Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
banner
buscusc.bsky.social
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
@buscusc.bsky.social
A BUSC é, pola riqueza dos seus fondos bibliográficos, unha das máis importantes bibliotecas universitarias españolas. Síguenos tamén en en @buschorarios.bsky.social‬ e en instagram: @busc_usc
📖✨Nova edición de "Bibliotecas fermosas", desta volta imos ao Brasil, ao Real Gabinete Portugués de Lectura, edificación de estilo neomanuelino, deseñada polo arquitecto Rafael da Silva e Castro e construída entre os anos 1880 e 1887.
November 28, 2025 at 12:54 PM
📢 O 3 de novembro pechabamos a Hemeroteca da Biblioteca Xeral por mor dunhas obras. Desde mañá volverá estar aberta ao público.
November 27, 2025 at 1:57 PM
Reposted by Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
La tablilla de Nippur: primer plano urbano de la historia revela técnicas de planificación milenarias en Mesopotamia https://shre.ink/qXhy

Recuperada en Irak y guardada en Alemania, esta pieza evidencia un mapa preciso con murallas y recintos que revelan una sorprendente sofisticación técnica
November 27, 2025 at 8:35 AM
📢Máis formación saída do forno❗ Para a vindeira semana (os días 2, 3 e 4 de decembro), a FECYT, xunto con Elsevier, organiza novos seminarios en liña gratuítos e en español. Para participar é imprescindible rexistrarse cun correo electrónico institucional. 👇 Toma nota das sesións para inscribirte:
November 26, 2025 at 8:35 AM
📚💜A Biblioteca Xeral elaborou un centro de interese que recolle un conxunto de obras centradas na denuncia da violencia que se exerce contra as mulleres en todo o mundo, así como obras en galego de escritoras feministas que visibilizan a loita das mulleres contra o sistema patriarcal.
November 25, 2025 at 7:25 AM
🔤Se eres máis de letras... na Biblioteca de Filoloxía exponse ata o 28 deste mes a mostra bibliográfica "Scripta Manent. 50 anos de memoria e palabra", que recolle obras dos autores participantes nas xornadas "Scripta manent" coas que a Facultade de Filoloxía celebrou o seu cincuenta aniversario.
November 24, 2025 at 9:09 AM
☝️😀Non sabes que facer? Na Biblioteca de Ciencias da Comunicación podes visitar ata o 19 de decembro a exposición “Cen anos de Malcolm X: voces negras e pensamento decolonial”, unha mostra que conmemora o centenario do líder afroamericano e reflexiona sobre o seu legado.
November 24, 2025 at 8:57 AM
😜Queres desenvolver unha app? 👽📱

A USC lanza un programa gratuíto de mentorías para crear plataformas dixitais (por exemplo, para xestionar compras compartidas, free tours, deporte…)

📅Inscricións ata o 5 de decembro!

