REDMETEO (meteoroloxía en Galego)
@redmeteo.bsky.social
360 followers 15 following 550 posts
🏃🏼‍♂️ David ⛈️ Soño con ser "home do tempo" 👀 Aquí atoparas prognósticos, actualidade e divulgación desta marabillosa ciencia, pero sempre en galego! 🥰
Posts Media Videos Starter Packs
redmeteo.bsky.social
Loxicamente estamos a varios días da chegada da fronte e hai que agardar aínda para ver que intensidade vai ter finalmente, pero bueno, polo menos, semella que vai chover e que as temperaturas van baixar, que é o que vai tocando 🥰
redmeteo.bsky.social
As cales achegarán máis humidade e frontes asociadas, comezando polo propio domingo, cando unha fronte atravesará #Galicia, deixando as precipitacións máis abondosas no oeste, como é normal nestes casos, pero a auga semella que chegará a toda a comunidade.
redmeteo.bsky.social
🌧️ Dende aquí, con moita felicidade (non me escondo), coido que xa podo anunciar a primeira fronte activa do que levamos de mes, prevista para o vindeiro domingo 19. E é que a partir do sábado estaremos baixo a influencia das baixas presións durante días.

Segue o fío ⬇️
redmeteo.bsky.social
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do mércores e vemos moito sol con nubes altas sen importancia, algunhas nubes na Mariña e tamén en zonas altas do interior. Vento frouxo.

🟢 Termómetros sen cambios

#AbreAXanela, e comparte! 🥰
redmeteo.bsky.social
🌤️ Bo día! Imos a por un martes anticiclónico, de sol con máis nubes na Mariña/Ortegal e tamén pola tarde no interior sur onde, de novo, poderá caer algún chuvasco de tipo treboento. As temperaturas, seguen sen grandes cambios, calor para a época.

A poñerlle lombo 🙂‍↕️
redmeteo.bsky.social
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos moito sol en xeral. Máis nubes na Mariña e Ortegal e tamén pola tarde no interior sur, con risco dalgún chuvasco. Vento frouxo.

🟢 Temperaturas sen grandes cambios

#AbreAXanela, e comparte! :)
redmeteo.bsky.social
👉 Bo día! Imos a por un luns de moito sol en xeral. Teremos risco de nubes baixas na Mariña e tamén nubes de evolución pola tarde no interior que poderían deixar algún chuvasco. As temperaturas, sen cambios, elevadas para a época do ano un día máis 📈
redmeteo.bsky.social
📈 Estas son as temperaturas máximas de hoxe en #Galicia. Outro día de verán, e van.... e quedan uns cantos.

Ás 19:00, o prognóstico da semana
redmeteo.bsky.social
☀️ Bo día! Seguimos con este verán tardío, moito sol en xeral, agás na Mariña onde o nordés acumula máis nubes. Pola contra, no mediterráneo as chuvias seguen a ser protagonistas, con moita intensidade na maior parte dos casos.

Feliz domingo! 🥰
redmeteo.bsky.social
🌤️ Bo día! Comeza un venres e un fin de semana anticiclónico, con máis nubes na Mariña e Ortegal debido ao nordés e moito sol no resto de #Galicia con valores que volverán rondar os 25/26°C. Pola contra, no Mediterráneo segue chovendo forte.
redmeteo.bsky.social
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do venres e vemos moito sol con algunhas nubes na Mariña e Ortegal. Vento do nordés.

📈📉 Máximas en ascenso e mínimas en descenso

#AbreAXanela, e comparte! 🥰
redmeteo.bsky.social
👉 Bo día! Por diante un xoves de máis nubes no extremo norte, onde se dará algún chuvasco feble. Moito sol no resto de #Galicia, coa circulación de nordés como protagonista. Os termómetros, sen grandes variacións.

A polo xoves!
redmeteo.bsky.social
👉 Bo día! Perdemos transitoriamente a plena influencia do anticiclón. Nubes na metade norte con algún chuvasco, máis sol no sur. Volve o nordés coas temperaturas en descenso, agás nas Rías Baixas, onde subirán moi lixeiramente.

A poñerlle lombo 🙂‍↕️
redmeteo.bsky.social
🌫️ Galicia é emoción meteorolóxica en estado puro

#Redmeteo #Galicia
redmeteo.bsky.social
👉 Xa reparaches en como o tempo en Galicia marca cada momento da nosa vida?
Non só pasa, deixa pegada

Segue o fío ⬇️
redmeteo.bsky.social
👉 Bo día! Martes marcado polas nubes altas que irán decorando o ceo galego. Tamén chegarán nubes baixas a partir da tarde ao oeste debido ao aporte húmido do vento do mar. As temperaturas, en descenso na franxa atlántica, sen cambios significativos no resto de #Galicia.
redmeteo.bsky.social
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos nubes altas. O vento do oeste achegará máis nubes de tipo baixo á marxe atlántica. Risco dalgún chuvasco treboento no interior pola tarde.

📈 Maximas en lixeiro descenso (na mariña subirán), e mínimas en ascenso.

#AbreAXanela, e comparte! 🥰
redmeteo.bsky.social
☀️ Bo día! Por diante un luns de moito sol en toda #Galicia con algunha nube alta sen importancia. O fresco da primeira hora da paso a un mediodía e primeiras horas da tarde con temperaturas elevadas para a época, rondando os 26°C en moitas zonas.

Feliz luns! 🥰
redmeteo.bsky.social
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do luns e vemos moito sol en xeral con algunha nube de tipo alto. Vento frouxo en xeral.

📈 Temperaturas en ascenso, volve a caloriña nas horas centráis.

#AbreAXanela, e comparte! 🥰
redmeteo.bsky.social
🌤️ Bo día! Por diante un domingo anticiclónico, volve o nordés polo que hai que agardar máis nubes no extremo norte, especialmente na Mariña e Ortegal. No resto, moito sol e temperaturas en ascenso nas horas centráis 📈
redmeteo.bsky.social
🌧️ Bo día! Por diante un sábado gris e húmido debido a unha fronte pouco activa que cruzará #Galicia de norte a sur, deixando as chuvias máis intensas na metade norte, no sur pouca cantidade caerá. As temperaturas, en descenso 📉
redmeteo.bsky.social
👉 bo día! Venres de nubes altas, as cales anuncian o cambio de tempo que teremos o sábado. Polo momento, xornada tranquila con vento do suroeste que aportará máis humidade á costa oeste onde haberá algunhas nubes de tipo baixo (máis contra a noite). Descenso térmico 📉
redmeteo.bsky.social
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do venres e vemos nubes altas decorando o ceo. O vento do suroeste podería aportar máis nubes de tipo baixo ao litoral oeste.

📉 Temperaturas en descenso

#AbreAXanela, e comparte! 🥰
redmeteo.bsky.social
👉 Bo día! Por diante outra xornada anticiclónica onde teremos nubes altas paseando polo ceo galego. O vento vira a noroeste polo que na costa oeste poderá haber máis nubes de tipo baixo. As temperaturas baixan lixeiramente.