Suso Vila
banner
vilabotanes.bsky.social
Suso Vila
@vilabotanes.bsky.social
Historia e Historia da Arte, falando da raia do Minho, os xudeos e cristiáns novos entre Galicia e Portugal, os Soutomaior e a nobreza transfronteiriça e moita micro historia
Asociar o castelo a Aragonta é moi interesante porque a afasta dunha imaxe de retiro espiritual e a achega a un escenario de poder de aí que esté presente en varios documentos entre o 923 e o 964

A figura da raíña Aragonta mostra indicios de ser moito máis poderosa do que a tradición dicta
December 1, 2025 at 6:04 PM
Os intereses do rei seica estaban detrás deste feo xesto
Aragonta vai voltar ás terras de Tui e vai fundar un mosteiro dúplice, o de Salceda, seguindo a tradición familiar
O castelo da Pena da Rainha (Monção) é un espectacular conxunto de penedos coa lenda da raíña sendo asediada polo rei ⬇️
December 1, 2025 at 6:04 PM
O de xustificar golpes de estado por ter "molestado" a unha minoría xa ven de lonxe
Xa teño escoitado que o tema "woke" provocaba a un "bando" ergo que xustifica a reacción antidemocrática 🙄
November 20, 2025 at 1:40 PM
Que o #terremoto de Lisboa obrigou a facer moitas obras e que os estribos visíbeis hoxe son froito de 1755

O principal responsabel sería R. Rodríguez Blanco en 1879, e logo unha serie de eruditos e historiadores que cometeron o mesmo erro de asociar Lisboa e arcos codais

A historia é máis complexa
November 18, 2025 at 4:32 PM
Aquí aparece a figura do mestre de obras Domingo Novás, por unha módica cantidade vai facer as obras necesarias para manter o edificio, non moi estético pero conserva o edificio medieval

Son estas obras que rematan en 1795 xunto coa percepción de mal estado do edificio as que provoquen un erro 👇🏻
November 18, 2025 at 4:32 PM
O impacto do raio sobre machóns do cimborrio, claves de bóvedas e retábulos obrigan ao cabido a facer obras
O arquitecto F. Domínguez Romay, da #Coruña analizaría o templo en 1794, a súa conclusión sería a de facer unha nova catedral
A cousa non era tan fácil, era moi caro facer un novo edificio 👇🏻
November 18, 2025 at 4:32 PM
A catedral de #Tui sumou dos estilos, o románico e o gótico
As proporcións en altura do edificio e as diferenzas de cota no lugar onde se asenta fixeron que ao longo dos séculos os movementos a un e outro lado obrigasen a reforzar o seu interior

En 1791 un raio vai cair sobre a catedral
November 18, 2025 at 4:32 PM
Coas obras da capela de San Telmo en 1735 sería colocado outro estribo no transepto sur

En 1755 co #terremoto de Lisboa a catedral xa estaba reforzada, por iso que os seus efectos non se sentisen moito e o bispo e cabido celebrasen este feito como milagre de San Telmo

Por qué estes problemas? 👇🏻
November 18, 2025 at 4:32 PM
F. Ávila y La Cueva, en 1852, apunta este feito e das dúbidas que ten sobre esa data de 1224-1225, da que non puido atopar nada
O único certo é o que nos dí Lucas: "Generosus etiam stephanus tudensis episcopus cuisdem ecclesiam magnis lapidibus consumavit et ad consagrationem usque perduxit"
November 4, 2025 at 9:58 AM
A referencia a 1225 procede do ceremonial de Alcoba, manuscrito de comezos do s. XVII
En 1645 R. Méndez de Silva dí que se consagrou en 1224
Ambos datos sen aportar procedencia do dato
O bispo Sandoval en 1611 ou Enrique Flórez en 1767 non dan data certa de consagración ⬇️
November 4, 2025 at 9:58 AM
Xunto ao muro #medieval tamén apareceu un muro de orixe romana o que mostra a complexidade de Tui e o seu urbanismo
O mito do seu traslado en 1170 non é confirmado nin pola arqueoloxía nin a documentación
De feito o outeiro catedralicio permaneceu habitado e ocupado ao longo dos séculos
October 28, 2025 at 10:47 AM
Os estados nacional-católicos de Salazar e Franco modificaron a vida e relacións que existían na fronteira até o s. XIX
Os veciños dunha banda e outra do Miño estaban acostumados a vivir doutro xeito, no s. XX isto mudou cara o clasismo, as elites e o control social
Unha interesante liña de estudo
October 23, 2025 at 9:27 AM