Lois Alcayde Dans
banner
loisalcaydedans.bsky.social
Lois Alcayde Dans
@loisalcaydedans.bsky.social
Escritor e xornalista. 1997.

Escribo sobre política, cultura, ensaio e audiovisual.
📍Centro Ramón Piñeiro de Investigación, Xunta de Galicia.
Álvaro Siza fala con elegancia: xera espazos, sintetiza a beleza e volve ó esencial sen estridencias. É clásico, ben clásico, por iso as súas obras acadan ese ar de eternidade.

Hoxe no Faro da Cultura do @farodevigo.es falo sobre unha igrexa preto de Galicia que merece unha visita.
December 4, 2025 at 11:06 AM
Foi ben grato recibir e escoitar en Santiago ao representante da Embaixada da China, Xun Qu, no marco do Foro Innovar para Transformar, organizado polo benquerido José Antonio Constenla.

🤝 Reforzar ligazóns entre os países mediante o comercio é a mellor garantía de paz.
December 4, 2025 at 11:05 AM
😍
November 13, 2025 at 10:47 AM
Ben fermosa coincidencia.

Hoxe chegou do prelo o catálogo do Xuventude Crea e @xuventude cos extractos de "Éxodo", 2° premio de Poesía do 2024.

Minutos despois recibo comunicación de que obtiven o 3° premio da mesma categoría neste 2025 polo poemario "As familias".

Feliz baixo a choiva!
November 12, 2025 at 6:05 PM
Coidado cos tristes.

Novo artigo do mes na ECO 👇
November 11, 2025 at 1:04 PM
A Boa Vila conta, dentro dun templo ben famoso, a súa historia e tamén a historia máis fermosa do mundo. Así apareceu no Faro da Cultura do @farodevigo.es desta semana.
October 31, 2025 at 10:01 AM
Nunha época centrípeta no cultural —e Galicia e o seu sistema non escapan diso— hai tamén un pensamento aberto ó mundo, mantedor da mellor tradición de liberdade e bonhomía na ollada literaria.

Foi un pracer ler para Faro da Cultura o fardel "insólito" de Armando Requeixo editado por Galaxia 👇🏼
October 9, 2025 at 10:02 AM
No artigo deste mes en ECO, a revista económica do Eixo Atlántico, falo da mudanza. Porque o mellor (e o que non o é tanto) veu despois dunha.

En liña aquí: ecodixital.com/post-firma.p...
October 8, 2025 at 10:28 AM
Reposted by Lois Alcayde Dans
Ocorreuseme preguntarlle a ChatGPT como deberan ser as novelas ganadoras das vindeiras edicións dos premios literarios galegos a partir da traxectoria das últimas quince edicións.

E vaime mal. 😂
May 25, 2025 at 4:41 PM