Real Academia Galega
banner
realacademiagalega.bsky.social
Real Academia Galega
@realacademiagalega.bsky.social
Institución científica que ten como obxectivos fundamentais o estudo, a defensa e a promoción da lingua e da cultura galegas.
Pinned
🎦 Prácenos presentarvos 'Se canto é porque quero', a serie das #LetrasGalegas2025. Xa podedes vela na nosa web e na nosa canle de Youtube. 🎼
academia.gal/comunicacion...
#cantareiras #poesíapopularoral
Se canto é porque quero
academia.gal
📣Xulia Feixoo, etnomusicóloga: "Quizais o ronsel do cantigueiro sexa a posibilidade de seguir trenzando comunidade máis alá das fráxiles fronteiras do presente"

🎦 Conferencia completa no Simposio das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras👇
www.youtube.com/watch?v=Lo3O...
Xulia Feixoo. Ao ronsel do cantigueiro | Simposio Día das Letras Galegas das cantareiras
YouTube video by RealAcademiaGalega
www.youtube.com
December 9, 2025 at 8:23 AM
O escritor, xornalista e académico Víctor Freixanes resultou gañador da IV edidición do Premio Carlos Casares de xornalismo literario.
academia.gal/-/victor-fre...
Víctor Freixanes, gañador do Premio Carlos Casares de Xornalismo Literario
academia.gal
December 5, 2025 at 12:31 PM
📽️ Castelao no cinema centra a última peza asinada do noso sitio web dedicado ao autor neste seu ano. A académica Margarita Ledo percorre a súa relación coa sétima arte dende 'Miss Ledyia' (1916) e 'La tragedia de Xirobio' (1930) a 'Antes de Nós' (2025).

academia.gal/-/ano-castel... #AnoCastelao
O dobre exilio: Castelao no cinema
academia.gal
December 4, 2025 at 8:34 AM
“Desfeita”, “foliada”, “loia”, “lume”, “retrinco” e “xenocidio” son as seis voces que optan a se converter na #PalabraDoAno2025. Votade pola vosa favorita ata o 21 de decembro no noso #PortaldasPalabras e compartide!
academia.gal/-/-desfeita-...
“Desfeita”, “foliada”, “loia”, “lume”, “retrinco” e “xenocidio”, finalistas na elección da Palabra do Ano 2025
academia.gal
December 3, 2025 at 9:05 AM
Luz Méndez lévanos ata Vedra no último episodio desta tempada da serie 'O Seminario de Onomástica responde'. A académica correspondente explícanos a orixe do nome deste municipio, derivado dun adxectivo arcaico con moita pegada na toponimia.
www.youtube.com/watch?v=zio-...
www.youtube.com
December 2, 2025 at 9:04 AM
Van rematando as #LetrasGalegas25 das #cantareiras a poesía popular oral, pero seguimos a cantar (e bailar)!
📷 Autor Pepis Beiró
📌Fonte: academia.gal/aves
November 28, 2025 at 11:12 AM
Seguimos a percorrer o #Camiño francés cos nosos #topónimos. O académico Antón Santamarina fálanos da orixe e do significado do nome do concello do Pino neste novo episodio da serie #OSeminarioDeOnomásticaResponde.
www.youtube.com/watch?v=hrF7...

#galicianomeada #terranomeada
O Seminario de Onomástica responde: O Pino | Antón Santamarina
YouTube video by RealAcademiaGalega
www.youtube.com
November 27, 2025 at 1:10 PM
A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de José Freixanes, un dos artistas máis destacados da vangarda galega. Enviámoslles todo o noso cariño ao seu irmán Víctor, expresidente da RAG, e a toda a súa familia. Que a terra lle sexa leve.

📷 J. L. Oubiña. Diario de Pontevedra
November 26, 2025 at 7:43 PM
Os nosos parabéns a @marilaraleixandre.bsky.social, primeira doutora honoris causa da Universidad de Almería. No seu discurso de investidura, a académica defendeu o pensamento crítico como ferramenta poderosa fronte á desinformación e o negacionismo.
academia.gal/-/marilar-al...
Marilar Aleixandre, primeira doutora honoris causa da Universidad de Almería
academia.gal
November 25, 2025 at 1:21 PM
📣Branca Villares: "Nas coplas que falan da violencia contra as mulleres hai códigos para se manter a salvo e certa intención de denuncia, pero tamén moralizante"

🎦Relatorio completo no Simposio das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras (3:12:30)👇
www.youtube.com/watch?v=tENG...
#25N
November 25, 2025 at 9:40 AM
“Estas Letras foron moi expansivas. Estou moi contento, e penso que Rosalía tamén o estaría”, di o músico Xabier Díaz, unha das voces que convidamos a facer balance do ano das #cantareiras e reflexionar sobre o futuro da tradición.

🎦📷✒️ Simposio das #LetrasGalegas2025 👇
academia.gal/-/a-academia...
November 24, 2025 at 9:40 AM
📣Ana Boullón: "O éxito das #LetrasGalegas2025 non foi mérito da Real Academia Galega senón da sociedade que sostén este patrimonio de todos"

🎦 Escoitamos xa a Isabel Vigo, Xabier Díaz e Richi Casás no Simposio das #cantareiras 👇
www.youtube.com/watch?v=KCJR...
November 22, 2025 at 5:15 PM
📣 Manuel Rico: "Temos un material inmellorable no cancioneiro para introducir a nosa música na escola. (...) Non se comprende que nun conservatorio de Galicia se prescinda dela"

🎦Sesión de tarde do Simposio das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras en directo 👇
youtube.com/watch?v=KCJR...
November 22, 2025 at 4:24 PM
Branca Villares fálanos do pouso da violencia contra as mulleres no cancioneiro no Simposio das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras.

