maxestoso
banner
maxestoso.bsky.social
maxestoso
@maxestoso.bsky.social
Birder | Microcaderno de campo
Reposted by maxestoso
Scientist Charles Darwin was born #onthis day in 1809. Darwin is best known for his book On the Origin of Species, published in 1859, which introduced his theory of natural selection. Darwin is buried in Scientists’ Corner beside other great scientists including Sir Isaac Newton.
February 12, 2026 at 1:10 PM
Primeiro día nunha semana en que para de chover un pouco. Aproveitamos para visitar os pentumeiros fuscos (Melanitta fusca) que andan por Nerga desde hai uns días. Os temporais, ademais, están metendo gaivotas pequenas (Hydrocoloeus minutus) na ría.
February 8, 2026 at 9:05 PM
O tempo deu unha pequena tregua esta fin de semana e puidemos desfrutar dalgunhas especies americanas que están pasando o inverno en Galiza. O bilurico maculado e a píldora dourada americana seguen polo Burgo e, en Cecebre, poden verse dous parrulos bóla. As nubes tamén deixaron ver a lúa chea. 👌
February 1, 2026 at 8:13 PM
Os nosos primeiros Narcissus cyclamineus do ano. Unha especie endémica da Gallaecia (Galiza e norte de Portugal) descrita en 1816 e que se considerou extinta durante un tempo, ata que se localizou de novo en 1946, nos arredores do Porto. Considerada ‘vulnerable’, estas florecen no concello de Vigo.
January 30, 2026 at 7:40 PM
Reposted by maxestoso
MAJOR NEWS! We just launched an awesome new tool! The illustrated Birds of the World Phylogeny Explorer lets users trace any bird’s lineage, compare species relationships, and explore major evolutionary milestones with a click of a button. SHARE and EXPLORE! birdsoftheworld.org/bow/news/phy...
January 27, 2026 at 1:26 AM
Os catro xuvenís de flamengo que apareceron en setembro nas salinas do Ulló parecen seguir moi a gusto na ría de Vigo. Hoxe acompañábanos unha femia de tadorna branca, un parrulo boreal e 500+ asubións.
January 24, 2026 at 8:49 PM
Reposted by maxestoso
Mañana se celebran los Premios RARO en el Museo de Historia Natural de Ferrol. Una cita imprescindible para apoyar a nuestra gente y a la ornitología hecha con pasión. Allí estaremos.”
January 23, 2026 at 4:59 PM
A exposición “Aves de Palestina: a persistencia da vida na catástrofe” inaugurarase o día 24 ás 16:00 h. A mostra presenta fotografías tomadas por observadores de aves palestinos, para os que o birdwatching é un acto de esperanza. Á inauguración seguirá unha conversa con dous dos autores palestinos
January 21, 2026 at 8:12 PM
Choveu sen misericordia, o día non estaba para moitos paseos, pero pagou a pena arriscarse á molladura para atopar esta preciosa gaivota arxéntea.
January 20, 2026 at 8:41 PM
Primeira saída do ano no Chasula polo interior da ría de Arousa. Case 600 gaivotas cabecinegras, 92 mergullóns de pescozo negro, 3 mobellas grandes, 1 paíño, aguia peixeira, unha decena de arroaces... Pero as estrelas foron os mergos cristados e o havelda que atopamos á altura da illa de Cortegada.
January 18, 2026 at 7:23 PM
O ibis eremita LCO segue pola Foz do Miñor gozando da hospitalidade galega.
January 14, 2026 at 9:06 PM
As cegoñas ocupando niños na Limia en xaneiro: algo case inimaxinable non hai tantos anos.
January 13, 2026 at 7:34 PM
Xaneiro é o mes dos censos de invernantes. Esta fin de semana tocou contar millafres reais na Limia e acuáticas e mariñas en Portugal.
January 11, 2026 at 7:24 PM
Onte por Castronuño había unha máxima de 3°C. Ao pasar por un campo de fútbol comentamos que estaban tolos por xogar con ese tempo. 20 minutos antes estabamos nunha pista de lama e xeo, no medio do monte, a -2°C, buscando aguias reais (atopamos unha), o que, claro, consideramos o sumum da cordura 😅
January 5, 2026 at 8:57 PM
Unha expedición a Villafáfila axudou un chisco a sobrelevar este día. Algunhas fotos da xornada.

E non esquezamos seguir loitando pola eliminación de todas as especies invasoras!
January 3, 2026 at 10:05 PM
Non empeza mal o ano.
January 2, 2026 at 9:38 PM
Choveu todo o día. Houbo que conformarse cun pouco de paxareo de proximidade.
January 1, 2026 at 7:49 PM
Alá vai 2025!
Feliz aninovo a todas!
December 31, 2025 at 6:51 PM
As subespecies de lagarteiro distínguense por cor, densidade de marcas, patrón da cola e tamaño. Tamén hai variacións de tamaño e cor dentro da especie nominal ((Falco tinnunculus tinnunculus). Aquí, aves de Galiza e Suecia (grupo tinnunculus), tenerife (ssp. canarensis) e Lanzarote (ssp. dacotiae).
December 29, 2025 at 8:44 PM
Unha tradición firmemente consolidada na nosa cultura é poñer paneis didácticos en observatorios de aves co máximo número de erros posible. Unha cerceta americana, un cisne mudo que se confunde co bravo ou unha avefría asiática en vez da europea son as últimas achegas no esteiro do Miño. Parabéns!
December 28, 2025 at 6:43 PM
Reposted by maxestoso
📚Un artigo de Fernando Alonso Romero. dialnet.unirioja.es/descarga/art...
December 26, 2025 at 12:58 PM
December 24, 2025 at 9:24 AM
Pasamos o día máis curto do ano en Lires, con Barrilete, o primeiro exemplar adulto de Larus smithsonianus que chega regularmente ás costas de Europa Occidental. E polo menos desde 2007!

E onte puidemos ver duas Emberiza pusilla en Valdoviño. Bo final de outono. A ver que nos depara o inverno!
December 21, 2025 at 8:52 PM
Así “loce” o solsticio de inverno na Costa da Morte. Feliz inverno!
December 21, 2025 at 3:19 PM