@frmartinezh
banner
frmartinez.bsky.social
@frmartinezh
@frmartinez.bsky.social
Profesor de ADE 👨🏻‍🏫
Lector voraz 📚
Compostelán de pro
Namorado da Mariña Lucense
52. El espíritu de mis padres sigue subiendo en la lluvia de Patricio Pron.
Marabilloso exercicio de memoria persoal, familiar e social sobre a loita política baixo a ditadura militar arxentina.
Unha lectura incríblemente sensible e intelixente.
Inmenso libro.
#FranLe25
December 17, 2025 at 11:13 PM
December 16, 2025 at 7:33 PM
As Mercedarias en Santiago levan 10 minutos cun fume activo que está afumando todo o centro da cidade.
Quen lles deu permiso para isto @pazoderaxoi.bsky.social ?
December 13, 2025 at 9:03 AM
51. La gran cacería de Juan Mayorga. Mellorable obra simbolista arredor dos conceptos de "emerxencia" e de "simulacro". A importancia do tema tratado pérdese coa hipérbole das metáforas elixidas e o seu tratamento. Decente obra, pero non das mellores de Mayorga.
#FranLe25
December 12, 2025 at 11:41 AM
50. Cometierra de Dolores Reyes. Estupenda denuncia da violencia e retrato da clase baixa arxentina a través dunha historia de descubrimento persoal con elementos fantástico-paranormais e policiacos magnífica e orixinalmente utilizados. A voz protagonista é potentísima e brillante.
#FranLe25
December 12, 2025 at 5:16 AM
49. La mujer que escribió Frankestein de Esther Cross. Ensaio arredor de Mary Shelley. Comeza brillantemente e vaise apagando pouco a pouco, desdebuxándose a medida que son os demais quen definen a Mary, ata acabar sendo máis un exercicio de estilo. Aínda así, é unha lectura interesante.
#FranLe25
December 12, 2025 at 5:11 AM
48. Mugre rosa de Fernanda Trías. Distopía soft que mestura a catástrofe climática e a maternidade como principais leitmotivs arredor dunha historia que avanza lenta e caleidoscópicamente. Voz narrativa dubitatita que, evitando dar información clave, acaba por resultar fría e artificiosa.
#FranLe25
December 12, 2025 at 5:02 AM
47. Conquista de lo inútil de Werner Herzog. Diario dopaminérxico da rodaxe de Fitzcarraldo (1982). Contaxiado da calor selvática, o texto resulta intensamente febril, repetitivo e inconexo. A forma de diario axuda a darlle coherencia ó conxunto.
Interesante, pero non apto para todos.
#FranLe25
November 23, 2025 at 8:08 PM
Hoxe morreu Paolo Virno. Dos seus libros recomendo un dos últimos seus que lin (o ano pasado) 👇
November 8, 2025 at 1:10 PM
Tras máis de 4 anos, acabei esta botella de Fairy. Dura, sen dúbida 😅
November 6, 2025 at 8:34 PM
46. Bonsái de Alejandro Zambra. Preciosa novela metaliteraria onde o lectora e a lectura cobran o protagonismo dunha trama pendente de facerse, onde casi todo está por construír. E nos poucos fíos que se nos dá reside a existencia: vida, paixón e morte. Repetirei autor, seguro. #FranLe25
November 5, 2025 at 1:04 PM
45. Fronteras de clase de Lea Ypi. Estupenda análise marxista da necesidade dunha revisión do fenómeno migratorio dende a clase e non dende o estado-nación. Quedei con gañas dalgunha proposta concreta que aquí non hai. Estupenda lectura.
#FranLe25
November 4, 2025 at 9:36 PM
Posiblemente a moitos este post vos sone a chino... pero que bo é Mark Allen e que ben me cae!
October 24, 2025 at 9:39 PM
44. Finlandia/3 anunciaciones de Pascal Rambert. "3 anunciaciones" aínda é unha orixinal orientación do mito cristiano. "Finlandia" é un texto nada orixinal sobre os reproches dun matrimonio nos últimos estertores; escrito ademais bastante mellorablemente. O libro en xeral deixóume frío.
#FranLe25
October 19, 2025 at 7:33 AM
43. Famélica de Juan Mayorga. Tan bo é para min Mayorga que sempre preciso máis. Esta obra ademais é superlativa: un experimento busca sabotear o capitalismo dende dentro dunha empresa a través da busca da felicidade do seu persoal. Para pensar, para aprender e para rir. Encantoume.
#FranLe25
October 19, 2025 at 5:04 AM
42. Amistad de Juan Mayorga. Reflexión lúcida sobre a forma psíquica e metafísica da amizade a partir dun grupo de tres amigos e a morte dun deles.

Humor intelixente e mensaxe de fondo sobre a confianza, a amizade e os segredos. Teatro de moitos quilates.

Recomendable.
#FranLe25
October 18, 2025 at 9:57 PM
41. La tesis de Nancy' de Ramón J. Sender.

Aparentemente sencilliña, oculta tras o seu humorismo unha crítica profunda á sociedade española da época (1962).

Novela tamén de exilio, usa maxistralmente os equívocos lingüísticos para exercer a crítica social. Rin moito e deume pena acabala. #FranLe25
October 16, 2025 at 4:19 AM
O incendio está moi preto da A8 en Barreiros, no límite entre Lourenzá e Foz. Xa hai Garda Civil e Mantemento da autovía. O vento é forte e o solo está moi seco. Así se ve dende a A8 agora mesmo
September 14, 2025 at 2:41 PM
Incendio no Concello de Barreiros, preto de Foz (Villaronte)
September 14, 2025 at 2:32 PM
A Mariña, paraíso na Terra.
September 14, 2025 at 1:08 PM
40. Historia de Inglaterra de Duncan Townson. Horrible ata dicir basta. Descompensada cara a moderna e contemporanea. Mal escrita. Centrada na anécdota biográfica e nas relacións familiares. Con ocos explicativos tremebundos en Antiga e Medieval. Non a compres.
#FranLe25
September 12, 2025 at 6:23 PM
Poño aquí a foto. Pasóuseme por completo 😅 #FranLe25
September 6, 2025 at 3:32 PM
38. Caballos lentos de Mick Herron. O texto cambia radicalmente a partir da p. 135. Autoconsciente da súa natureza de saga, usa as primeiras páxinas para unha presentación que esixe paciencia lectora. A partir de ahí todo cambia en ritmo e forma. Ainda así, o cambio ten sentido. Moi boa. #FranLe25
August 23, 2025 at 4:22 AM
37. El inversor inteligente de Benjamin Graham. Un enfoque do investimento en bolsa oposto á opinión popular, pero ó tempo altamente efectivo e promotor da responsabilidade e da intelixencia autónoma da persoa inversora. Iluminador, se ben repetitivo e precisado dunha nova actualización. #FranLe25
August 19, 2025 at 4:01 PM
36. Not the end of the world de Hannah Richie. Alegato ambiental e climático realista con análises positivas sobre as políticas que están a funcionar (e o moito mellor que o poden chegar a facer). Un raio de luz e de esperanza. Melloraremos só pensando que o feito/por facer vai funcionar. #FranLe25
August 19, 2025 at 3:55 PM