Federación Galiza Cultura
banner
galizacultura.bsky.social
Federación Galiza Cultura
@galizacultura.bsky.social
22 followers 15 following 11 posts
Federación de asociacións culturais galegas na actualidade participada por 30 entidades do noso país. Se queres contactar connosco: [email protected]
Posts Media Videos Starter Packs
Por 3° ano consecutivo a Federación Galiza Cultura organizamos representacións e lecturas dramatizadas da pequena obra de Castelao 'Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete' publicada na editorial Céltiga en 1922.
Datas, horas e lugares no cartel.
Programa FO203 da Área de Cultura da Dep. Coruña
Homenaxe a Castelao. 'Castelao, Sempre en Galiza'

🗓️ Venres 27
🕗 20 horas
📍 Museo do Pobo Galego

Tes toda a info no seguinte enlace: viagalega.gal/2661-2/

Actividade grazas ao programa FO203 da
Área de Cultura da Deputación da Coruña e colabora @pazoderaxoi.bsky.social
A mostra fechará o día 30 deste mes de xuño para seguir a súa itinerancia por outras cidades e vilas do país e lévase a cabo a grazas ao Programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais no ano 2025 da Area de Cultura da Deputación da Coruña.
As obras e criacións de #PepeCarreiro, un dos debuxantes galegos máis relevantes dos últimos 40 anos, fan un conxunto de 50 cadros, que nos achegan a súa visión da realidade social galega expresada con toda a súa naturalidade e sempre desde unha perspectiva crítica e reflexiva.
A estancia na cidade compostelá, constitúe a terceira parada desta mostra que previamente xa lucíu nas cidades da Coruña e de Lugo, conformándose coma unha das citas culturais deste primeiro semestre do ano na Galiza.
Seguimos levando polo país a mostra 'Humor para mudar o mundo. Que graza!' de #PepeCarreiro.
Desta volta toca parada en Compostela.
A partir do 🗓 2 de xuño no 📍 Maruxa e Coralia (praza Salvador Parga, 4) e coa colaboración das nosas entidades federadas #ACOGalo e #ACeMSolfa.
Levamos a Lugo a exposición de Pepe Carreiro 'Humor para mudar o mundo. Que graza!'
Desde este xoves día 3 de abril, a partir das 19 horas, no Vello Cárcere!, na praza da Constitución.
Permanecerá aberta para visitala até o 29 de maio.
A non perder!
Colgado xa na nosa páxina de Facebook o álbum de fotos da inauguración realizada no local da @acalexandreboveda.bsky.social da exposición 'Humor para mudar o mundo. Que graza!" de #PepeCarreiro.
Pódese visitar até o 6 de marzo.
www.facebook.com/share/1ALW5s...
Redirecting...
www.facebook.com
Ateigados arestora, os espazos que nos cede a @acalexandreboveda.bsky.social na inauguración da exposición 'Humor para mudar o mundo. Que graza!' de Pepe Carreiro.
Comeza esta mostra que poderá verse até o 6 de marzo.
Actividade realizada no programa FO203 da Área de Cultura da Deputación da Coruña.
Reposted by Federación Galiza Cultura
Vide hoxe venres ás 19:30 acompañar a Pepe Carreiro na inauguración da súa exposición: “Humor para mudar o mundo. #Quegraza!”
Esta actividade realizase grazas ao Programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2025 da Área de Cultura da Deputación da Coruña.
Inauguramos conta en @bsky.app anunciando a nosa vindeira actividade, 'Humor para mudar o mundo. Que graza!' mostra do artista gráfico Pepe Carreiro que ten o seu disparo de saída o vindeiro venres 14, ás 19.30 horas nos locais que nos cede @acalexandreboveda.bsky.social
Non faltes, agardámoste!