ilingua-uvigo
banner
ilingua-uvigo.bsky.social
ilingua-uvigo
@ilingua-uvigo.bsky.social
iLingua é un instituto de investigación da Universidade de Vigo, que reúne persoal investigador con intereses comúns en áreas de lingua e lingüística.
Interesantísimo artigo da nosa secretaria, María Méndez Santos, "La glotofobia en la enseñanza de idiomas: reflexiones desde la sociolingüística crítica" en Vol. 29 (2025): Culture Crossroads.

doi.org/10.55877/cc....
December 5, 2025 at 6:45 PM
Novo artigo de Carla Figueiras Catoira, "Beata Umubyeyi Mairesse, liberar y reconstruir a través de la palabra" na revista "Revue Romane. Langue et littérature". Noraboa!
doi.org/10.1075/rro....
December 4, 2025 at 6:45 PM
Recorda que xa podes inscribirte na microcredencial "Introdución á Lingua de Signos Española". A formación terá unha duración de 60h (5 ECTS) e está subvencionada pola Xunta de Galicia. O alumnado pagará un 30% do prezo.
cpfp.uvigo.gal/es/estudios/...
December 4, 2025 at 8:44 AM
Tres membros do iLingua participaron no simposio "A educación tamén en galego". Mercedes González foi unha das organizadoras, Ana Iglesias foi ponente coa comunicación "O decreto do plurilingüismo e as súas consecuencias" e Ana Acuña presentou a conferencia inaugural.
December 3, 2025 at 6:45 PM
Nuria Yáñez-Bouza ven de publicar, como co-editora, o número monográfico "Mary Hamilton and Her Networks: Gender, Sociability, Manuscript c.1740–c.1850" na revista Journal for Eighteenth-Century Studies (48.4).
December 2, 2025 at 6:30 PM
Jesús Meiriño Gómez, Beatriz Rodríguez Rodríguez e Ana Pereira Rodríguez, foron invitados a participar na mesa redonda Apresentação do projeto europeu GBook-3, no festival literario Utopía de Braga. Noraboa!
December 1, 2025 at 7:02 PM
Araceli González Crespán ven de publicar "Ethnicity, Gender and Class at the Crossroads: Urban Mobility, Migrant Lives and the Refashioning of Identity in Intimate Apparel" na revista "Cultura, Lengauje y Represetnación". Noraboa!
DOI: 10.6035/clr.8028
November 28, 2025 at 7:01 PM
Xa podes inscribirte na microcredencial "Introdución á Lingua de Signos Española". A formación terá unha duración de 60h (5 ECTS) e está subvencionada pola Xunta de Galicia. O alumnado pagará un 30% do prezo.
cpfp.uvigo.gal/es/estudios/...
November 28, 2025 at 3:35 PM
Katia Rolán, membro do iLingua, ven de puiblicar, xunto a Enrique García-Marco e Francisca Fariña o artigo "Estudio Psicolingüístico de Palabras Usadas en laNarración de Conflictos entre Universitarios" na Revista de Investigación en Educación, 2025, 23(2), 446-458. Parabéns!
doi.org/10.35869/rei...
November 27, 2025 at 6:45 PM
Inscripción aberta para a nova microcredencial, dirixida por Carmen Cabeza Pereiro, para consolidar competencias en lingua de signos española (LSE), así como adquirir nocións de natureza lingüística, sociolingüística e cultural da comunidade xorda.

cpfp.uvigo.gal/es/estudios/...
November 27, 2025 at 6:01 PM
Interesante artigo da nosa membro do iLingua, Ana María Iglesias Álvarez, xunto a Álvarez Mosquera, P. e Marín Gutiérrez, A.: "Explorando actitudes lingüísticas implícitas e explícitas: O caso galego" en  Estudos de Lingüística Galega, 16.  Noraboa!

