colegadebar
banner
colegadebar.bsky.social
colegadebar
@colegadebar.bsky.social
"Cada can que lamba o seu carallo".

Eu vin eiquí pra ler a @cascarelo.bsky.social e mentres tamén vos leo a vós.

📍Cork Orunnach/Desván de los Monjes/Millí
Xa está o Deportivo deportiveando como de costume.
February 16, 2026 at 3:39 AM
Os rapmetaleiros ponteareáns Vimbio no Gatos en Millí.
February 8, 2026 at 8:15 AM
Loita Amada no Gatos.
January 31, 2026 at 6:52 PM
Sempre que vou a Viveiro, entre Roupar e Vilares subindo o Xistral, ao pouco de pasar Roupar Xistral arriba, hai unha figura artesá dun oso de madeira ao carón dunha casa. De quen é?
January 26, 2026 at 1:53 AM
Morreu Mabel Montes. Téñoa seguido en Twitter e era unha persoa que parecía sensata e que daba gusto ler. Foi unha das presentadoras do Tempo na TVG e tamén colaboraba na Radio Galega. Foise con 50 anos, moi nova. Perdemos unha boa xornalista e creo que unha mellor persoa. Descanse en paz.
January 20, 2026 at 3:33 PM
Opinade vós por min do sucedido en Venezuela que por hoxe eu xa falei de abondo e non quero que se enfade Trump comigo e me teña que vir secuestrar a min tamén como Home do Saco.
January 4, 2026 at 6:40 AM
Podedes pasarme contas, que estean no Bluesky, de xente da Coruña implicada en causas sociales, plis? É pa unha amiga.
December 29, 2025 at 11:15 PM
Concerto de Océano Eskizo na reserva india do Pub Gatos en Wichita - Millí. Eiquí un vídeo da mellor parte do seu tema "Como o vento" de @sihomesi.bsky.social e do seu desaparecido mais sempre presente irmán Lois Pereiro.
December 28, 2025 at 5:47 AM
Non me gusta falar moito por aquí porque sinto como que hai ollos mirando pa saber que digo e non son capaz de atopar o cadeado pa ter a opción de que me lea só quen eu quero (ou é que non a hai).
December 21, 2025 at 5:20 AM
Os Ruxe Ruxe no Gatos en Millí.
November 23, 2025 at 5:40 AM
No inverno sempre se fixo máis vida de andar por casa que de saír polo mundo e eu non vou ser menos agora que estou feito un señor maior.
October 27, 2025 at 11:19 PM
Aproveito tamén para deixar constancia de que este sábado 25 temos o Festival da Chousa en Boimorto por se alguén quere achegarse. ZËNZAR caeronse do cartaz e no seu sitio entran BROA.
October 22, 2025 at 12:17 AM
Por certo, xa que pasaba por eiquí, se sabedes de podcast en galego de Misterio que non sexa o de Malva e Duarte, que xa o sigo e agora xa non é tanto de misterio, estariavos bastante agradecido e estou disposto a pagar un cacharro se coincidimos polo mundo adiante.
October 22, 2025 at 12:13 AM
Tantas redes abro que despois non me acordo de participar en ningunha e aquí últimamente só entro pra ler a @cascarelo.bsky.social e algunha vez que outra a alguén máis que agora non lembro.
October 21, 2025 at 11:56 PM
Moito Zaka "o Percebeiro" e moito Peke Yeremay.
October 4, 2025 at 6:54 PM
Reposted by colegadebar
O Alto do Fiouco é coñecido polo neboeiro (efecto Foehn) que cobre a autovía do Cantábrico. Cando foron os enxeñeiros de Fomento visitar o lugar, os veciños avisáronos de que moitas veces non se podían ir alindar as vacas porque non se vían a dous pasos, pero prevaleceu o “criterio técnico”. 🛣️ 🌫️
July 17, 2025 at 6:55 AM
Gústame escoitar falar aos mortos que teñen algo que dicir.
September 7, 2025 at 10:05 PM
Porco Bravo, dende Barakaldo aínda que con dous fillos de galegos, tocando "Mírame" no Parga Rock 2025.
September 7, 2025 at 4:34 AM
Udo Dirkschneider no Flores Rock 2025 de balde, amigos.
September 6, 2025 at 1:42 AM
Traiovos plan prá vindeira fin de semana, tarambainas!!
September 1, 2025 at 12:34 AM
A min mira que me gusta o fútbol, máis non me fío da xente que só sabe falar de fútbol. Bueno, máis que o fútbol gústanme o Deportivo e o Athletic Club.
August 31, 2025 at 8:00 PM
Reposted by colegadebar
A cousa máis perigosa que fixen foi apañar amoras nas cunetas da aldea. Menudas broncas. Que iso está contaminado dos coches.
Hoxe xa comemos de todo.
August 19, 2025 at 9:44 PM
Desexando que remate o verán non pa que chova e refresque, non, senón pa poder ter tempo pa seguir léndovos.
August 16, 2025 at 2:09 AM
Mañá Festival e pasado Feira da Troita no Desván de los Monjes.
August 8, 2025 at 4:47 PM
Eu xa fun vello antes de ser novo.
August 7, 2025 at 10:31 PM