Rosa Crujeiras
banner
rosacrujeiras.gal
Rosa Crujeiras
@rosacrujeiras.gal
Profesora de Estatística e Investigación Operativa na @usc.gal. Directora Científica do mellor equipo de matemáticas e matemáticos do mundo no CITMAga.
Parabéns Wenceslao! Un recoñecemento máis que merecido a unha carreira brillante dedicada á investigación e á docencia en Estatística e Investigación Operativa.

Un orgullo para a USC e para toda a comunidade científica!
Wenceslao González Manteiga ingresará na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España | Universidade de Santiago de Compostela
O profesor da USC Wenceslao González Manteiga ingresará na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España, Sección de Ciencias Matemáticas. Así o acordou a sesión plenaria desta inst...
www.usc.gal
November 28, 2025 at 10:13 PM
Un día para celebrar o talento e a lingua 🩵 👅 Coincidindo co Habelas, vivimos a emocionante entrega de premios dos concursos Galipedia e Explícoche Matemáticas 2.0.

Dúas iniciativas que demostran como a lingua galega e o razoamento matemático son un binomio perfecto para a innovación.
November 28, 2025 at 10:30 AM
Son Rosa Crujeiras e preséntome para ser a próxima reitora da Universidade de Santiago de Compostela.
November 27, 2025 at 10:13 AM
Reposted by Rosa Crujeiras
A miña profunda preocupación por un acordo que adoece dunha análise rigorosa das implicacións académicas e debilita á USC.

Lamento que o debate ignore o interese do estudantado, ameazando a calidade da formación médica consolidada no noso campus.
Comunicado sobre o grado de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela
A identidade da USC confórmase por numerosos elementos materiais e inmateriais facilmente recoñecibles na súa historia, na estrutura dos seus campus, na contorna na que se localiza e no seu carácter p...
www.linkedin.com
November 24, 2025 at 4:25 PM
Un auténtico pracer ter participado na mesa “Mentiras, malditas mentiras e estatísticas” no XXXVIII Congreso de Ensinantes de Ciencias de Galicia (Enciga).
November 22, 2025 at 8:10 AM
Grazas de corazón polas túas palabras, María Alonso.

As referentes importan porque; non se pode ser, o que non se ve. Cada muller que estamos no mundo da ciencia, estamos a abrir un camiño para as científicas de mañá.

Estou segura de que ti serás a referente doutras moitas compañeiras.
November 19, 2025 at 4:22 PM
Un pedazo agasallo que me fixo moita ilusión!

Hoxe en PEMADE, fixéronme este detalle. É unha peza de laboratorio para comprobar as propiedades da madeira. Un recordatorio físico do incrible traballo que se fai aquí.

 É un orgullo ver a investigación e innovación que se potencia dende a nosa casa.
November 19, 2025 at 9:53 AM
Os avances máis significativos xorden da intersección, do diálogo entre disciplinas que, á primeira vista, parecen distantes.

Este é o espírito que impregna a celebración deste ano do San Alberte Magno, patrón das ciencias, organizada pola Facultade de Bioloxía.
November 17, 2025 at 10:06 AM
Última clase co meu alumnado de Modelos de Regresión e Análise Multivariante no Grao en Matemáticas. Foi un grupo fantástico, atento, participativo e co que desfrutei moitísimo.
November 14, 2025 at 10:45 AM
Reposted by Rosa Crujeiras
As mulleres sempre estiveron presentes nas matemáticas, tanto como alumnas como profesoras e investigadoras, aínda que historicamente moitas veces permaneceron invisibles.

As orlas da USC demostran que, desde as primeiras promocións, as mulleres xogaron un papel central nesta ciencia.
Mulleres e matemáticas: cando as orlas desminten un mito de xénero moi estendido
Unha mirada ás promocións históricas da USC revelan a presenza e influencia feminina nunha disciplina tradicionalmente considerada masculina
www.gciencia.com
November 12, 2025 at 4:30 PM
A nosa compañeira do @citmaga.bsky.social, Elena Vázquez, acaba de ser recoñecida nos premios de divulgación da USC.

