Coordinadora Galega de ONGD
banner
coordigalegaongd.bsky.social
Coordinadora Galega de ONGD
@coordigalegaongd.bsky.social
Somos 49 ONG de desenvolvemento que, dende Galicia, traballamos para acadar a xustiza social e o fin das desigualdades globais ✊
🌱 @amigasdaterra.bsky.social , xunto a Subúrbia, abre inscricións para a segunda edición do seu Curso de Facilitación de Grupos acreditado polo IIFACe!

Serán 8 módulos entre xaneiro e xuño de 2026 en Allariz e Valdeorras 🗓️

ℹ️https://galiciasolidaria.org/formacion/curso-de-facilitacion-de-grupos/
November 27, 2025 at 2:33 PM
En Palestina, El Salvador, Honduras ou Guinea-Bissau, atopamos historias de resistencia que nacen do coidado e do acompañamento, do traballo comunitario. Experiencias distintas que comparten unha mesma vontade: transformar realidades desde en diálogo co territorio e coa comunidade.
November 25, 2025 at 11:46 AM
🌍 Arredor do mundo, a violencia contra as mulleres maniféstase de moitas formas, e en todos os territorios son elas quen impulsan respostas colectivas que sosteñen a comunidade.

Mulleres que coidan doutras, que crean redes, que abren espazos seguros e que manteñen en marcha procesos de apoio.
November 25, 2025 at 11:46 AM
📽️Este martes 25 acendemos o proxector de Somos Ponte en #Bueu!

Estaremos no Centro Social do Mar (19:00) con moitas ganas de compartir contigo as nosas curtas 😊

👉 A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio e as curtas son para todas as idades.

#SomosPonte🤝@depo-es-bot.bsky.social
November 24, 2025 at 5:20 PM
Pero tamén aquí, con Bienvenido Pérez, fundador das traídas comunitarias de Sobrada (Tomiño); Carmen González, da traída comunitaria de Chan do Monte (Vilaboa), socias de COXAPO; e a investigadora patrimonial e arquitecta Ángeles Santos.

🙌 Non faltes!

ℹ️ https://forms.gle/RcoEeZho7HAhYUqDA
November 21, 2025 at 8:45 AM
💧O xoves 27 (16:30-19:30) estaremos en Pontevedra falando de como a auga fai comunidade e como, ademais, é patrimonio e cultura. No Sur Global, e máis concretamente en Guatemala, coa defensora de dereitos Juventina López.
November 21, 2025 at 8:45 AM
Anota na túa axenda!

📅 27 de novembro
⏰ 16:30-19.30
🗺️ Pazo Provincial (Pontevedra)
✍️ Inscricións e información completa en https://forms.gle/wb5Nf8dvzQ5tyb2E6

#SomosPonte 🤝 @depo-es-bot.bsky.social 
#CompromisoLocal #XustizaGlobal
November 18, 2025 at 8:40 AM
📢 #SomosPonte acolle a estrea en Galicia do documental "Abuela Agua", dentro da xornada "Coidar da auga, facer comunidade".

Falaremos da agua como dereito, pero tamén como fío que tece rede, fortalece a participación veciñal e xera identidade e cultura.

#cooperación #auga  #comunidade #cultura ⤵️
November 18, 2025 at 8:40 AM
E estas son as seguintes!

▪️ 25 de novembro (19:00) no Centro Social do Mar de #Bueu, sumando as nosas curtas ás actividades do 25N 💜

▪️ 6 de decembro (17:00) no salón de actos do Concello de #Forcarei, como parte das propostas da gran ponte de decembro 🌲

#SomosPonte
#CompromisoLocal #XustizaGlobal
November 14, 2025 at 8:07 PM
📢 O cine ambulante de Somos Ponte está listo para acender o proxector en tres concellos da provincia de Pontevedra! 

A primeira cita será o vindeiro 20 de novembro (17:00) en #Dozón, no salón de actos do colexio como proposta para o Día Mundial da Infancia 🌎

#SomosPonte 🤝 @depo-es-bot.bsky.social
November 14, 2025 at 8:07 PM
🤝A xestión cooperativa da auga é moitas veces garante dun dereito, pero tamén é un modo de fortalecer ás persoas, á comunidade.

En #SomosPonte falaremos con protagonistas destes procesos en Pontevedra e  Guatemala. 

