Fundación Luis Tilve
banner
fundacionluistilve.bsky.social
Fundación Luis Tilve
@fundacionluistilve.bsky.social
Entidad cultural declarada de "Interese Galego" que promueve la conservación del patrimonio documental y el estudio de los movimientos sociales, sindicales y políticos contemporáneos de Galicia, a través de su "Arquivo Histórico do Movemento Obreiro"
A Fundación participou, invitada pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra, no aniversario da Constitución, no que se homenaxeou ó último Gobernador Civil da II República en Pontevedra, Gonzalo Acosta Pan, asasinado en 1936 por defender e representar a legalidade democrática.
December 6, 2025 at 6:52 PM
Rematamos en Ferrol as xornadas "Diálogos da Transición Democrática. Educando nunha historia con memoria", que nos levou por varias localidades, debatendo sobre a perspectiva histórica da Transición e as súas diferentes lecturas e narrativas, as vivencias dos protagonistas e ós docentes ca ensinan.
December 5, 2025 at 3:11 PM
UGT Compostela-Barbanza, a Fundación Luís Tilve e o PSdeG-PSOE renderon unha sentida homenaxe, este xoves, ó tipógrafo socialista, Manuel Maroño Calvo, fusilado o 3 de decembro de 1936, por defender os dereitos dos traballadores e a lexitimidade do goberno democrático da República.
December 5, 2025 at 3:03 PM
Este xoves, ás 11:00 horas interviremos no acto de homenaxe a Manuel Maroño, invitados pola Agrupación Socialista de Santiago, que organiza o mesmo.
December 3, 2025 at 11:36 AM
Este xoves 4 de decembro, ás 18:30, os "Diálogos da Transición Democrática" chegan a Ferrol, organizados pola Delegación do Goberno en Galicia, a Subdelegación en A Coruña, coa colaboración da Fundación Luís Tilve; cunha nova mésa de debate.
November 30, 2025 at 7:41 PM
Seguimos coas xornadas "Diálogos da Transición Democrática. Educando nunha historia con Memoria", coa Subdelegación do Goberno en Lugo, nas a historiadora Tamara López, o exsenador Xaime Barreiro e o docente Xosé Lois Gómez, abordaron o que supuxo a Transición, dende diferentes ángulos.
November 28, 2025 at 11:33 AM
Fomentando o diálogo sobre a Transición nas xornadas organizadas pola Delegación do Goberno en Galicia, coa colaboración da Fundación Luis Tilve, na procura de educar nunha historia con memoria, especialmente entre a nosa mocidade.
November 25, 2025 at 4:38 PM
A segunda xornada de "Diálogos da Transición Democrática. Educando nunha historia con Memoria", tras a da Coruña, terá lugar na Subdelegación do Goberno en Lugo. Para seguir abordando a Transición dende diferentes ángulos, o histórico, o vital e testemuñal ou o campo da educación. Estades invitad@s.
November 24, 2025 at 2:33 PM
A Delegación do Goberno en Galicia, en colaboración coa Fundación Luis Tilve, organiza, dentro do programa “España en libertad. 50 años”, as xornadas “Diálogos da Transición Democrática. Educando nunha historia con Memoria”, que inicia o seu percorrido en A Coruña o vindeiro luns 24 de novembro.
November 20, 2025 at 4:42 PM
Este venres estivemos nas "Xornadas do exilio galego" organizadas polo Concello de Pontevedra, coas intervencións de Xosé Manuel Núñez Seixas, Eliseo Fernández Fernández, ou Roberto Mera.
November 15, 2025 at 5:28 PM
Onte asistimos no Ateneo Ferrolán á Exposición sobre Pablo Iglesias que organizou o PSdeG-PSOE de Ferrol. No acto a Agrupación Socialista de Ferrol fixo entrega á Fundación dos libros de actas da Agrupación entre os anos 70 e 80, entre outros documentos dos anos 30.
