Moisés Barcia
mbarcia.bsky.social
Moisés Barcia
@mbarcia.bsky.social
Tradutor e editor galego
December 1, 2025 at 8:58 PM
Ultimamente óese empregar moito a palabra "ventorro", que non ten nada que ver con "vento", senón con "venta".
November 24, 2025 at 4:11 PM
Acabado de chegar da imprenta.
November 24, 2025 at 11:46 AM
Tamén mo dicía a veciña, a señora Saladina: “Filliño, tes que abrir as ventás para airear”. Pero unha das características das casas pasivas é que teñen un sistema de ventilación mecánica con recuperador de calor que funciona as 24 horas. Seguramente non hai casa mellor ventilada ca unha passivhaus.
November 22, 2025 at 7:44 PM
Paga a pena visitar a sala Lugrís que acaba de abrir o museo Massó de Bueu, e logo visitar na mesma vila a capela dos Santos Reis e ver en pedra os deseños que antes fixo o artista en papel.
November 22, 2025 at 5:51 PM
Fóra/dentro SEN CALEFACCIÓN de ningún tipo. #passivhaus
November 22, 2025 at 9:07 AM
Estes exemplos, collidos dunha obra castelá recentísima, mostran o avance da elipse verbal, calco sintáctico inglés cada vez máis presente en textos concibidos en castelán ou galego por autores que adoptan a sintaxe inglesa como elemento estilístico. #efectoanagrama
November 22, 2025 at 8:18 AM
Saír da baiuca e lembrar quen te vai levar de volta á casa.
November 21, 2025 at 7:59 PM
En breve vas ter este, que trata o asunto.
November 21, 2025 at 11:27 AM
O ç mantémolo por coherencia coa voz “curaçao” que recolle a RAG para o licor de laranxa. Para proposta “arriscada” témo-la da RAE.
November 19, 2025 at 10:42 PM
Pois é practicamente coma en portugués.
November 19, 2025 at 10:08 PM
A nosa proposta é esta.
November 19, 2025 at 7:12 PM
Imos a un ritmo de mil novas entradas cada ano.
November 18, 2025 at 12:51 PM
Bo día! Este mes o rinodicionario pasou das 32.000 entradas.
November 18, 2025 at 9:23 AM
Un coñá espléndido, o Hennessy. Moito se gasta nesta casa. 🥃
November 12, 2025 at 1:37 PM
Acabado de chegar da imprenta.
November 11, 2025 at 12:26 PM
A finesse das definicións da RAE en pleno século XXI.
November 11, 2025 at 9:17 AM
De farra cos amigos.
November 8, 2025 at 9:14 PM
Se hai mellor metáfora do país ca un tractor John Deere embarrancado cun eucaliptal de fondo non se me ocorre agora mesmo. O concepto debémosllo ó gran Fran Ferreiro, o primeiro galego que merecerá as Letras Galegas polos seus artigos xornalísticos.
November 7, 2025 at 9:47 PM
Era isto. Non sei por que o borraron.
November 7, 2025 at 9:01 PM
Que porcentaxe do PIB e do emprego galegos vos parece que cabería agardar deste nivel de ocupación do territorio por parte das plantacións masivas de eucalipto? Resposta no seguinte chío.
November 2, 2025 at 7:35 PM
Algúns vían nisto unha árbore (xenealóxica), pero os franceses vían o pé dun grou: "pied de grue". Os anglosaxóns leron e escribiron ese concepto ó seu xeito, e hoxe temos o "pedigree".
November 2, 2025 at 8:23 AM
Pois resulta que este libro non se pode utilizar nos centros galegos porque hai unha lexislación de “neutralidade ideolóxica” e cuestionar que se mate xente seica é ideolóxico.
October 31, 2025 at 6:39 PM
Pero máis ou menos «inexplicable» que procesar o Fiscal Xeral do Estado sen ningún motivo? 🤔
October 31, 2025 at 11:56 AM
Na sanidade privada téñeno clarísimo, e é o que máis impacta a quen vén da pública e a proba.
October 26, 2025 at 2:10 PM