Mundodisco en Galego🛰️
banner
mundodiscog.bsky.social
Mundodisco en Galego🛰️
@mundodiscog.bsky.social
Conta adicada a tradución diaria ao galego de frases do Mundodisco de Sir Terry Pratchett. Agora en Bluesky #GNUTerryPratchett
Pinned
“Polas profundidades insondables do espazo nada a tartaruga estelar, Gran A’Tuin, que transporta sobre a súa coiraza aos catro elefantes xigantes que a súa vez soportan sobre os seus lombos a masa do Mundodisco.
a turtle with elephants on its back and a flat earth on top
Alt: a turtle with elephants on its back and a flat earth on top
media.tenor.com
“O exceso de maxia podía retorcer o tempo e o espazo e iso non era unha boa noticia para as persoas acostumadas a certas comodidades, como por exemplo que os efectos vaian precedidos das causas”.

Refeiticeiro (Sourcery)
January 25, 2026 at 4:13 PM
“Fan falla corenta homes cos pés no chan para soster a un home que ten a cabeza entre as nubes”.

Deuses Menores (Small Gods)
January 24, 2026 at 4:54 PM
“Era tan relambido que apenas se entendía o que dicía. Mais que falar, emitía un bocexo modulado”.

Zas! (Thud!)
January 23, 2026 at 3:42 PM
“Camiñou con decisión, a sabendas de que ninguén que estea arremangado e camiñe con decisión ostentando un papel na man soe espertar sospeitas”.

Imaxes en Acción (Moving Pictures)
January 22, 2026 at 4:55 PM
“Cren que as palabras escritas son máis poderosas. Cren que calquera cousa escrita é maxia, e as palabras lles preocupan. Ves as súas espadas? Emiten unha luz azul en presencia de avogados”.

Os Pequenos Homes Libres (The Wee Free Men)
January 21, 2026 at 5:21 PM
“Para os humanos é esencial usar o pronome en singular. Divide o universo en dúas partes. A escuridade de detrás dos ollos, onde está a voceciña, e todo o demais”.

-Lady LeJean

Ladrón do Tempo (Thief of Time)
January 20, 2026 at 3:46 PM
“—É que non tes nin un pouco de romanticismo?
—Non. Nin un chisco. E ás estrelas impórtalles un nada o que desexes, e a maxia non pode mellorar as cousas, e ninguén mete a man no lume sen queimarse!
January 19, 2026 at 4:59 PM
“Sempre había papelame. Xa se sabe que calquera campaña para reducir o papelame só produce máis papelame”.

Snuff
January 18, 2026 at 4:02 PM
“O que dixo que non se pode enganar a un home honesto non o era”.

Diñeiro a Moreas (Making Money)
January 17, 2026 at 5:04 PM
“—Oh... e Sorpresa de Bacon.
EN SERIO? E QUE TEN DE SORPRENDENTE O BACON?
—Non sei. Supoño que para o porco debeu ser unha sorpresa”.

Tempos Interesantes (Interesting Times)
January 16, 2026 at 4:08 PM
“Iso non é máis que unha lenda. Non é real. E de todos modos, esa historia sempre me tivo un pouco perplexo.
January 15, 2026 at 4:09 PM
“Era case imposible saber en que estaba pensando e ninguén llo preguntaba nunca. A razón máis obvia para iso era que Vorbis estaba á fronte da Quisición, cuxa labor consistía en facer todas aquelas cousas que era preciso facer e que outras persoas preferirían non ter que facer.
January 14, 2026 at 5:00 PM
“Cando se casa, a realeza recibe cousas moi pequenas, como ovos de reloxería exquisitamente construídos, ou artigos enormes e bastante voluminosos, como duquesas”.

Lores e Damas (Lords and Ladies)
January 13, 2026 at 4:20 PM
“Iso era o que tiña o lume. Se se vía un, todo o mundo ía a apagalo. Os incendios podían estenderse coma incendios”.

O País do Fin do Mundo (The Last Continent)
January 12, 2026 at 4:16 PM
“Pero a maxia nunca é tan simple como a xente cre. Ten que obedecer certas leis universais. E unha delas é que non importa canto custe facer algo, unha vez se teña feito volvérase moito máis doado e polo tanto farase moi a miúdo”.

Mascarada (Maskerade)
January 11, 2026 at 5:04 PM
“O gran problema é que todo o mundo quere que haxa alguén que lle lea a mente e logo faga que o mundo funcione como debería”.

- Capitán Cenoria Fundidordeferrosson (Captain Carrot Ironfoundersson)

Pés de Barro (Feet of Clay)
January 10, 2026 at 4:33 PM
“Aventuras! A xente falaba daquela idea como se fose algo que pagase a pena, no canto dun desastre composto de comida mala, falta de sono e xente estraña que intentaba inexplicablemente cravar obxectos afiados en partes dun”.

Tempos Interesantes (Interesting Times)
January 9, 2026 at 4:36 PM
“Onde estaba a xustiza? Así se lle recompensaba por ser un convencido crente na reencarnación durante case cento trinta anos? Reencarnándose nun cadáver?
Non era de estrañar que os non-mortos se consideraran tradicionalmente unha criaturas moi furiosas”.

O Segador (Reaper Man)
January 8, 2026 at 4:08 PM
“Un par de Asasinos vestidos de negro cortáronlle o paso, dunha maneira moi cortés que aínda así indicaba claramente que a descortesía era unha opción futura”.

Homes de Armas (Men at Arms)
January 7, 2026 at 4:44 PM
“—A min tampouco me ven! —exclamou Mort. Pero se eu son real!
A REALIDADE NON SEMPRE É O QUE PARECE, comentou a Morte. DE TODOS MODOS, SE NON QUEREN VERME A MIN, É OBVIO QUE TAMPOUCO QUEREN VERTE A TI. SON ARISTÓCRATAS, RAPAZ. DÁSELLES BEN ISO DE NON VER AS COUSAS”.

Mort
a group of women in costume are holding fans and one of them is saying " ugh peasants "
Alt: GIF no que un grupo de mulleres da alta sociedade francesa do século 18 din "Ugh, peasants", mentres moven os seus abanicos e poñen cara de noxo.
media.tenor.com
January 6, 2026 at 10:37 AM
“De feito, estaba irremediablemente tolo e alucinaba de forma máis ou menos continua, pero grazas a un arranque notable de pensamento lateral os demais meigos razoaran que, sendo así,
January 5, 2026 at 3:49 PM
“—As dúas son maxias. Se non sabes cabalgar sobre un elefante, polo menos aprende a montar a cabalo.
—Que é un elefante?
—Unha especie de teixugo —respondeu Ceravella.
Se fora por aí admitindo a súa ignorancia, non tería conservado a súa credibilidade durante corenta anos”.
January 4, 2026 at 4:22 PM
“Por desgraza, e como é habitual nas persoas incapaces de facer as cousas ben, o arquichanceler sentíase moi orgulloso do ben que sabía facer as cousas. Confiar en Ridcully para unha xestión eficaz equivalía a confiar no rei Herodes para a Asociación Recreativa Infantil de Belén”.
January 3, 2026 at 4:17 PM
“O que máis lle gusta aos heroes son eles mesmos”

-Rincewind

A Cor da Maxia (The Colour of Magic)
January 2, 2026 at 4:32 PM
“O roubo era o único crime que había, xa fora o botín ouro, inocencia, terra ou vida”.

Voto a Bríos! (Jingo)
January 1, 2026 at 4:23 PM