doi.org/10.15304/elg...
November 26, 2025 at 6:45 PM
Carmen Cabeza Pereiro, xunto con Beatriz Longa Alonso, veñen de publicar o capítulo "Vulnerability and Vindication: A Look at the Rights of Deaf Women from the Spanish Confederation of the Deaf" en "Gender and Linguistic Rights" (Del-Pozo-Triviño e Bulut)

www.comares.com/libro/gender...
November 25, 2025 at 7:02 PM
Moitas grazas a tódalas persoas que participaron na CIIL25! Foi estupendo compartir inquedanzas e aprender tanto das investigacións que se están a facer no ámbito das linguas. Vémonos na CIIL26!
November 24, 2025 at 6:30 PM
Xa dispoñibles en tv.uvigo.es/series/679a6... novas entregas da serie "Talking about languages" nas que a nosa compañeira, Rosa Alonso, entrevista a Marta Antón, Scott Jarvis, Luke Plonsky, Dan Slobin e Panos Athanasopoulos.
November 21, 2025 at 6:30 PM
Como parte dos actos entorno ao 25N, Maribel Del Pozo Triviño foi invitada pola Subdelegación do Goberno de Soria a impartir un seminario sobre a interpretación na atención ás migrantes vítimas de violencia de xénero.

sorianoticias.com/noticia/2025...

www.instagram.com/p/DQlxvZRjQG...
November 20, 2025 at 6:45 PM
Vémonos mañá ás 9:00 na CIIL cunha chea de comunicacións, pósteres e as conferencias plenarias de José Ramón Clavo-Ferrer (Univ. Alacant) e Carmen Varo Varo (Univ. Cádiz).
November 19, 2025 at 7:24 PM
Rosa Alonso, xunto con Michelle Feist, Steve Clancy e Jan Leite, participou no ICLC17 International Cognitive Linguistics Conference, en Arxentina, coas comunicacións "Following path and manner beyond lexicalisation patterns" e ”Slow horses”. Parabéns!
November 18, 2025 at 6:45 PM
A pasada semana, o alumnado da FFT tivo a oportunidade de entrevistar a Roukiata Ouedraogo, @RoukiataO, con Carla Figueiras Catoira como moderadora.
November 17, 2025 at 6:45 PM
En menos dunha semana imos desfrutar dun programa cheo de cousas interesantes. Bótalle unha ollada na web ciil25.webs.uvigo.es/programa/ . Vémonos o xoves en Redeiras!
November 14, 2025 at 8:01 PM
"¿Vas a ir hablando así por la calle? Reflexiones sobre el avergonzamiento lingüístico", artigo resultado das investigacións do proxecto ESTIGMA, da man da nosa secretaria, María Méndez Santos, publicado no blog do centro MIRCo da UAM.
mircouam.com/archivos/8786
November 14, 2025 at 7:01 PM
Publicado “Lenguaje no binario y lenguas minorizadas en el Estado español. Perspectivas del catalán y el gallego”, de Carla Míguez Bóveda en coautoría con Irene Vílchez, no monográfico "El paisaje lingüístico en Europa: diversidad lingüística e ideologías"
doi.org/10.12797/SI....
November 13, 2025 at 7:30 PM
A pasada semana presentouse a monografía "Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística", cun capítulo da nosa compañeira Ana Iglesias Álvarez, “As escollas lingüísticas dos falantes: distintos niveis de consciencia”.

consellodacultura.gal/publicacion.....
November 12, 2025 at 6:30 PM
A nosa compañeira, Rosa Alonso, participou no Workshop on Informal Second Language Learning, en Santiago de Compostela, coa súa intervención "Beyond the classroom: the impact of informal English on adolescents writing"
November 11, 2025 at 6:31 PM
O Dr. Carlos Lindade Rodrigues (Universidade do Porto) impartiu o obradoiro, organizado por IDAES coa colaboración do iLingua, “Beyond the Hype: Using AI Tools Critically and Creatively in Higher Education”, centrado no uso práctico, crítico e creativo da IA no ámbito académico.
November 10, 2025 at 7:02 PM
Xabier Irastorza, alumno do Máster en Lingüística Aplicada (MILA) 24-25, resultou gañador do Premio Adam Kilgarrif ao mellor traballo fin de máster, concedido polo Instituto Universitario de Investigación de Tecnologías Lingüísticas Multilingües (IUITLM) de la Universidad de Málaga. Parabéns!
November 7, 2025 at 6:30 PM