Javi Ramos
banner
javiramos.bsky.social
Javi Ramos
@javiramos.bsky.social
Xornalista (e máis cousas)

xanela.substack.com
December 7, 2025 at 10:28 AM
Hoxe estreouse en salas 'A voz de Hind'. Imaxino que moitos xa lestes de que vai a historia, pero, por se acaso: é unha película de non ficción que relata os intentos de rescatar a Hind Rajab, unha neniña de seis anos atrapada nun coche tiroteado polas forzas de ocupación israelíes en Gaza
November 28, 2025 at 11:09 PM
Deitar deiteime ás catro, pero que conste que terminara ás dúas e media co de ser traballadoriño e o resto do tempo dediqueino a ver se daba arranxado fotos malas co vello de truco de poñelas en branco e negro. E algo melloran, si.

Polo que sexa hoxe non me lambía no choio, pero ese é outro tema
November 25, 2025 at 10:26 PM
Xa estaba 🥲
November 23, 2025 at 12:34 AM
Valió la pena lo que era necesario para estar contigo (con todos eles), amor

Tú eres una bendición. Las horas y la vida de tu lado, The Tubs, están para vivirlas, pero a tu manera
November 22, 2025 at 11:45 AM
As dúas semanas de Cineuropa son sempre do melloriño do ano
November 21, 2025 at 3:53 PM
Tardou ben pouco o remake palomitero estadounidense de La Grazia
November 18, 2025 at 10:44 PM
Onte @mira1cousinha.bsky.social máis eu (e Quique, pero non anda por aquí) fomos o terror de todos os turismófobos que proliferan aquí no Galisky. Peregrinos zombis, dinamizando a economía local e traendo progreso ata despois de mortos
November 1, 2025 at 7:39 PM
Hai vasos a medio encher, a medio baleirar e tamén en ambos os dous estados a un mesmo tempo
October 20, 2025 at 1:40 PM
O mundo se todos os días se puidera durmir máis de vintecinco e menos de corenta minutos de siesta
October 10, 2025 at 2:56 PM
Non me esquecera (de todo) deste fío, pero sigo pouco lector. Rematei esta semana o meu primeiro libro en catalán, “La plaça del diamant”, de Mercè Rodoreda, e estou contento por podelo tido desfrutar malia a distancia idiomática. Un clásico moderno cun status coido que merecido
October 7, 2025 at 8:33 PM
Estaba lendo a noticia do concurso de ideas para reformar a fachada marítima da Pobra do Caramiñal e de verdade que o do urbanismo para os coches é un tema que contemplarán horrorizados os que virán despois de nós preguntándose como cona foi posible
October 6, 2025 at 10:56 PM
Un paso máis preto de poder conversar con Tadej Pogacar
October 6, 2025 at 5:51 PM
Derretinme vivo cunha canción de rock radical vasco. Ver pra crer
October 5, 2025 at 9:48 PM
Isto é de agora mesmo. Alucinante. Nunca vira nada así
October 5, 2025 at 12:15 PM
Mañá, cando chegue á mani:
October 1, 2025 at 10:12 PM
Creo que non teñen conta por aquí, pero a semana pasada achegueime a ver o concerto dos Carabela na Capitol polo Maré e foi unha cousa moi chula da que trouxen unhas poucas fotos.

Tocaron xusto antes de Felisa Segade e paréceme bonito porque son precisamente proxectos artísticos que se conectan
September 30, 2025 at 9:34 PM
A carátula, iso si, podería ser perfectamente un retrato de certa presidenta de certa comunidade autónoma na que se acha a capital de certo país mentres está de viaxe astral coa miradas das mil iardas
September 23, 2025 at 10:52 PM
Gelli Haha autoconfirmándose no Primavera antes de que a anuncien e de que haxa cartel porque é a mellor persoa que pisou este planeta e súdanlla completamente todo os formalismos e as historias de facer as cousas con xeito. Ídola
September 23, 2025 at 10:50 PM
Teño pouco tino coas palabras e cústame expresar ben o que me fai sentir, pero creo que este parágrafo da reseña na Pitchfork explica ben o asunto.

(Cáscanlle un 7,6 porque se hai algo absurdo nesta vida é intentar medir a arte con números -son o primeiro que o fago-)

pitchfork.com/reviews/albu...
September 19, 2025 at 7:51 PM
Do calcio non sei nada máis que é como lle chaman ao fútbol en Italia, pero tomo nota para falar con propiedade no futuro.

Por sorte non era moita metida de pata que a RAE xa pensara en nós e deixounos unha acepción á que aferrarnos para dicir que non estamos tan equivocados
September 8, 2025 at 11:19 PM
Nunca morreei en Ourense, non podo corroboralo.

Teño un Alvia de trece horas ininterrompidas a finais deste mes. Vaise facer realidade o meme
September 5, 2025 at 10:18 PM
Capturado polas cámaras de RTVE mentres lle explicaba a Jai Hindley as particularidades xeopolíticas de Oriente Próximo
September 5, 2025 at 9:20 PM
Performando el si0nismo
September 5, 2025 at 10:16 AM
Go rent a Ferrari and sing the blues
Believe that Clapton was the second coming

It falls apart, we all got work to do
It gets dark, we all got work to do

She's leaving you
She's leaving youuu

(Insanely good guitar noises)

A mellor canción sobre o divorciado state of mind
August 14, 2025 at 1:32 PM