Vicente Abelleira Cambeiro
vicenteabelleira.bsky.social
Vicente Abelleira Cambeiro
@vicenteabelleira.bsky.social
Nacín en Outes, nas terras de Francisco Añón Paz e Nicolasa Añón Paz...
08-12-1923 Nace a historiadora Olga Gallego Domínguez, especialista na historia social de Ourense entre os séculos XIV e XIX.
December 8, 2025 at 1:57 AM
07-12-1857 Primeira folga de mulleres en Galiza, na Fábrica de Tabacos da Coruña, contra as malas condicións de traballo.
December 7, 2025 at 1:26 AM
06-12-1939 Morre o pintor Xesús Rodríguez Corredoyra, considerado da escola pictórica galega.
December 6, 2025 at 2:08 AM
05-12-2010 Morre en Ourense de ELA Marcos Valcárcel López, xornalista, escritor e historiador, especialista na "Xeración Nós".
December 5, 2025 at 1:33 AM
04-12-1978 Morre en Vigo o pintor e gravador Carlos Sobrino Buhigas, creador de paisaxes e escenas costumistas.
December 4, 2025 at 3:23 AM
03-12-1926 Nace en Meá (Mugardos) o médico e intelectual galeguista Agustín Sixto Seco.
December 3, 2025 at 1:11 AM
02-12-1936 Nace en Ribeira Xosé Ramón Barreiro Fernández, historiador, escritor e presidente da Real Academia Galega.
December 2, 2025 at 12:25 AM
01-12-1834 "Carta Xeométrica de Galicia", de Domingo Fontán, primeiro mapa topográfico con métodos científicos do Estado.
December 1, 2025 at 12:11 AM
30-11-1943 Fundación do Instituto "Padre Sarmiento", a partir dos fondos espoliados do Seminario de Estudos Galegos.
November 30, 2025 at 12:09 AM
29-11-1924 Empeza a publicar a Editorial Lar. O seu obxectivo é estender, divulgar e popularizar a literatura galega.
November 29, 2025 at 1:00 AM
28-11-2015 Morre en Santiago o teólogo e escritor Xosé Chao Rego, autor dunha extensa obra de teoloxía e antropoloxía.
November 28, 2025 at 12:16 AM
27-11-2023 Morre o mestre, escritor, humorista e divulgador coruñés Miguel López, "Hematocrítico".
November 27, 2025 at 12:34 AM
26-11-1865 Nace o compositor Xosé Baldomir, que creou obras sobre textos de Rosalía, Pondal, Cabanillas ou Curros.
November 26, 2025 at 1:24 AM
25-11-1989 Estréase o filme "Sempre Xonxa", fito da cinematografía en galego, dirixido por Chano Piñeiro.
November 25, 2025 at 12:58 AM
24-11-1861 Publícase o primeiro texto en galego de Rosalía, o poema "¡Adiós qu'e eu voume!".
November 24, 2025 at 1:50 AM
23-11-1879 Fúndase o Centro Galego da Habana, o máis importante da historia da emigración galega.
November 23, 2025 at 1:09 AM
22-11-1929 Nace a poeta, narradora e dramaturga Xohana Torres Fernández, referente da literatura galega da segunda metade do XX.
November 22, 2025 at 12:31 AM
21-11-1922 Nace na Coruña Mª Victoria Casares Pérez, unha das grandes actrices do teatro e o cine de Francia, onde vivíu o exilio.
November 20, 2025 at 11:33 PM
20-11-1850 Nace en Santiago de Compostela Alfredo Vicenti, médico, poeta, xornalista e político.
November 19, 2025 at 11:29 PM
19-11-1918 Realízase a primeira gravación do Himno Galego, a cargo do coro Cantigas e Aturuxos de Lugo.
November 19, 2025 at 12:03 AM
18-11-1918 Remata a I Asemblea Nazonalista, celebrada en Lugo e publícase o "Manifesto ao Pobo Galego".
November 17, 2025 at 11:26 PM
17-11-1970 Morre na Coruña a pintora Mª Carmen Corredoira Ruiz, que deixou unha obra íntima, de debuxo e rica paleta.
November 16, 2025 at 11:29 PM
16-11-1877 Nace en Bande o gran gaiteiro Faustino Santalices Pérez, responsable ademais da recuperación da zanfona.
November 15, 2025 at 11:22 PM
15-11-1943 Morre no exilio Basilio Álvarez Rodríguez, unha das figuras máis destacadas do movemento agrarista de Galiza.
November 14, 2025 at 10:25 PM
14-11-1916 Sae na Coruña o primeiro número do xornal "A Nosa Terra", cabeceira histórica do nacionalismo galego.
November 13, 2025 at 10:59 PM