Máis info 👇
goo.su/j70BNL7
November 17, 2025 at 12:26 PM
🌟🤖A irrupción da intelixencia artificial (IA) no ensino superior e na investigación supón un punto de inflexión paradigmático. A Biblioteca de Ciencias da Comunicación impartirá os días 18 e 19 deste mes o seminario "Intelixencia artificial e integridade académica: usos éticos e xustos" 👇
November 14, 2025 at 7:48 AM
🎉SORTEO❗ A Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación sorteará unha cesta cun lote de libros entre os membros da comunidade universitaria que acudan a un dos seus puntos de servizo entre o 12 de novembro e o 12 de decembro e queiran participar.
November 13, 2025 at 7:18 AM
📢Queres coñecer como funciona InCites e afondar no mundo das métricas normalizadas para unha avaliación responsable da produción científica? Inscríbete co correo institucional no seminario web sobre InCites Benchmarking & Analytics, a ferramenta de Web of Science, do día 25 de novembro (13-14.00h) 👇
November 12, 2025 at 7:37 AM
🙂O persoal da biblioteca tamén está actualizándose constantemente. Se pertences a este colectivo, eLIbro oferta cursos IA para bibliotecas académicas nos que mostra o uso de ferramentas e técnicas de intelixencia artificial para mellorar a calidade do servizo e a experiencia do usuario. Toma nota:
November 11, 2025 at 7:59 AM
👉 Agora que xa queda menos para a convocatoria 2024 de sexenios de investigación, é un bo momento para ver en vídeo a charla que Pilar Paneque, directora da Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (ANECA), deu con motivo da Semana do Acceso Aberto 2025. youtu.be/mOpVB7FyFWc
Implementación práctica de los principios y compromisos de CoARA en ANECA
YouTube video by REBIUN Crue I+D+i
youtu.be
November 7, 2025 at 7:34 AM
📷 Ata o 16 de decembro podedes ver algunhas das obras seleccionadas do certame de fotografía "XXXI Maratón fotográfico da USC". Están expostas no vestíbulo da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo no horario habitual do centro.
November 7, 2025 at 7:14 AM
📢Novo recurso electrónico dispoñible: HeinOnline Academic Core Collection. A plataforma dá acceso a máis de 200 revistas xurídicas e permite consultar referencias, libros clásicos e documentos que definiron o campo do dereito ao longo do tempo.
November 6, 2025 at 9:19 AM
👉 Recén inaugurada, ata o 19 de decembro podedes visitar na Biblioteca Concepción Arenal (sala de descanso) a exposición "Cousas de familia. O dereito de familia galego no 75 aniversario do pasamento de Castelao e no 30 aniversario da Lei 4/1995, do 24 de maio, do dereito civil de Galicia".
November 6, 2025 at 9:04 AM
🌎 A Biblioteca América non deixa de recibir visitas. Desta vez recibimos a un grupo de estudantes de "Lingua e historia de España" chegados do Carleton College de Minnesota (EE.UU.).
November 4, 2025 at 8:25 AM
📚Neste 2025 cúmprense cincuenta anos do pasamento de Hannah Arendt, unha das pensadoras indispensables do século XX. Co obxectivo de dar a coñecer a súa obra, a biblioteca de Filosofía ofrece desde hoxe ao 21 de novembro unha mostra bibliográfica dedicada a ela.
November 3, 2025 at 1:26 PM
🚨📢AVISO! A hemeroteca da Biblioteca Xeral permanecerá pechada por obras desde o luns 3 de novembro. Os fondos poderán consultarse na sala de lectura da propia biblioteca, incluídos os que están en formato microficha. Comunicarémosvos cando o espazo volva estar dispoñible. Desculpade as molestias.
October 31, 2025 at 11:46 AM
📢📅Novos obradoiros para autores e investigadores❗ A editorial Wiley organiza sesións entre o 11 de novembro e o 12 de decembro sobre temas como a selección axeitada da revista, os beneficios da publicación en acceso aberto, os dereitos de autor e as estratexias para aumentar o impacto.
October 30, 2025 at 10:39 AM
📢O 31 de outubro deixará de estar dispoñible o acceso á aplicación do procedemento antigo do programa ACADEMIA (Real Decreto 1312/2007) na sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. 👇
October 27, 2025 at 7:12 AM
Contra a desinformación: bibliotecas❗ #diadasbibliotecas2025
October 24, 2025 at 1:04 PM
Reposted by Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
Graciñas ás nosas compañeiras na @usc.gal Mabela Casal e Carmen Posse, que hoxe se achegaron ata o centro para falarnos do papel da #CienciaAberta e presentar as ferramentas que ofrece a @buscusc.bsky.social para impulsar a investigación neste eido 🔎

#OpenScience
#RedeCiGUS #FondosEuropeos
October 23, 2025 at 11:09 AM
Lorca veu a nós 😊
usc.gal USC @usc.gal · Oct 22
Unha mostra de @culturausc.bsky.social coordinada dende a @buscusc.bsky.social conmemora, no Colexio de Fonseca, o 90 aniversario da primeira edición dos 'Seis poemas galegos' de Lorca

A exposición pode visitarse no Claustro Alto ata o 28 de novembro!

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
October 22, 2025 at 12:38 PM
🗺️Sabías que podes visualizar nun mapa a pegada que deixa a produción académica das universidades españolas no mundo? Como? A través de GeoREBIUN, proxecto pioneiro que xeolocaliza os documentos depositados nos repositorios institucionais e descubre que se publica, onde e con que resultados.
October 21, 2025 at 8:47 AM