🎦 Sesión da mañá 👇
youtube.com/watch?v=tENG...
Sesión da tarde a partir das 16:30 h 👇
youtube.com/watch?v=KCJR...
November 22, 2025 at 12:59 PM
A profesora e intérprete de música tradicional Branca Villares fálanos do pouso da violencia contra as mulleres no #cancioneiro no Simposio das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras.

🎦 Sesión da mañá 👇
youtube.com/watch?v=tENG...
Sesión da tarde a partir das 16:30 h 👇
youtube.com/watch?v=KCJR...
November 22, 2025 at 12:57 PM
Henrique Monteagudo, presidente da RAG: “As Letras das #cantareiras déronlle visibilidade a todo o esforzo colectivo que reivindica a poesía popular oral, o canto, o baile, e que interpela a xente nova, futuro da lingua”

🎦 Simposio das LetrasGalegas2025
youtube.com/watch?v=tENG...
November 22, 2025 at 10:14 AM
Agardámosvos este sábado 22 de novembro en Muxía. Convidámosvos ao Simposio das Letras Galegas das #cantareiras para repensarmos a tradición desde o xénero e a clase social, reflexionar sobre o seu futuro ou abordar o papel que tiveron os colectores do noso folclore.
November 18, 2025 at 12:09 PM
O coordinador técnico de Galicia Nomeada, o filólogo da RAG Vicente Feijoo, afonda na historia e no significado do topónimo 'O Riós', que designa o concello ourensán do que é natural, neste novo episodio da serie 'O Seminario de Onomástica responde'.
www.youtube.com/watch?v=VIps...
O Seminario de Onomástica responde: O Riós | Vicente Feijoo
YouTube video by RealAcademiaGalega
www.youtube.com
November 18, 2025 at 8:08 AM
Empezamos a semana entregándolle o I I Premio Na lingua que eu falo do proxecto #PrimaveraDasLetras á comunidade educativa do CEIP Milladoiro de Malpica, exemplo excelente de como os colexios poden ser espazos de reforzo e de agarimo pola lingua.

📌Todos os detalles 👇
i.gal/ceipmilladoi...
O CEIP Milladoiro recibe o I Premio Na lingua que eu falo, a “medalla de ouro” da RAG ás iniciativas que promoven o galego na infancia
i.gal
November 17, 2025 at 2:06 PM
Entre as novas entradas do Dicionario, figuran palabras que completan familias de palabras como "bucinada" ou "estudantado". Tamén voces tradicionais como "bochinche" ou "rianxo" e outras de recente creación como "autofoto" ou "dina", así como o xentilicio "gazano, -a".

academia.gal/-/o-dicionar...
O Dicionario da Real Academia Galega incorpora un cento de voces
academia.gal
November 14, 2025 at 9:23 AM
📣 "Traballar en galego é educar desde a raíz, formar persoas conscientes da súa orixe e capacidade para transformar o mundo desde o que son” 📣

Así se concibe a educación o profesorado do CEIP Milladoiro de Malpica, gañador do I Premio #NaLinguaQueEuFalo #PrimaveraDasLetras.

📌 i.gal/ipremionalin...
O CEIP Milladoiro recibe o luns o I Premio Na lingua que eu falo
i.gal
November 13, 2025 at 12:42 PM
A RAG súmase á celebración dos 500 anos de Camões coa Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa, onde colabora na mostra sobre o fondo galego da súa biblioteca. O presidente Henrique Monteagudo interveu ademais no coloquio internacional sobre o autor.
academia.gal/-/a-rag-part...
A RAG participa en Lisboa na celebración dos 500 anos de Camões
academia.gal
November 12, 2025 at 12:57 PM
Andamos xa á procura da #PalabradoAno2025! Agardamos as vosas suxestións no noso #PortalDasPalabras ata o 1 de decembro. Velaquí todos os detalles da campaña 👇
portaldaspalabras.gal/palabradoano
Palabra do Ano 2025
Palabra do Ano 2025
portaldaspalabras.gal
November 11, 2025 at 12:32 PM
O académico correspondente Antón Palacio, natural de #Pantón, fálanos do nome do seu municipio, único no noso Nomenclátor, neste novo episodio da serie 'O Seminario de Onomástica responde'.
www.youtube.com/watch?v=_2fk...
O Seminario de Onomástica responde: Pantón | Antón Palacio
YouTube video by RealAcademiaGalega
www.youtube.com
November 11, 2025 at 8:23 AM
O Museo Ramón Cabanillas de Cambados inaugurou a exposición sobre o teatro do autor ao coidado do académico Francisco Fernández Rei. A mostra permanecerá aberta todo o 2026 para conmemorar o centenario da publicación de 'O Mariscal', que escribiu con Antón Vilar Ponte.
academia.gal/-/o-teatro-d...
O teatro de Ramón Cabanillas: alento poético e fondura dramática
academia.gal
November 10, 2025 at 1:09 PM