Moitos parabéns a @elenaabal.bsky.social e @magago.bsky.social por este recoñecemento.
A primeira edición dos premios á divulgación científica da USC recoñecen o labor de Elena Vázquez Abal e Manuel Gago Mariño | Universidade de Santiago de Compostela
Elena Vázquez Abal e Manuel Gago Mariño acaban de ser recoñecidos no marco da primeira edición dos premios á divulgación científica da USC. A profesora da Facultade de Matemáticas impúxose na modalida...
www.usc.gal
November 13, 2025 at 2:40 PM
Lugo está presente na USC que quero. Levo tempo escoitando e traballando nos problemas que atinxen a este campus e a partir de 2026 devolverémoslle o lugar que se merece.

É unha sorte para min contar con @rbande.bsky.social para asumir a vicerreitoria de coordinación do campus.
Rosa Crujeiras, primera de las candidatas a rectora de la USC que fija posición sobre Lugo
Catedrática de Matemáticas, apuesta por el decano de Ade como vicerrector del campus lucense y defiende que Enfermería debe mantener tanto la titulación como la independencia
www.elprogreso.es
November 12, 2025 at 10:02 AM
Comecei este novo curso académico coa certeza de que non vai ser un ano máis. Convídovos a percorrer canda min este camiño, coa convicción de que, sumando esforzos e talentos, podemos seguir construíndo unha USC máis innovadora, próxima e comprometida co futuro da nosa sociedade.
November 10, 2025 at 10:52 PM
Como anunciei antes do verán, presentei a miña candidatura ás eleccións da USC para ser a nova reitora.

Un decisión que é froito de anos de traballo e conversas con compañeiros e compañeiras que queren pór en valor a nosa universidade.
«Ser a primeira reitora sería un privilexio,pero o máis relevante é non ser a última»
Rosa Crujeiras (1978, Ribeira), catedrática de Estadística e Investigación Operativa e directora científica do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aposta por formar a...
www.elcorreogallego.es
November 9, 2025 at 9:24 AM
Desfrutando da #CienciaSingular dos nosos centros de investigación cos máis pequechos da casa. Primeira parada Cimus e continuamos pola tarde Cretus.
November 8, 2025 at 4:26 PM
Esta tarde tiven o honor de formar parte do grupo do Congreso Internacional Symmetry and Shape recibidos pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Un congreso que reúne na cidade a representantes de máis de quince países e que homenaxea o referente mundial deste campo, como é Enrique Olmos.
November 6, 2025 at 9:54 PM
Clausura do III Congreso Galego de Resultados en Saúde.
October 29, 2025 at 8:24 AM
Traballando dende a estatística para mellorar resultados en saúde. Un auténtico pracer participar no II Congreso Galego de Resultados.
October 28, 2025 at 7:02 AM
Con Anabel Forte, colega e grandísima divulgadora, no Congreso da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións.
October 24, 2025 at 12:17 PM
Presentando a charla plenaria no XVII Congreso da SGAPEIO, Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións en Ourense.
October 24, 2025 at 10:17 AM
Quero agradecer o convite a Asemblea Investigadoras da USC e a Rede Galega pola Investigación por convidarme ás as IV Xornadas de Cultura Laboral en Investigación (J-CLI 2025) baixo o lema “Ciencia con dereitos: resistencia fronte á barbarie”.
October 22, 2025 at 5:22 PM
No acto de entrega dos Premios Nacionais de Investigación e Premios Nacionais de Investigación para Mozos 2024.

Moitos parabéns ás galardonadas Cristina Blanco e Verónica Bolón da Universidade da Coruña e Beatriz Pelaz da Universidade de Santiago de Compostela.
July 7, 2025 at 8:59 AM
✍️ OPINIÓN | A formación de profesionais sanitarios é clave para o futuro da saúde en Galicia. É fundamental apostar pola USC neste reto.
Fortalecer a formación médica en Galicia dende a Universidade de Santiago
Ao respecto da consideración da posible fragmentación dos estudos de Medicina, ademais das paixóns centrífugas desatadas, chama a atención a falta de evidencias que xustifiquen as demandas e reivindic...
www.lavozdegalicia.es
June 25, 2025 at 10:36 AM
O Mestrado en Matemáticas da USC é moito máis que un título. É un piar fundamental.

Explico a súa importancia no seguinte fío (🧶)

📷 Xoán Álvarez
June 24, 2025 at 2:34 PM