Queres coñecer a súa experiencia?
👉 https://forms.gle/YFjZDE39tJU6M3bk6
November 10, 2025 at 12:02 PM
Polo fin da ocupación e o apartheid, o dereito ao retorno e o acceso humanitario sen condicións:

 🔗 www.actxpalestine.com
November 5, 2025 at 9:25 AM
Somos entidade adherida a ACTxPALESTINE  e o 15 de novembro estaremos en La Paloma (18.30 h) para a Chamada Global á Acción, xunto a organizacións palestinas e redes internacionais.

#ACTxPALESTINE
@actxpalestineglob.bsky.social @actxpalestineglob.bsky.social
November 5, 2025 at 9:25 AM
🍉Nesta conta o 15 de outubro #ParamosPorPalestina
October 14, 2025 at 7:31 PM
A cooperación galega celebra este venres os seus máis de trinta anos de andadura coa xornada "Cooperación galega: unha carreira de fondo".

Contámoscho todo en galiciasolidaria.org/cooperacion-...

#CooperaciónGalega #30anos #UnhaCarreiraDeFondo
October 14, 2025 at 5:36 PM
📅 20 de outubro
⏰ 18:00
📍 Salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra
ℹ️ Inscrición en forms.gle/fuvD52gdBP58...

Agardámoste para conversar xuntas! 😉

#SomosPonte
#CompromisoLocal #XustizaGlobal
🤝 @depo-es-bot.bsky.social
October 9, 2025 at 4:09 PM
📢 Comeza a terceira edición de #SomosPonte coa conversa "Cando a cooperación sana" o 20 de outubro en Pontevedra!

Participarán Yesenia Sauceda e Alia del Río: dúas profesionais da Enfermaría de #Honduras e #Pontevedra unidas pola cooperación ao desenvolvemento.

#CompromisoLocal #XustizaGlobal
October 9, 2025 at 4:09 PM
Recordaremos este 5 de outubro como o día no que unha marea de voces -acompañadas de bandeiras, kufiyas, cartaces e sandías- encheu pacificamente as rúas da cidade, desbordada como nunca de tanta humanidade ♥️

#GalizaConPalestina
#PazXustaParaPalestina #PazeliberdadePalestina
October 6, 2025 at 7:02 AM
Baixo este lema pediuse a fin dos ataques e do bloqueo da axuda humanitaria en Gaza, así como da ocupación. Paz xusta e liberdade para Palestina e, á sociedade, non cesar no apoio e na denuncia. Non mirar para outro lado.
October 6, 2025 at 7:02 AM
Milleiros de persoas déronse cita onte en Compostela en solidariedade co pobo palestino, convocadas pola Coordinadora Galega Galega de Solidariedade con Palestina e máis de 150 colectivos sociais baixo o lema "Galicia con Palestina. 2 anos de xenocidio, 77 anos de ocupación".
October 6, 2025 at 7:02 AM
✨ Gloria Fuertes foi unha poeta inmensa e unha humanista comprometida. Feminista, ecoloxista, pacifista convencida, sempre próxima á infancia e ás persoas máis vulnerables 🕊️
October 3, 2025 at 2:03 PM
A detención por parte de Israel da flotilla con axuda humanitaria a #Gaza sacou onte á rúa a milleiros de persoas en toda Galicia.

Este domingo (12:00, Alameda de Compostela) o apoio ao pobo palestino ten unha nova cita 🍉

ℹ️ praza.gal/mundo/mobili...

#GalizaConPalestina #PazParaPalestina
October 3, 2025 at 7:10 AM
🔎 Estas son algunhas das concentracións convocadas hoxe en Galicia
October 2, 2025 at 8:54 AM
Lembramos que a flotilla é froito da solidariededade cidadá ante o asedio e o bloqueo que asfixia Gaza.

E chamamos a sumarse ás múltiples mobiizacións que están a organizarse en apoio e solidariedade á flotilla e, sobre todo, en apoio ao pobo palestino.

#PazParaPalestina
#StopGenocide
October 2, 2025 at 7:51 AM
🔎 Este domingo 5 de outubro (12:00) Compostela acolle unha gran manifestación convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina.

ℹ️ www.galiciapress.es/articulo/mov...

Tamén en www.instagram.com/asociacion.j...

#GalizaConPalestina #PazELiberdadeDePalestina
October 1, 2025 at 8:42 AM