Xosé Luís Regueira
banner
xregueira.bsky.social
Xosé Luís Regueira
@xregueira.bsky.social
Non o poño en dúbida, só que contado así (coller unha cantiga recollida en Georgia e irse por Serra Leoa a ver se alguén a recoñece) parece unha investigación algo azarosa.
Os nosos grupos de investigación non financiarían esas viaxes!
November 9, 2025 at 11:26 PM
Coñecía traballos que, combinando a linguistica coa xenética de poboacións, lograron reunir comunidades afroamericanas cos seus pobos de orixe no golfo de Guinea, pero isto é incrible, só cunha cantiga!
November 9, 2025 at 8:49 PM
Eu comentara que esta forma do artigo estaba practicamente desaparecida, e @bestilheiro.bsky.social díxome que non é certo. E ben que me alegro.
November 3, 2025 at 4:09 PM
Creo que era diso que falabamos. Hai un artigo "no" despois de verbos que acaban en nasal (*deãŋ las mans > deãŋ nas mans > deã-nas mans), mais a grafía engánanos. Sería paralelo ao pronome "no" despois de nasal "díxẽŋ+lo > díxẽŋ+no > díxẽ+no" (escrito "díxeno").
November 3, 2025 at 4:06 PM
Pois si, e non sabes o que me alegro de non ter razón. Nas gravacións que temos, desde os anos 80-90, aparece pouco e sempre en xente maior, de aí a miña afirmación. Mais a lingua (e a variación) sempre é máis rica do que sabemos ou sospeitamos.
November 3, 2025 at 3:56 PM
Xa, pero non se pode dicir así sen completar a información e dicir que foi unha nominación irónica para criticar o pacto de Munich.
October 14, 2025 at 1:14 PM