suceso arqueolóxico: achado na cuneta un escudo sen dúbida pertencente aos afoutos guerreiros celtas. apareceu ao seu carón unha lata de monster, a bo seguro con carácter votivo, e máis uns donetes do mercadona que evidencian intercambio comercial co mediterráneo
November 2, 2025 at 12:31 PM
suceso arqueolóxico: achado na cuneta un escudo sen dúbida pertencente aos afoutos guerreiros celtas. apareceu ao seu carón unha lata de monster, a bo seguro con carácter votivo, e máis uns donetes do mercadona que evidencian intercambio comercial co mediterráneo
hai que ser moi xefe para ter escrito unha chea de novelas (algunhas de flipar) pero que logo xa botando un par de contos digas buah ogallá o meu novo mellor amigo
October 24, 2025 at 11:49 AM
hai que ser moi xefe para ter escrito unha chea de novelas (algunhas de flipar) pero que logo xa botando un par de contos digas buah ogallá o meu novo mellor amigo
volvín ver Drive my car e máis me volveron gustar as tantas tomas verdadeiramente innecesarias do saab 900 turbo. que visto en Xapón é bonito incluso en vermello, a cor menos saab concebible
October 16, 2025 at 12:03 PM
volvín ver Drive my car e máis me volveron gustar as tantas tomas verdadeiramente innecesarias do saab 900 turbo. que visto en Xapón é bonito incluso en vermello, a cor menos saab concebible
todo é unha fachada; o meu fogar está aquí, en cada capa de pintura mal aplicada, en cada rescaldo de gasoil que vén polo aire detrás dunha campá que bate, en cada curva desta tipografía, en cada neurose dunha gaivota que pasa
September 19, 2025 at 10:59 AM
todo é unha fachada; o meu fogar está aquí, en cada capa de pintura mal aplicada, en cada rescaldo de gasoil que vén polo aire detrás dunha campá que bate, en cada curva desta tipografía, en cada neurose dunha gaivota que pasa
non é posible para min orientalizar máis a provincia fetiche, pero os ultimos sucesos só fan medrar o desexo por ter no xardín unha marquesiña de ferro e un banco de madeira podre e case branca
September 13, 2025 at 6:31 PM
non é posible para min orientalizar máis a provincia fetiche, pero os ultimos sucesos só fan medrar o desexo por ter no xardín unha marquesiña de ferro e un banco de madeira podre e case branca
na sermán creo que non paran buses pero alguén con boa intención fixo un espazo cívico cuns sofás que tiña na casa (cheirentos e esfondados) e ata unhas lecturas: exemplares da revista ganchillo y labor, 1975 aprox
September 5, 2025 at 1:22 PM
na sermán creo que non paran buses pero alguén con boa intención fixo un espazo cívico cuns sofás que tiña na casa (cheirentos e esfondados) e ata unhas lecturas: exemplares da revista ganchillo y labor, 1975 aprox
entrei nesta rede social para ver que tal lles iba a paki e a ipc e atópome que a primeira escartou o Ibiza. xusto hoxe que baixando ca bici por san Cibrán vin isto e tiven que sacar a foto polo chiste de que ben dende ben novos os gayegos seguindo as tradicións
September 3, 2025 at 8:50 PM
entrei nesta rede social para ver que tal lles iba a paki e a ipc e atópome que a primeira escartou o Ibiza. xusto hoxe que baixando ca bici por san Cibrán vin isto e tiven que sacar a foto polo chiste de que ben dende ben novos os gayegos seguindo as tradicións
en Lalín houbo un gender reveal con dous camións, un azul e un rosa; nunca carreira chegou antes o que indicaba que sería neno e tería Azai por nome. gravárono todo con drones.
July 30, 2025 at 12:47 PM