Arrastra Canastra
banner
arrastracanastra.bsky.social
Arrastra Canastra
@arrastracanastra.bsky.social
Conta de opinión en galego sobre baloncesto FIBA. Barallocas e falabarato por convicción. ¡Trá-trá! 🎤🏀
Pinned
Se vivísemos nun mundo real e non nunha simulación, ter unha conta sobre baloncesto europeo, en galego e en Bluesky iría tan en contra do mainstream que racharía o tecido espazo-temporal. Tanto me ten, como cantaba Bob Seger: "found myself seeking shelter against the wind".
Pois os aboados de Movistar que decían que a ACB estaba secuestrada por DAZN, cando era a súa plataforma a que só permitía ver a Liga cunha suscripción abusiva, están de parabéns. Tamén chega a Orange TV.
December 2, 2025 at 6:35 PM
Esa sensación desagradable cando se confirma Seur como a empresa de paquetería elexida para entregar un envío. Suores fríos/lembranzas de vietnam.
December 1, 2025 at 11:03 AM
Kokoskov cesado. Con todas as baixas que padeceron estos meses semella que agardaban algún milagre. Cesamento completamente inxusto ó meu parecer.
November 27, 2025 at 11:08 AM
35 puntos do ex Breo Justin Robinson contra o Oly. Bárbaro.
November 21, 2025 at 10:32 PM
Gústame a convocatoria de Chus Mateo, algo curta por dentro pero 👌.
November 18, 2025 at 6:50 PM
Levo 5 horas ó Pro Basketball Manager 26 é moi ben, evolucionan pouco pero sempre na dirección correcta.
November 18, 2025 at 6:41 PM
Vaia dous partidolos estanse dando esta mañá na Liga Endesa. Cada vez vexo máis ACB e menos Euroliga. Estou tentando a BCL esta tempada pero mais aló de achar novos xogadores ainda non lle collín de todo o xeito.
November 16, 2025 at 12:01 PM
A equipa que máis vin esta tempada é a Penya e non me arrepinto para nada. Que gozada meu deus.
November 15, 2025 at 7:35 PM
Mágoa, non atopo o iluminao que se ría de Gerard Solé polas súas gabanzas a fichaxe de Livingston, era no saco de esterco que é Twitter, cánta confianza mostran os pailáns sempre.
November 15, 2025 at 7:18 PM
Valdemoro, Carnicero e Ajero. tridente épico no RM-PAO. Na presentación déronme ata sensacións de ignorar que Faried xa xogou en Europa, e non fai moito.
November 13, 2025 at 8:05 PM
Volta Xavi Pascual. Veremos cambios no plantel seguro.
November 13, 2025 at 11:15 AM
Tristura tremenda ca crueldade das lesións de Keenan Evans, pobre home.
November 12, 2025 at 10:51 PM
Xa o dixen algunha vez pero son moito de Jaume Ponsarnau. Un gran adestrador e unha das grandes persoas do baloncesto nacional.
November 10, 2025 at 8:41 PM
Gustaríame a opción Trinchieri para o Barça, adestrador que traballa de forma excelente con equipas algo máis xustas, e opción moito máis barateira a Xavi Pascual, tanto en soldo como en desembolso económico para construír un proxecto a súa medida.
November 10, 2025 at 10:51 AM
Moi interesantes estes minutos da Penya con Tomic e Birgander en pista.
November 9, 2025 at 7:45 PM
Peñarroya cesado.
November 9, 2025 at 6:08 PM
E Otis Livingston comezou pichi picha pero xa estamos voltando a normalidade, o tipo é moi bo.
November 9, 2025 at 1:00 PM
Non sei o que ocorrerá cando volte Forrest xa que Simmons é bo pero a min Markquis Nowell ségueme agradando moito, e ten contrato.
November 9, 2025 at 12:57 PM
Estou trocando por tempos de partido entre Barça e Baskonia. Está sendo atroz.
November 9, 2025 at 12:09 PM
Reposted by Arrastra Canastra
Lleida defendendo en zona.

Unha puta zona 2-3! 🤩🤩

Estou chorando.
November 9, 2025 at 11:25 AM
Novos detalles sobre o desembarco da NBA en Europa. Nunha entrevista á Gazzeta dello Sport George Aivazoglou, director xeral de NBA Europa, fala de Outubro do 2027 como data de comezo, dunha liga de 16 con 12 equipas permanentes mais, por unha parte o campión da BCL e outros 3 das ligas nacionais.
November 7, 2025 at 5:15 PM
Acabo de escoitar a un mequetrefe gabándose e loando o seu parecer por ser analista dun equipo de 2ª REF. A Cuarta división do fútbol español si. Os futboleiros fanáticos teñen a realidade totalmente perturbada, todo xira ó redor do fútbol.
November 7, 2025 at 5:01 PM
Podenme cerrar contas e redes sociais, pero que a este fillo de puta non lle tiren os dentes hoxe mesmo é un fracaso flagrante como sociedade.
November 3, 2025 at 8:21 AM
En 15 días sae o Pro Basketball Manager 26, este ano contará cas licenzas da BCL e de varias ligas europeas, entre as que sobresaen a liga turca, italiana e francesa.
November 2, 2025 at 1:53 PM
November 1, 2025 at 10:26 PM