Edicións Defectuosas
banner
ed-defectuosas.bsky.social
Edicións Defectuosas
@ed-defectuosas.bsky.social
Facemos fanzines porque algo hai que facer.
-
Os nosos fanzines: linktr.ee/Ed_Defectuosas
O noso mail: [email protected]
Pinned
En Edicións Defectuosas facemos fanzines, e neses fanzines falamos de cousas coma estas:
Leváronos!
É certo que tardaron case un mes en retiralos, pero xa estabamos bastante convencidos de que ían botar o Nadal aí.
Os cascallos aínda seguen aí, por se volo estabades a preguntar.
Disque os de Netflix andan estes días rodando unha serie por Betanzos.
Polo que sexa non escolleron a Rúa Nova entre as localizacións...
December 1, 2025 at 5:16 PM
Volvemos cambiar o meme (xa que o Sr. Defectuoso vaise ir agreando segundo se acheguen as festas, esta vai ser a decoración de nadal na Casa Defectuosa).
November 30, 2025 at 5:09 PM
Levamos uns días de loito polo pasamento, logo de case 20 anos de servizo impecable, do móbil do Sr. Defectuoso.
Non sería moi smart pero foi duro como unha rocha.
November 29, 2025 at 6:06 PM
Os cascallos aínda seguen aí, por se volo estabades a preguntar.
Disque os de Netflix andan estes días rodando unha serie por Betanzos.
Polo que sexa non escolleron a Rúa Nova entre as localizacións...
November 23, 2025 at 4:14 PM
Na Casa Defectuosa leva uns días soando sen parar o último disco de Pablo Wilson (que saiu hai un ano, si. Imos algo tarde), que pensamos que pasou bastante desapercibido.
Querémolo físico, @estudiomazmorra.com. Gravade uns CD-R ou algo, aínda que sexa.
youtu.be/k_8JNHEpcmg?...
Pablo Wilson - 1000 muertes pequeñas ft. Laura Iris (Audio Oficial)
YouTube video by pablo wilson
youtu.be
November 21, 2025 at 8:15 PM
O tocadiscos da Casa Defectuosa móvese agora ao ritmo que marca o Mestre Reverendo por cortesía de @kalvinger.bsky.social.
November 16, 2025 at 11:43 AM
Disque os de Netflix andan estes días rodando unha serie por Betanzos.
Polo que sexa non escolleron a Rúa Nova entre as localizacións...
November 14, 2025 at 12:46 PM
En Edicións Defectuosas fixrmos hai un par de anos un fanzine repasando a traxectoria da banda (e pedindo a súa volta!), por se alguén precisa refresca-la memoria.
drive.google.com/file/d/1RbsV...
November 12, 2025 at 9:40 AM
Os Oompa Loompas de Edicións Defectuosas estiveron montando a nosa última publicación, e xa está lista.
Se queres un avisa, que iremos por Correos estes días.
Como o tema é un pouco antipático e non imos facer máis promo tamén o deixamos xa subido ao noso Drive (pero mellor en papel, coma sempre).
November 9, 2025 at 4:48 PM
Pois xa imprimimos a que (agora si) será a nosa última publicación do ano.
Fixémola (maiormente) en setembro estando enfadados.
Vai sobre os lumes deste agosto, non é graciosa nin ten ningunha información novidosa.
Se queredes unha copia avisade por aquí ou mandade un mail.
Este é o texto da contra:
November 8, 2025 at 10:40 AM
O de Sony sacando o vinilo da Rosalía a 50 (cincuenta!) euros xa era demencial, pero isto é directamente perverso.
November 7, 2025 at 6:57 PM
A nosa seguinte publicación (que trata o tema dos incendios deste agosto) incluirá entre outras cousas este mapiña.
A zona negra representa a superficie que ardeu dende o ano 2015.
November 2, 2025 at 8:40 AM
Vaia cousa chula o disco de Rachid B.
rachidb.bandcamp.com/track/glesst...
GLESSTHDAK, by Rachid B
from the album Al Ghorba
rachidb.bandcamp.com
October 30, 2025 at 10:23 AM
O noso anterior fanzine ía ser a última publicación do ano, pero en setembro xuntamos unhas páxinas sobre os incendios de agosto e seguramente en novembro publiquemos o que saiu de aí.
Os nosos fans OG estarán contentos de saber que voltamos aos mapiñas absurdos.
October 26, 2025 at 2:52 PM
Vale, hai novo grupo favorito na Casa Defectuosa:
youtu.be/iz7SIAAyDFM?...
En Vilo #94 con Taranteira
YouTube video by EN VILO
youtu.be
October 24, 2025 at 6:24 PM
Pedinlle un disco por bandcamp o 28 de setembro a unha disqueira d'A Coruña.
Chegou hoxe.
En Edicións Defectuosas estamos a favor de tomar as cousas con calma, así que ok, supoño.
October 23, 2025 at 2:51 PM
Caamaño & Ameixeiras estarán esta tarde n'A Coruña dando un concerto canda Sús.
E tamén están no noso último fanzine canda outras seis formacións galegas.
October 18, 2025 at 9:16 AM
En setembro xuntamos unhas liñas sobre os lumes de agosto.
Decidimos deixalas repousar un tempo para que non parezan froito da rabia do momento (tampouco é que digamos nada polémico, é puro dato).
Así que (seguramente) nalgún momento dos próximos meses sacaremos isto.
October 12, 2025 at 12:54 PM
Este é o único terraplanismo que apoiamos dende Edicións Defectuosas:
youtu.be/NTzRfDINQxM?...
TERRAPLANA | Degusto Sessions | #012
YouTube video by Degusto Café
youtu.be
October 10, 2025 at 7:42 PM
A tope co novo de Juarma, pero aos de Blackie xa lles vale co de cascar tremenda promo na contra.
Iso ponse na faixa, ho!
October 4, 2025 at 5:32 PM
Pois foi certo, voltaron The Homens.
Iamos con medo por se miraramos mal o cartel e no canto de The Homens saían The Hamens ou algo así (coma os Red Hot Chily Peppers e os Red Hot Chilly Pipers) pero non, eran os auténticos.
Supoño que mañá a estas horas estaremos todos en Sigüeiro no concerto de The Homens, ou?
September 28, 2025 at 4:09 PM
Acabamos de subir ao noso Drive o noso último fanzine, por se queredes botarlle unha ollada ao que a xente califica como a nosa obra máis ambiciosa (somos nós esa xente? Pode ser).
Aquí a ligazón:
linktr.ee/Ed_Defectuosas
@Ed_Defectuosas | Linktree
Facemos fanzines
linktr.ee
September 27, 2025 at 10:01 AM
Supoño que mañá a estas horas estaremos todos en Sigüeiro no concerto de The Homens, ou?
September 26, 2025 at 6:21 PM
Así locen os Carabela no noso último fanzine.
September 20, 2025 at 12:32 PM
Saiu o disco de Lontras, un grupo que metimos no noso último fanzine cando só tiñan catro cancións publicadas.
September 19, 2025 at 8:59 AM