#TodoCasteloConta
Coidando do Monte coa Asociación Galega das Castañas e dos Soutos 🌰

Na décima edición do #CasteloConta2025, axudáronnos na preparación do Monte Xalo: encargáronse da poda dos castiñeiros, facendo posible a inauguración do festival nun espazo tan espectacular.

#TodoCasteloConta 🌿
Coidando do Monte Xalo coa Asociación Galega das Castañas e dos Soutos - Castelo Conta
A Asociación Galega da Castaña e dos Soutos encargouse da poda dos castaños do escenario do Monte Xalo, unha acción clave para o festival e para a protección do monte.
casteloconta.gal
September 10, 2025 at 10:08 AM
🤝 No #CasteloConta2025 cultura e solidariedade van da man. 🧺 Sortearemos unha cesta solidaria onde todo o recadado irá á ONGD Ecos do Sur, adicada á defensa das persoas migrantes e refuxiadas. As rifas pódense mercar por 2€ na taberna.
👉 O sorteo será durante a Gala dos dez anos.

#TodoCasteloConta
Solidariedade e diversidade: Ecos do Sur súmase ao Castelo Conta - Castelo Conta
O festival contará cun espazo informativo da ONGD o domingo 24 e o xoves 28, ademais dunha cesta solidaria e dun suadoiro de edición especial, dos que Ecos do Sur recibirá integramente todo o recadado...
casteloconta.gal
August 21, 2025 at 9:05 AM
Dez retratos, dez sorrisos, dez historias para celebrar o #CasteloConta2025 ✨


Hoxe tivo lugar na Clínica Pardiñas a inauguración dunha exposición que homenaxea á comunidade que fixo posible dez anos de encontros e cultura. As fotografías que a conforman son obra de Aigi Boga.

#TodoCasteloConta
Inauguración da exposición de retratos na Clínica Pardiñas - Castelo Conta
Un percorrido polas imaxes e testemuños das persoas que fan posible o festival, e que representan á comunidade que fixo medrar este proxecto ata converterse nun exemplo de cultura compartida no rural....
casteloconta.gal
August 20, 2025 at 8:34 PM
🍻 Estrella Galicia acompáñanos no #CasteloConta2025 🌿

A cervexa galega con máis de cen anos de historia, presente no mundo e sempre vinculada á súa terra, estará en Casa Rodríguez, nos concertos e nos seráns, celebrando connosco unha década de encontros, cultura e festa.

#TodoCasteloConta
Estrella Galicia brinda pola cultura no Castelo Conta 2025 - Castelo Conta
Estrella Galicia súmase ao Castelo Conta 2025 para acompañar á comunidade e á cultura, e celebrar as dez voltas á festa. A cervexa galega por excelencia estará presente na taberna e outros espazos do ...
casteloconta.gal
August 20, 2025 at 10:33 AM
🌿O sábado 30 de agosto celébrase o día Grande do #CasteloConta2025!

➡️ Ás 14:00, terá lugar a churrascada popular.
➡️Ás 16:00 a andaina, un percorrido acompañado de moito humor e moita música.
➡️ Ás 20:00 a cea comunitaria, antes da noite dos monólogos.

🎟️ Entradas dispoñibles!

#TodoCasteloConta
O día grande: xantar, andaina e cea - Castelo Conta
O sábado é o día grande da festa: xantar, andaina, cea... e a noite de monólogos!
casteloconta.gal
August 19, 2025 at 8:41 PM
📲 Xa está dispoñible a app do #CasteloConta2025!

Programación, artigos, multimedia, mapa interactivo con audios e notificacións en tempo real: o festival, enteiro no teu peto.

