Campus Vigo Tecnolóxico
banner
vigotecnoloxico.bsky.social
Campus Vigo Tecnolóxico
@vigotecnoloxico.bsky.social
Vigo Tecnolóxico é o Campus de Especialización da @uvigo.bsky.social que aglutina as competencias científicas e tecnolóxicas nos ámbitos da telecomunicación, tecnoloxías, enerxía e procesos industriais.
🌐 https://vigotecnoloxico.uvigo.es/
Pinned
#FacendoPlus, liderado por #Stellantis, xunta esforzos dos centros de #investigación #atlanTTic e @cintecx.bsky.social; dos centros tecnolóxicos AIMEN, CTAG, EnergyLab e @gradiantct.bsky.social; e das empresas Merasys, Probotec, SFC Solutions e Unimate: transformando a #automoción ▶️ i.gal/facendop
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
🥇 No seu último ránking, Dyntra sitúa a Universidade de Vigo como a primeira administración pública galega e a terceira universidade de España máis transparente.
November 28, 2025 at 9:03 AM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
🐣 ¿Aínda en modo pitiño na incubadora? ¡É hora de saír do cascarón… da zona de confort!

Se es estudante da Universidade de Vigo e tes unha idea (aínda que sexa un garabullo nunha servilleta 🧻) 

🚀 Apúntate a INCUVI 

👉 LINK en BIO

🔂 Comparte se coñeces a alguén que necesite eclosionar xa 😏
November 27, 2025 at 1:24 PM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
Onte, algúns dos nosos estudantes participaron nun obradoiro para aprender a arquitectura básica da tecnoloxía Angular. O curso, de hora e media, foi impartido por Francisco Javier Ramos Condés, Xestor de Proxectos en Altia.

#orientaTE
November 27, 2025 at 10:11 AM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
📹 Na lista "Dálle ao play" da nosa canle de YouTube tes á túa disposición vídeos sobre os eventos que se levan a cabo na UVigo. Un recurso de comunicación ao servizo da comunidade universitaria. 🚀

➡️ https://f.mtr.cool/hvacposcux

#RecCom
Enjoy the videos and music that you love, upload original content and share it all with friends, family and the world on YouTube.
f.mtr.cool
November 26, 2025 at 1:04 PM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
Varios docentes de #TelecoVigo participarán na xornada sobre semiconductores e microelectrónica, organizada pola fundación Provigo o 11 de decembro: Rebeca Díaz como directora da Escola, Mónica Fernández como investigadora de AtlanTTic e Francisco Díaz como CEO de Sparc.

🡆 bit.ly/XornadaSemic...
November 26, 2025 at 9:57 AM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
🐣 Unha nova convocatoria INCUVI xa está aberta!

💡 Tes unha idea e queres levala ao seguinte nivel?

🧑‍🏫 En INCUVI atoparás apoio, formación e titorización para transformar o teu proxecto nunha realidade.

✨ É o teu momento. Atrévete e presenta a túa candidatura.

🔗 LINK en BIO

@uvigo.bsky.social
November 25, 2025 at 6:25 AM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
O pasado venres celebrouse na nosa Escola a VI Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común, da rede #Artigo9tech. Neste encontro anual falouse dos éxitos e dos desafíos cando se traballa en cooperación na universidade e deronse a coñecer diversos proxectos.
November 24, 2025 at 4:28 PM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
Último día para inscribirse na VI Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común -Educación, investigación e cooperación para o desenvolvemento nas universidades galegas- da rede #Artigo9tech, que se celebra mañá en #TelecoVigo!
O próximo venres 21 celébrase en #TelecoVigo a VI Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común de #Artigo9Tech. Nesta cita anual falarase dos éxitos e problemas de traballar en cooperación na universidade, e coñecerás diversos proxectos.

Inscríbete en bit.ly/VIXornArtigo... e en Moovi
November 20, 2025 at 2:22 PM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
Grazas aos exalumnos e exalumnas David Vázquez Padín, Adrián Lugilde, Alicia Meleiro e Ainhoa Morales por vir compartir a súa experiencia como investigadores en AtlanTTic co estudantado dos primeiros cursos! Foi na 3ª charla do ciclo #integraTE 'Café &...'

#conexionTeleco
November 20, 2025 at 12:04 PM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
Descubre o futuro das aplicacións web con Angular, neste obradoiro que impartirá Francisco Javier Ramos Condés, xestor de proxectos en Altia, o próximo mércores de 13:00 a 14:30.

Inscríbete ata o 25/11 na materia PAT de Moovi!
November 19, 2025 at 3:50 PM
Este mediodía!
Non perdas esta charla mañá, na que varios exalumnos de #TelecoVigo contan como foi quedarse a investigar na Escola!
O mércores, 19 de novembro, nova charla do ciclo #integraTE "Café & ...", centrada na investigación que se fai na Escola. Catro alumnos de #TelecoVigo que se quedaron a investigar dentro de AtlanTTic, compartirán a súa experiencia con alumnado de 1º e 2º do grao 👌

#beTelecoVigo
November 19, 2025 at 7:17 AM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
O docente de #TelecoVigo e investigador de AtlanTTic Íñigo Cuiñas e a docente da #EEI Itziar Goicoechea son os editores dun libro-guía para integrar o desenvolvemento das soft skills na formación en enxeñaría

www.uvigo.gal/universidade...
Investigadores da UVigo plasman a súa experiencia internacional en 'soft skills' nun volume publicado pola IET
As soft skills son competencias transversais, como a comunicación, o traballo en equipo, a planificación, o pensamento crítico ou a resolución de conflitos, que complementan o coñecemento técnico prop...
www.uvigo.gal
November 17, 2025 at 10:48 AM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
O próximo venres 21 celébrase en #TelecoVigo a VI Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común de #Artigo9Tech. Nesta cita anual falarase dos éxitos e problemas de traballar en cooperación na universidade, e coñecerás diversos proxectos.

