Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
banner
acalexandreboveda.bsky.social
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
@acalexandreboveda.bsky.social
Somos unha asociación cultural fundada na Coruña no ano 1976. Temos como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lingua e da cultura galegas. Divulgamos tamén a figura e do pensamento do ilustre nacionalista que dá nome á nosa entide.
Sabiades que o premio Nobel de Literatura 2025, o escritor húngaro László Krasznahorkai é un moi destacado guionista de cinema?
 Hoxe ás 19.30 h, na sesión mensual de #OutrasHistoriasDeCinema Martin Pawley fala dos filmes de #LászlóKrasznahorkai o escritor habitual das películas de #BélaTarr.
December 4, 2025 at 11:30 AM
«Poesía en Gaza»
Venres 5, ás 19h, acollemos unha proposta profundamente comprometida: un obradoiro de encadernación artesanal da antoloxía poética "Un sexto dedo en cada man", versos do poeta palestino Nasser Rabah
Por 12 € levarás o teu propio exemplar do libro. O recadado irá íntegro para o autor
December 4, 2025 at 9:03 AM
O escritor húngaro László Krasznahorkai é o autor premiado co Nobel de Literatura 2025, ademais de escritor é un destacado guionista de cinema.
Xoves 4, 19.30h, Martin Pawley falará dos filmes de László Krasznahorkai, o guionista das películas de Béla Tarr, figura fundamental do cine contemporáneo.
December 3, 2025 at 5:03 PM
Non é infrecuente que o Premio Nobel de Literatura recaia nunha figura que deixou a súa pegada tamén no cinema. 
Este xoves 4, ás 19.30 h, #MartinPawley falaranos dos filmes de #LászlóKrasznahorkai, o escritor habitual das películas de Béla Tarr, figura fundamental do cinema contemporáneo.
December 2, 2025 at 9:02 AM
🎭O Teatro Rosalía de Castro acolle o mércores 3, ás 20.30 h a XXVIII edición do Memorial Ibán Toxeiro. 
Dirección de Manuela Varela e coas actuacións de Galeatro e Xarope Tulú. Tamén actuará Alexandre Bóveda Teatro coa obra O auto do taberneiro. 
Conducida por Sabela Hermida. 
ESTADES CONVIDADAS!
December 1, 2025 at 11:02 AM
Gala do XXVIII Memorial Ibán Toxeiro
O Teatro Rosalía de Castro acolle o mércores 3 de decembro ás 20.30 horas a 28 edición do Memorial Ibán Toxeiro. Baixo o título Toxos e tabernas: festexemos a Manuel María, a xornada rende homenaxe á faceta teatral do autor chairego.
Dirección de Manuela Varela.
November 30, 2025 at 4:02 PM
🎶Luns 1, ás 20 h, acollemos a presentación de "Por que non hei de cantar? de Leticia Eirín e Xosé Manuel Sánchez Rei.
Publicada polo Servizo de Publicacións da UDC con motivo do Día das Letras Galegas, rende homenaxe a todas as mulleres que conservaron e transmitiron a música e canto tradicional.
November 30, 2025 at 9:02 AM
Presentación de "A ditadura portuguesa contra Castelao" de Antonio Iglesias Mira
🗓️ Hoxe venres
🕣 19:30 h
Unha investigación apaixonante que recupera a historia dun espectáculo teatral prohibido pola ditadura portuguesa e que se pensaba perdido.
O autor estará acompañado por María Xosé Silvar, #Sés.
November 21, 2025 at 10:02 AM
O luns 24, ás 20h, preséntase na nosa sede o libro CÚAN LONXE, CÁNTO! O legado poético de Sir John Moore, unha edición de David Clark publicada por Medulia Editorial.
Afonda na converxencia de tres figuras: o militar escocés Xeneral Sir John Moore, o poeta irlandés Charles Wolfe e Rosalía de Castro.
November 20, 2025 at 1:30 PM
🌀 Os negacionismos 
Hoxe xoves ás 19:30h
A sesión estará dedicada a un tema tan actual como preocupante: os negacionismos.
❌ “O cambio climático non existe”
❌ “A Terra é plana”
❌ “A clase médica engana”
❌ “As persoas migrantes veñen quitarnos o traballo”
En colaboración coa #FundaciónLuzes.
November 20, 2025 at 9:03 AM
Presentación de "A ditadura portuguesa contra Castelao" de Antonio Iglesias Mira
O autor estará acompañado por María Xosé Silvar, #Sés.
Unha investigación apaixonante que recupera a historia dun espectáculo teatral prohibido pola ditadura portuguesa e que se pensaba perdido para sempre.
November 19, 2025 at 4:32 PM
Este xoves 20 ás 19:30h novo encontro do ciclo Revisar os marcos, coa xente de #Luzes
A sesión estará dedicada a un tema tan actual como preocupante: os #negacionismos.
❌ “O cambio climático non existe”
❌ “A Terra é plana”
❌ “A clase médica engana”
❌ “As persoas migrantes veñen quitarnos o traballo”
November 19, 2025 at 9:20 AM
Este mércores a socióloga e profesora da UVigo Iria Vázquez Silva fala sobre violencia sexista nas redes e a manosfera, como medran os espazos dixitais con discursos machistas e negacionistas, como se organizan estas comunidades de odio e dará claves para combatermos a violencia sexista en liña.
November 18, 2025 at 5:31 PM
🙋‍♀️Tertulia: 25 anos en marcha pola vida das mulleres
🗓️sábado 15⏰11:30 📍 Santo André nº 36 A Coruña
Celebramos os 25 anos da Marcha Mundial das Mulleres cun encontro e un espazo de partilla con compañeiras das diferentes xeracións que fixeron parte destes 25 anos de feminismo na cidade e na comarca.
November 14, 2025 at 6:35 PM
🌿 Hoxe venres 14 de novembro ás 19:30 h inauguramos na nosa sede (rúa Santo André nº 36, 1º) a exposición “A Arte de Vagar” de Daniel Remeseiro.
Un diálogo entre natureza e identidade, onde o vagar é un acto de transformación e conciencia.
#ArteGalega #Exposición #DanielRemeseiro
November 14, 2025 at 12:30 PM
Vía Galega convoca á cidadanía a un acto simbólico na Coruña este sábado, 15, ás 12h. A acción, que se desenvolve de xeito simultáneo en diferentes localidades de toda Galiza, terá lugar no Paseo do Parrote, diante do muro do Xardín de San Carlos, fronte á porta de Santo André no devandito muro.
November 14, 2025 at 10:02 AM
🌿 Inauguración da exposición “A Arte de Vagar” de Daniel Remeseiro