🔗 Podes descargala en Android ou iOS
#TodoCasteloConta
Xa podes descargar a app do Castelo Conta 2025 - Castelo Conta
Leva o Castelo Conta 2025 no teu peto! Xa está dispoñible a app oficial do festival, unha ferramenta pensada para vivir esta décima edición sen perder detalle: programación actualizada, artigos, multi...
casteloconta.gal
August 19, 2025 at 3:11 PM
🥛 Nesta décima edición do #CasteloConta2025 Deleite acompañaranos en Casa Rodríguez e nas actividades de Xente Miúda durante todo agosto. Un produto 100% galego, que combina calidade, innovación e compromiso co rural 💛

#TodoCasteloConta
Deleite: o sabor do noso - Castelo Conta
Deleite é un proxecto colectivo que naceu para darlle valor ao leite galego, garantirlle un futuro ao rural e ofrecer un produto 100% noso. Nesta décima edición do Castelo Conta, a súa colaboración ch...
casteloconta.gal
August 19, 2025 at 11:48 AM
✨ Unha década de encontros, cultura e comunidade.
O 28 de agosto ás 22:00, a Polideportiva acollerá a Gala dos 10 anos do #CasteloConta2025, un percorrido pola historia do festival con música, humor e convidados especiais.

🎟️ Entradas dispoñibles en casteloconta.gal

#TodoCasteloConta
A gala dos dez anos - Castelo Conta
Unha noite única para celebrar unha década de emocións, comunidade... e festa!
casteloconta.gal
August 18, 2025 at 6:54 PM
🎶 Venres 29 ás 14:00, teremos nos Vermús na Taberna...
🔊 Garage-pop, indie e rock con himnos xeracionais de The Rapants
👩‍🍳 E pratos que mesturan tradición e innovación con Chisco Jiménez
Un mediodía para cantar, bailar e saborear a Galicia máis divertida!

#CasteloConta2025 #TodoCasteloConta
Chisco Jiménez + The Rapants - Castelo Conta
Festa e sabor: cando a irreverencia musical se xunta coa cociña de raíz reinterpretada, o resultado é un vermú inesquecible, cheo de enerxía e humor.
casteloconta.gal
August 17, 2025 at 1:33 PM
🎶 Xoves 28 ás 14:00, Vermús na Taberna con PAVA: pop galego con emoción, sorna e identidade!
👩‍🍳 Bea Sotelo e Bego Vázquez traen sabores da nosa terra e creatividade nos fogóns.
Un mediodía de música, gastronomía e celebración da cultura galega no #CasteloConta2025 #TodoCasteloConta
Bea Sotelo e Bego Vázquez + PAVA - Castelo Conta
Cando a música pop galega máis fresca e rebelde se xunta coa creatividade culinaria de dúas grandes cociñeiras galegas, o resultado é un vermú que sabe a autenticidade e a festa.
casteloconta.gal
August 14, 2025 at 8:41 PM
🤟 Xoves, venres e sábado, a comedia do #CasteloConta2025 é accesible a todas as persoas!

Intérpretes de LSE acompañarán a Gala dos Dez Anos, Somos Criminais e punto final e A Noite do Castelo Conta.

🎟️ Entradas con desconto a través da @faxpg.bsky.social
Diversión sen barreiras!

#TodoCasteloConta
O Castelo Conta colabora un ano máis coa FAXPG para facer a cultura accesible a persoas xordas - Castelo Conta
O festival contará un ano máis con intérpretes de Lingua de Signos nas noites do xoves, venres e sábado, garantindo que todas as persoas poidan gozar da programación.
casteloconta.gal
August 13, 2025 at 4:50 PM
🎤 Mércores 27, ás 14:00
🔊 9Louro trae o son urbano máis honesto
👨‍🍳 Na cociña: Damián Paris + Ceibe (Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes)
Un vermú con carácter, frescura e raíces actualizadas.
#CasteloConta2025 #TodoCasteloConta

casteloconta.gal/eventos/verm...
Damián Paris, Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes + 9louro - Castelo Conta
Cando a música urbana máis honesta se encontra coa cociña galega de vangarda, nace un vermú que é celebración, encontro e emoción. Unha oportunidade para vibrar, saborear e gozar da nosa cultura en cl...
casteloconta.gal
August 12, 2025 at 6:26 PM
🎭 Música, natureza e moita maxia!
O domingo 24 de agosto ás 12:00, Bibopalula, o musical infantil en galego, toma o escenario do Monte Xalo no #CasteloConta2025.
Un plan perfecto para as familias, con entrada libre para cativos e cativas.

#TodoCasteloConta
August 5, 2025 at 12:41 PM