Odafé
banner
odafe.me
Odafé
@odafe.me
Arrombador de bits e acumulador irredento de coñecemento inútil. Roñón experto. Repítome en @danfenz.dev
E ese "Juan" como está escrito? "Jũ"? "Jn᷃"? Coñezo "Jn." como abreviatura, pero ese "n" parece o mesmo que o "u" de Malfurado, non?
November 12, 2025 at 2:59 PM
Pois non fagas porra nun mundial se non queres acabar dando berridos cos goles dun Honduras - Zimbabwe.
November 9, 2025 at 10:20 PM
No seu momento os monovolumes foron un invento fabuloso. O coche familiar perfecto. Espazo ben aproveitado, orientación familiar, máis sitio para gardar cousas ca nos armarios de casa…

Agora están en extinción, reliquias dunha era na que os coches servían para algo máis que para ensinar ao veciño.
November 9, 2025 at 3:16 PM
E como non importa que o coche por dentro pareza un Twingo, fabrícano coa mesma plataforma que o Twingo. Levántano 15 centímetros, estírano outros tantos, poñen uns paragolpes enormes, inúndante con fotos de familias felices facendo surf e vivindo a vida a tope… e a fabricar barato e vender caro.
November 9, 2025 at 3:16 PM
O espazo interior é menor nos enormes coches novos porque xa non se optimiza. Porque xa ninguén o pide.

Porque con tal de ter un SUV que che proporcione unha reconfortante sensación de emoción e vida de aventuras que non tes no mundo real, dáche o mesmo que por dentro pareza un Twingo.
November 9, 2025 at 3:16 PM
Unimos iso á tendencia das dúas últimas décadas de facer coches cada vez máis grandes pero con cada vez menos espazo interior, e resulta todo un desastre.

Hai quen di "é que agora o espazo interior é menos porque o coche é máis seguro". Non, para nada. Iso é unha porcentaxe mínima da razón.
November 9, 2025 at 3:16 PM
A industria do automóbil europea decidiu hai anos que unha familia son dous adultos e dous nenos, e listo. Se queres levar máis xente de maneira habitual, ofrécenche furgonetas reconvertidas. Se non queres meter á túa familia aí porque non son seguras nin cómodas… pois tiveras menos fillos.
November 9, 2025 at 3:16 PM
Os coches de 5 prazas? O 99% son de 4 prazas e media. Podes meter a unha persoa atrás no medio... incómoda, mal e cos pés retorcidos. Ou nin iso.

Os coches de 7 prazas? A gran maioría son de 4 prazas enteiras e 3 medias prazas: nin no medio da segunda fila nin na terceira fila caben seres humanos.
November 9, 2025 at 3:16 PM
Apenas se vendían nin se venden coches en España capaces de levar tres cadeiras de neno mínimamente seguras. Literalmente 5 ou 6 modelos de coche.

Xa non necesito tres cadeiras pero a situación segue sendo a mesma, e segue sen haber máis de 5 ou 6 modelos que realmente poidan levar 3 persoas atrás.
November 9, 2025 at 3:16 PM
Hai anos nos concesionarios flipaban comigo cando chegaba e, antes de que me puidesen contar nada, sacaba un metro e poñíame a medir os asentos de atrás. E na maioría de marcas, seguidamente dicía "síntoo, non me vale ningún dos vosos coches, adeus". Alucinaban, claro. Pero máis alucinaba eu.
November 9, 2025 at 3:16 PM
Para ler moitas horas, é moitísimo máis cómoda e saudábel para os ollos a tinta electrónica que a pantalla dunha tablet. E aínda moitísimo máis en situacións de pouca luz (de noite) ou de moita (ao aire libre).
November 3, 2025 at 9:25 PM
En resumo, dende que abandonei a plataforma Kindle nunca tiven razóns para mirar atrás.

Estou encantado co meu PocketBook e o sistema de Adobe DRM, nunca deixo de atopar un título que me interesa (e exista en ebook) e os meus fillos usan moitísimo o préstamo das bibliotecas.

Fabuloso.
November 3, 2025 at 6:24 PM
E que tal os dispositivos?

Tamén moito máis onde elixir en fabricantes, prezos e características, pero a min gústanme moito os lectores de PocketBook: pocketbook.es, empresa que ten tamén a súa propia tenda de libros onde… nunca compro :-) Son as vantaxes dunha plataforma aberta.
Tienda oficial PocketBook, la Mejor Librería online de España | Recomendaciones de libros digitales para leer PDF, ePub
Comprar libros electrónicos del fabricante oficial Pocketbook. Encuentra los mejores libros y recibe sugerencias de lectura de calidad. Sumérgete en historias fascinantes con nuestras recomendaciones ...
pocketbook.es
November 3, 2025 at 6:24 PM
E para comprar? Miles de opcións.

Eu personalmente entre Casa del Libro, FNAC/Kobo, eBooks.com e Bertrand.pt cubro as miñas necesidades en galego, castelán, portugués e inglés. Pero obviamente hai tanta variedade de librarías online no mundo como se poida necesitar.
eBooks.com: Buy Fiction, Non-Fiction, and Textbooks Online
eBooks.com is a leading retailer of ebooks, with a vast range of ebooks from academic, popular and professional publishers.
eBooks.com
November 3, 2025 at 6:24 PM
Que usan estas bibliotecas? O sistema que hoxe en día é xa o estándar de facto en libro electrónico: ePub con Adobe DRM.

Un sistema que permite establecer restricións (propiedade, préstamo temporal, etc.) pero moito máis flexíbel e moito máis aberto. E o formato? O mesmo, os libros lense igual.
November 3, 2025 at 6:24 PM
Van moi ben, pode accederse a elas cos carnets das bibliotecas "físicas", e hai moitos títulos. Pero claro, non usan formato Kindle, nin pode usarse un Kindle para acceder a elas, porque o Kindle só vale para comprar libros en Amazon. Non entende de "préstamos".
November 3, 2025 at 6:24 PM