Xosé Veiras
banner
xoseveiras.bsky.social
Xosé Veiras
@xoseveiras.bsky.social
Biólogo. Activista climático. Promotor do Observatorio Galego da Acción Climática (www.ogacli.org).
A transición enerxética de verdade está tardando moito en chegar ao transporte no Estado español.
December 2, 2025 at 5:13 PM
🏭 A coxeración é o autoconsumo fósil industrial. Malia o "parón", en Galicia emitiu unhas 500.000 toneladas de CO2 en 2024, pouco menos que a central de gas fósil (ciclo combinado) das Pontes.
Autoconsumo só renovábel e electrificar todo o posíbel, directa e indirectamente, o consumo.
November 27, 2025 at 5:20 PM
A presenza de gas renovábel na rede de gas é máis que residual, pero na publicidade de Naturgy xa parece significativa. O que aforra CO2 de verdade, aquí e agora, é mudar gas fósil por electricidade.
November 24, 2025 at 10:46 AM
O descenso das emisións de gases de invernadoiro en España (-6,3% con respecto a 1990) está moi ligado á substitución do carbón na produción eléctrica. As emisións de CO2 asociadas ao petróleo e, sobre todo, ao gas fósil aumentaron.
Por iso, Galicia é unha das CCAA onde máis se reduciron.
November 14, 2025 at 11:28 AM
A produción intensiva (suliño o de intensiva) de leite é tan empobrecedora para o medio natural galego como a de madeira de eucalipto, aínda que moi poucas veces se poñen en pé de igualdade a este respecto. E desde o punto de vista climático é moitísimo peor, polas súas elevadas emisións de GEI.
November 9, 2025 at 1:26 PM
Pois contrariamente ao que algunha xente cre (ou parece crer), Galicia está tamén na parte vermella (intensa) do mapamundi. Cun 71,2% en 2022 (e con máis aínda se se considerasen as importacións brutas de enerxía primaria fósil).
November 3, 2025 at 12:18 PM
Estes son os datos actualizados para Galicia dos principais indicadores climático-enerxéticos, xunto cos obxectivos oficiais para 2030. Que deberían ser máis ambiciosos, nunha década crucial para a mitigación da crise climática.
Máis info: ogacli.org
October 31, 2025 at 10:18 AM
Postos a facer un titular impactante sería máis axeitado poñer que o clima, o factor explicativo máis importante dos lumes, protexe o norte de Galicia (polo de agora). Si, hai máis silvicultura, pero porque o clima (e os solos) fan que sexa moito máis rendíbel.
October 9, 2025 at 11:09 AM
A transición enerxética, no tocante ao crecememento da potencia eléctrica renovábel, parece que en Galicia é cousa máis ben do pasado.
ogacli.org/renovabeis-e...
October 1, 2025 at 8:33 AM
Mentres en Galicia, exportadora de electricidade a Portugal, vemos publicidade na prensa para vender novas caldeiras de gas fósil, combustíbel que importamos de Rusia e os Estados Unidos.
September 29, 2025 at 10:16 AM
Biodiversidade si, pero non así.
September 8, 2025 at 10:54 AM
Acelerar a electrificación do parque de vehículos é chave para que o consumo de combustíbeis de automoción descenda de forma rápida e sostida.
September 3, 2025 at 10:15 AM
Nesta vaga estase a percibir como nunca antes en Galicia que os lumes tamén son un problema de contaminación atmosférica. En particular no referido á emisión de partículas finas (PM2,5), un dos contaminantes máis preocupantes para a nosa saúde.
👉 ogacli.org/emisions-de-...
August 18, 2025 at 10:40 AM
Tapada polo hórreo está a refinaría de petróleo da Coruña, a maior fábrica de cambio climático en Galicia.
July 30, 2025 at 10:16 AM
Vendas mensuais de coches novos por tipos en Portugal e España, en porcentaxe.
May 12, 2025 at 3:20 PM
No informe anual sobre a calidade do aire de Galicia, publicado en abril pasado e referido a 2023.
Dispoñíbel na web de Meteogalicia: t.co/bJBtfpdT0l
May 2, 2025 at 10:30 AM
Por primeira vez, a Xunta avalía os datos sobre a calidade do aire tamén en relación coas recomendacións da OMS.
Evidenciando que, tamén en Galicia, a calidade do aire é ben mellorábel. E que a propia Xunta e todos os Concellos deben deixar de ser tan autocompracentes.
May 2, 2025 at 9:59 AM
🌲 Unha crítica ao excesivo papel que outorga a Xunta ás plantacións forestais como solución climática onde menos se agardaría: na Estratexia de Infraestrutura Verde da propia Xunta (páx. 11).
A principal solución é deixarmos canto antes de usar enerxía fósil.
👉 t.co/YYWiWQoYHQ
April 24, 2025 at 9:52 AM
É significativo que nas áreas costeiras prioritarias de restauración ecolóxica definidas na recentemente aprobada Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia, o tipo de acción máis frecuente necesario é "o control do uso público" reducindo a 0 os seus efectos sobre hábitats de especies protexidas.
March 8, 2025 at 6:20 PM
O obxectivo do Plan de conservación da píllara das dunas en Galicia (2014) é chegar ás 250-300 parellas reprodutoras. Apenas se está a avanzar para acadalo e aínda fica moi lonxe (84 en 2023).

Urxe ordenar o uso público nos espazos protexidos costeiros.

👉 medioambiente.xunta.gal/c/document_l...
March 7, 2025 at 10:59 AM
Por moito que o repita a Xunta, Galicia non é un refuxio climático.
#emerxenciaclimática
February 7, 2025 at 12:08 PM
O "Drill, baby, drill" nos EUA non comezou con Trump. E acaba onde se consome. E aínda que a Trump lle pareza que consumimos pouco, os EUA xa son un dos principais subministradores de petróleo e gas fósil de Galicia e España.
#EndFossilFuels
February 3, 2025 at 12:05 PM
O ano 2024 foi extremadamente cálido en Galicia. O terceiro ano máis cálido das últimas seis décadas.
meteo-estaticos.xunta.gal/datosred/inf...
January 16, 2025 at 6:42 PM
Os combustíbeis fósiles e as tecnoloxías ineficientes asociadas ao seu uso (como os vehículos de combustión) proporcionan pouca enerxía útil. A maioría pérdese.

Renovábeis+electrificación aforran enerxía.
January 9, 2025 at 10:40 AM
Pois Galicia por aí andará, malia pouco ter medrado a potencia renovábel, grazas a un moi bo ano para a produción hidroeléctrica e á eliminación total da potencia con carbón.
E exportando a Portugal unha parte da electricidade que recibiu desde o Estado español.
January 5, 2025 at 5:41 PM