Inscríbete en bit.ly/VIXornArtigo... e en Moovi
November 14, 2025 at 10:26 AM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
En Indra están a buscar diversos perfís para a súa sede de Vigo: Desenvolvedor/a SW, Enxeñeiro/a senior Procesado de Sinal, Enxeñeiro/a senior Desenvolvemento HW...

As persoas interesadas poden escribir a [email protected]

#empregoTelecoVigo #conexionTeleco
November 14, 2025 at 12:00 PM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
Asínase un novo convenio da Cátedra InterUniversitaria en Ciberseguridade coa empresa R. Revalídase así por 4 anos máis, co obxectivo de seguir colaborando na docencia e na investigación, especialmente no referente ao Máster Interuniversitario en Ciberseguridade
November 13, 2025 at 4:02 PM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
O mércores, 19 de novembro, nova charla do ciclo #integraTE "Café & ...", centrada na investigación que se fai na Escola. Catro alumnos de #TelecoVigo que se quedaron a investigar dentro de AtlanTTic, compartirán a súa experiencia con alumnado de 1º e 2º do grao 👌

#beTelecoVigo
November 12, 2025 at 12:12 PM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
DATAlife DIH lanza o curso 'Saúde Dixital: introdución aos sensores conectados no sector da saúde e os servizos sociosanitarios', impartido polos docentes de #TelecoVigo e investigadores de AtlanTTic José Carlos López Ardao e Juan Santos Gago.

www.gciencia.com/perspectivas...
Da IA á Internet das Cousas: como as novas tecnoloxías melloran a atención aos pacientes
Unha formación pioneira impulsada por DATAlife mostrará como as ferramentas dixitais poden transformar a xestión asistencial en Galicia
www.gciencia.com
November 12, 2025 at 10:31 AM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
Inscríbete xa nas #TelecoGamesbit.ly/InscripcionO...

Participa en equipo e desenvolve un prototipo (baseado en calquera plataforma programable co IDE de Arduino) que mostre como as telecomunicacións axudan ao cumprimento dalgún ODS!
November 11, 2025 at 10:44 AM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
As delegacións de alumnado de varias escolas e facultades da @uvigo.bsky.social unen forzas para unha recollida solidaria de Nadal.

Podes deixar as túas achegas (xoguetes, roupa ou material escolar) na caixa de recollida solidaria na entrada de #TelecoVigo. Cada pequeno xesto, conta!
November 10, 2025 at 3:33 PM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
En @lavozdegalicia-bot.bsky.social hoxe entrevistan a Diego Nodar, cofundador da empresa Alén Space (membro de #conexionTeleco) e exalumno de #TelecoVigo.

#beTelecoVigo
Diego Nodar, del equipo de Alén Space: «Aspiramos a llegar a la Luna»
El cofundador de la empresa con sede en Nigrán asegura que «fue más difícil montar una empresa que hacer satélites»
www.lavozdegalicia.es
November 7, 2025 at 10:31 AM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
Interesante workshop sobre tecnoloxías cuánticas organizado por @gradiantct.bsky.social, empresa membro de #conexionTeleco. Será os días 24 e 25 de novembro!
#𝗤𝘂𝗮𝗻𝘁𝘂𝗺𝗧𝗲𝗰𝗵𝗻𝗼𝗹𝗼𝗴𝗶𝗲𝘀: El 24 y 25 de noviembre reunimos a expertos europeos para debatir sobre computación, sensórica y comunicaciones cuánticas⚛️
📍 Auditorio Mar de Vigo
🔗 Inscríbete: https://gradiant.org/workshop-quantum-technologies/
#Gradiant #QUORUM #CDTI #NextGenerationEU
November 6, 2025 at 12:25 PM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
⚠️ A UVigo convoca un proxecto piloto de acompañamento psicolóxico para o estudantado con dificultades derivadas da súa actividade académica con asistencia a tres sesións de balde.

➡️ https://f.mtr.cool/ijdjrhuuss

#XeraciónUVigo
November 6, 2025 at 8:02 AM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
Nesta edición das #TelecoGames temos unha nova categoría de 1º e 2º de ESO, para que o estudantado máis novo tamén poda participar!

Inscríbete antes do 12 de decembro. Toda a info en bit.ly/TelecoGames.

#olimpiadasteleco
November 4, 2025 at 11:26 AM
Queres saber como Cu, U, Au e Ag chegan ata nós? A EE de #MinaseEnerxía presenta o relatorio "Avaliación do sistema Cu-U-Au-Ag de Olympic Dam: tipoloxía", por Francisco R. Falguera
📅Mér 26 de novembro de 2025
🕘 09:00 h
📍 Sala de Graos da EEME
November 4, 2025 at 9:48 AM
Reposted by Campus Vigo Tecnolóxico
#CIBERgal2025 | O 5 haberá unha mesa redonda sobre os retos da compartición de datos entre administracións, moderada por Fernando Pérez, docente de #TelecoVigo. 0 6, será a entrega dos Premios Cátedra R en ciberseguridade e o 7 presentaranse os traballos premiados
November 3, 2025 at 1:55 PM