Eliana Martíns
banner
elimaral.bsky.social
Eliana Martíns
@elimaral.bsky.social
🖊️ Xornalista entre psicólog@s no @copgalicia
🎙️ Na Xunta de Goberno de @Xornalistas
🎒 Na Xunta Directiva de #FanpaCompostela
Xornalismo, feminismo, educación, saúde mental, dereitos humanos e crochet, non nesa orde.
Informar desde Gaza é case imposible: máis de 200 xornalistas foron asasinados e impídese a entrada a correspondentes estranxeiros. Silenciando o xornalismo pretenden ocultar o xenocidio. #OXornalismoNonÉUnCrime #JournalismIsNotACrime @xornalistas.bsky.social
August 14, 2025 at 10:56 AM
Nas facultades de Xornalismo necesitamos explicar como tratar a conduta suicida a nivel informativo. Isto non é noticia e o vídeo que acompaña en ningún caso debería ser publicado.
Recomendacións de @sanidad.gob.es para informar sobre #suicidio
www.sanidad.gob.es/areas/calida...
August 9, 2025 at 9:32 AM
E se sacamos esta escolla "doutras materias" da matrícula na procura dunha "neutralidade ideolóxica" nos coles?
June 7, 2025 at 7:55 PM
Máis de 200 páxinas dedicou Roberto Novoa Santos (que dá nome ao edificio docente do CHUS) a probar a inferioridade biolóxica e intelectual da muller no seu libro "La indigencia espiritual del sexo femenino: Las pruebas anatómicas, fisiológicas y psicológicas de la pobreza mental de la mujer".
April 19, 2025 at 4:25 PM
Nin alcolismo, nin unha discusión que se vai das mans. Nas manifestacións máis graves da violencia machista vemos exemplos así nos que as boas prácticas desaparecen. Necesitamos formación desde a base para integrar as recomendacións e non recuncar en erros así no tratamento informativo.
April 8, 2025 at 10:42 AM
586 días esperando #SOSSanidadePublica
April 6, 2025 at 8:38 AM
Hoxe, no concurso de cantos e percusión tradicional María Soliña, en Cangas.
March 16, 2025 at 5:48 PM
Como acabou a historia? Tocamos podio ✌️
March 16, 2025 at 12:28 PM
Está noite, a herdeira máis eu andamos por Lugo. Que treman as murallas (nada diso, mamá, que mañá teño que levantarme ás 7, que compito). Vaaale.
March 14, 2025 at 8:50 PM
O que sexa o meu amigo verdadeiro, véñame ver o 20 de xaneiro.
Hoxe, de romaría no Pico Sacro.
January 20, 2025 at 12:08 PM
Estreei os 40 cun obradoiro top sobre #desinformación do @xornalistas.bsky.social impartido por Nereida Carrillo para seguir co partido de #AsNosas (con biquiñocam de aniversario 🫣 incluída) e rematar ceando Suchard. A pola nova década!
December 14, 2024 at 9:57 PM
Levo 464 días na #ListaDeEsperaBdoSERGAS. Na lista estrutural para o mesmo servizo ca min hai un ano había 720 pacientes. Hoxe son 1107. Máis dun 50% de incremento.
December 5, 2024 at 9:49 AM
A miña última obra, unha manta de tres quilos que te incrusta no sofá.
November 16, 2024 at 8:29 PM