November 13, 2025 at 10:29 AM
Este venres intervimos na homenaxe que o Concello de Silleda lle fixo ó mestre de FETE-UGT represaliado, Víctor M. Fraiz Villanueva, asasinado en 1937. Os mestres e docentes foron un dos primeiros obxectivos, como en tódalas dictaduras, acalar o coñecemento, a difusión das ideas.
November 10, 2025 at 12:29 PM
Este xoves intervimos no acto de homenaxe que o PSdeG-PSOE Ponteareas lle rendeu a Benito Casasnovas Rodríguez, dirixente de UGT e do PSOE, alcalde socialista de Ponteareas ata o golpe do 36, no que el e á súa familia sufriron a represión. Merecida e sentida lembranza.
November 1, 2025 at 2:29 PM
Julián Casanova en el Faro de Vigo, con motivo de la presentación organizada por la Fundación en Pontevedra.
October 31, 2025 at 2:24 PM
Muchas gracias a tod@s l@s que nos habéis acompañado en la presentación del nuevo libro de Julián Casanova, "Franco", en Pontevedra.
October 31, 2025 at 2:17 PM
October 24, 2025 at 3:16 PM
Díptico elaborado pola Fundación con motivo da conmemoración dos 129 anos de creación da Agrupación Socialista de Pontevedra, ampliando a información sobre a mesma. Agradecemos a Guillermo Meijón a súa colaboración.
October 18, 2025 at 7:16 PM
A Fundación estivo na conmemoración do 175 aniversario do nacemento de Pablo Iglesias e centenario do falecemento, en Ferrol, onde as organizacións que contribuiu a fundar lle renderon homenaxe e se comprometeron a loitar por cumplir o seu sono dunha sociedade máis igualitaria.
October 18, 2025 at 6:34 PM
A Fundación participou este venres, como integrante da plataforma "Parar a Guerra", nunha nova concentración en Pontevedra, na que se reclamou unha verdadeira paz en Gaza.
October 18, 2025 at 6:19 PM
Celebramos nuestro 35 aniversario trayendo a Julián Casanova a Pontevedra, con su obra "Franco", un análisis certero, veraz y ameno sobre el Dictador y el Régimen franquista, que contará también con José Fortes, uno de los fundadores de la UMD. Os esperamos.
October 10, 2025 at 9:38 AM
En la presentación del libro "1977-2002. 25 años de sindicalismo en Citroën", en el que su autor, Jovito Rivas, narra sus experiencias como sindicalista en la fábrica de Vigo. Una obra fundamental para conocer lo que fue la lucha sindical en la ciudad olívica.
September 29, 2025 at 4:34 PM
Asistimos ó acto "As derradeiras execucións da Ditadura franquista, invitados polo Grupo Histagra, con Carmina Gustrán, Magda Oranich, avogada de Jon Paredes "Txiki"; Ismael Saz, da Universitat de Valencia; Flor Baena, irmá de Humberto Baena; e Jesús Rodríguez, de El Pais.
September 29, 2025 at 3:59 PM
Segundo día do curso "A Memoria da Ditadura", organizado pola Fundación e a UIMP, con Nicolás Sesma, Montse Fajardo, e a mesa redonda moderada polo decano Antonio Míguez Macho, con Fernando Salgado, Fernando González Laxe, Salvador Fernandez Moreda e José López Orozco.
September 28, 2025 at 7:08 PM
Primeiro día do curso "A Memoria da Ditadura", organizado pola Fundación e a UIMP, con Xosé Manuel Núñez Seixas, Lourenzo Fernández Prieto, Emilio Grandio, Mariano Sánchez Soler, Jesús Manuel García Díaz, Julio Prada Rodríguez, Francisco Redondo Abal, e a dirección de Guillerme Pérez.
September 28, 2025 at 7:02 PM
Este domingo retornamos ó campo de concentración da Illa de San Simón da man do Faiado da Memoria e Iniciativa Cidadá pola Memoria de Vilagarcía, ós que agradecemos nos invitaran a colaborar nun fantástico acto no que se rendeu homenaxe e lembrou ás vítimas que estiveron presas ou foron asasinadas.
September 8, 2025 at 11:13 AM