Carlos Vieito
banner
carlosvieito.gal
Carlos Vieito
@carlosvieito.gal
Activista dixital. Promotor de @engalego.gal
Erros de raccord é un fanzine chulísimo e rigoroso editado polo Obradoiro dixital, que analiza e debate o estado da cuestión do cinema en Galiza, converténdose nun punto de encontro imprescindíbel para a comunidade amante da sétima arte.
September 30, 2025 at 9:04 AM
Unha visita que paga a pena para calquera sábado do ano é ao Museo do Videoxogo. Unha viaxe interactiva e única pola historia dos videoxogos. O seu punto forte é que non só podes ver, senón xogar: dende máquinas arcade icónicas ata un espazo pioneiro para o videoxogo galego.
September 30, 2025 at 9:04 AM
Podería recomendar unha serie para adultos que me gustase e quedar tan pancho, mais creo que, teñamos crianzas na casa ou non, debemos recomendar e visionar series como Bibopalula (made in Galiza), para non truncar a transmisión interxeracional da nosa lingua.
September 30, 2025 at 9:04 AM
Se sabes de alguén relacionado coa docencia, seguro que coñece a Pablo. Posiblemente a canle de YouTube e Twitch que máis seguimento activo ten na nosa lingua. A maior comunidade de profesionais e estudantes, na que se comparten ideas, experiencias e recursos do eido educativo.
September 30, 2025 at 9:04 AM
Descifrando a Historia non é o típico podcast sobre historia. Máis alá de simples curiosidades, o programa ofrece un contido rigoroso que convida ao oínte a realizar a súa propia reflexión persoal, construíndo unha visión máis completa e complexa do pasado do noso pobo.
September 30, 2025 at 9:04 AM
Sei de primeira man que Kike Varela comezou a fregar nos turntable (eses pratos que xiran os DJ coas mans) no seu cuarto dende moi novo, que xunto con esa paixón e a fusión do techno coa nosa música tradicional, a lingua galega resoa en estadios e festivais internacionais.
September 30, 2025 at 9:04 AM
O que máis me fascina do perfil creativo de Nuska é a transversalidade do seu contido e público. Ademais de ser das contas máis seguidas (con diferenza) da comunidade galegofalante, o seu público é do máis heteroxéneo, algo tremenda difícil de conseguir.
September 30, 2025 at 9:04 AM
Un libro que compre ler para fortalecer a empatía dende ben cativos e lembra: a literatura infantil non é só para cativos.
September 30, 2025 at 9:04 AM