Venres 14, ás 19:30h.

As obras preséntanse como un diálogo visual entre a paisaxe e a identidade emocional e física do observador, froito da contemplación e do vagar.
O vagar como proceso transformador e non como acto de evasión.
November 13, 2025 at 3:03 PM
🎬 Xoves 13 de novembro ás 19:30 h
Nova sesión do ciclo “Outras historias do cinema”.

🎙️ Martin Pawley falará de Pier Paolo Pasolini, un creador xenial, crítico e profundamente humano no 50 aniversario do seu asasinato
Rendemos tributo a unha figura fundamental da cultura do s XX.

#Cinema #Pasolini
November 13, 2025 at 9:03 AM
Sábado 15, ás 11.30h, celébrase na nosa sede a tertulia «25 anos en marcha pola vida das mulleres», un acto organizado pola @MarchaMundialDasMulleres. A xornada proponse como un encontro e un espazo de partilla con compañeiras das diferentes xeracións que fixeron parte da Marcha Mundial das Mulleres
November 12, 2025 at 1:30 PM
Xoves 13, 19.30h, teremos unha nova sesión do ciclo “Outras historias do cinema”. #MartinPawley falará de #PierPaoloPasolini. En novembro de 1975 foi asasinado o escritor e cineasta Pier Paolo Pasolini, un referente pola súa mestura infrecuente de xenialidade, conciencia crítica e empatía humanista.
November 12, 2025 at 9:02 AM
Este mércores 12, ás 19.30h, acollemos a presentación de "Sanfermines de 1978: Los victimarios" de Sabino Cuadra libro que aborda os acontecementos ocorridos nos sanfermíns de 1978. O texto busca rachar co silencio institucional e súmase á memoria colectiva que reclama verdade, xustiza e reparación.
November 11, 2025 at 12:03 PM
Xoán Rubia, máis coñecido pola súa faceta musical, presenta hoxe luns 10, ás 20h, "O practicante rural", as lembranzas da súa traxectoria profesional en que se enmarcou a súa vida fóra dos escenarios.
Quere ser este libro unha homenaxe aos compañeiros e compañeiras de profesión.
November 10, 2025 at 3:17 PM
Xoves 13, ás 19.30h,“Outras historias do cinema”. Martin Pawley falaranos de Pier Paolo Pasolini
En 1975 foi asasinado o escritor e cineasta Pasolini. 50 anos da desaparición dun creador que, coa súa mestura infrecuente d xenialidade e conciencia crítica nunca deixará de ser un referente intelectual
November 10, 2025 at 10:02 AM
🌟Alexandre Bóveda Teatro presenta A fraga en perigo 
Unha aventura onde as árbores falan, o perigo axexa...e só quen a coida pode salvala.

Vinde disfrutar con nós!

👥 A partir dos 4 anos
📌Centro Sociocultural O Graxal-Cambre
🕖 18h
🎟 De balde
November 7, 2025 at 10:02 AM
Sábado 8, ás 12h, #CafésFeministas: «Estannos a recortar dereitos?»
Vivimos nun momento en que se aproveita calquera caso para cuestionar as políticas de igualdade, as leis que implican avances en dereitos para as mulleres e cuestións que teñen que ver coa autonomía de todas nós.
November 6, 2025 at 6:02 PM