleres o alumnado traballa como un pequeno estudio de videoxogos”
Esta fin de semana participan no Píxel á Feira, en Compostela, cinco proxectos creados a partir do máster que coordina esta profesora no Campus Industrial de Ferrol
diariodeferrol.elidealgallego.com
November 7, 2025 at 2:31 PM
#CIFaoDía Os alumnos do terceiro curso do grao en Enxeñaría Mecánica, Eugenio Turchak e José Francisco Carro, veñen de gañar o XXX Concurso de Prototipos da materia de Tecnoloxía de Máquinas que promoven os profesores Javier Cuadrado e Emilio Sanjurjo @udc.gal
November 7, 2025 at 1:49 PM
#CIFaoDía A I Feira de Formación e Educación, organizada polo Concello de Ferrol e a UDC, a través do Campus Industrial de Ferrol, reuníu, este xoves 6/NOVEMBRO, no Auditorio Municipal, a preto de 1.300 estudantes de ESO, BACH e FP de As Pontes, Cedeira, Ferrol, Narón, Neda e de Ortigueira @udc.gal
November 7, 2025 at 1:33 PM
#CIFaoDía Desde os laboratorios do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), situado no Campus Industrial de Ferrol, xa se está a traballar en dous novos proxectos financiados pola Comisión Europea: FADOS e SWIRFLEX-DT @udc.gal
November 4, 2025 at 9:55 AM