Miguel Anxo Fernán Vello
@fernanvello.bsky.social
1.3K followers 1.1K following 300 posts
Escritor / Editor / Pintor. Fundador e director de Edicións Espiral Maior (1991). Deputado no Congreso XI-XII lexislaturas. Escribe en El Progreso de Lugo / Diario de Pontevedra.
Posts Media Videos Starter Packs
fernanvello.bsky.social
'Perfomance' católica de 'avant-garde' en Córdoba.
wahioka-izq.bsky.social
Esa es la Córdoba de rabiosa actualidad. No es semana santa, no es nada, es un invento para arrastrar el analfabetismo tras estatuas de yeso y así tener controlado al pueblo. ¿A dónde vamos con este personal? VOX y el PP son los principales interesados, en tanto beneficiados, de esta mascarada. SyR
fernanvello.bsky.social
11.10.25 El Progreso

O enterro do pintor Francisco Miguel, presidido pola alcadesa da Coruña, xunto cos alcaldes de Carballo e de Oleiros —e con gran presenza tamén do mundo artístico e literario—, foi un acto no que vibraron a partes iguais a dignidade, a xustiza e a emoción política democrática.
fernanvello.bsky.social
En Brión. Con Xosé Manuel Beiras. A amizade, a fraternidade e o agarimo ao mestre sempre aí.
fernanvello.bsky.social
4.10.25 El Progreso

(...) "Por que a comunidade internacional, a UE, a OTAN e os gobernos árabes —tamén os islámicos— actúan con diferentes ‘varas de medir’ cando se perpetran crimes de guerra —antes e agora— en determinados territorios do planeta?"
fernanvello.bsky.social
Enterro no cemiterio coruñés de Santo Amaro dos restos do pintor e artista plástico Francisco Miguel (1897-1936) recuperados dunha foxa común no cemiterio de Bértoa (Carballo). Misión cumprida.
fernanvello.bsky.social
29 setembro 2025. Solemne entrega dos restos (Concello da Coruña) e enterro de Francisco Miguel (1897-1936) no cemiterio de Santo Amaro, á beira da tomba de Manuel Murguía. Estarán presentes familiares do artista chegados dende México. Vai ser un día moi feliz e cheo de emoción. Misión cumprida.
fernanvello.bsky.social
El Progreso. 27.9.2025

"O xornalista Miguel Ángel Campos afirma que o xuíz Peinado foi un 'mal avogado e é un mal xuíz', moi proclive a aceptar denuncias de agrupacións de extrema dereita, ‘Manos limpias’ e ‘Hazte oír’, entre elas. Como din na súa terra, “no con quien naces, sino con quien paces”.
fernanvello.bsky.social
Ando a traballar en grandes formatos pictóricos. Este (técnica mixta 146x97) titúlase "Xeometrías do outono". E así ven os meus ollos os últimos días do verán e os primeiros días do outono luminoso de Carballo a certas horas do día (algunhas horas altivas da mañá e algunhas horas avanzadas da tarde)
fernanvello.bsky.social
(...) No seu discurso de agradecemento, Miguel Anxo Fernán Vello evocou a figura de Florencio Delgado Gurriarán e condenou “o xenocidio do pobo palestino por parte de Israel”.

Miguel Anxo Fernán Vello, gañador do VI Premio Florencio Delgado Gurriarán de Poesía - www.somoscomarca.es/articulo/oba...
Miguel Anxo Fernán Vello, gañador do VI Premio Florencio Delgado Gurriarán de Poesía
O autor de A porta da casa que se abre recolleu o galardón nunha gala benéfica celebrada no Teatro Lauro Olmo no Barco de Valdeorras 
www.somoscomarca.es
fernanvello.bsky.social
20.9.25 El Progreso
"Pode a Humanidade do s. XXI permitir a destrución total de Gaza —agora por vía terrestre— e ficar impertérrita diante do xenocidio que está a sufrir o pobo palestino? Pode a UE incumprir os valores que están no alicerce da súa existencia? A especie humana non debera consentilo"
fernanvello.bsky.social
O martes que vén, 16 de setembro, estaremos no Ateneo de Ferrol falando do pintor e artista "Francisco Miguel: A vangarda arrebatada", canda o amigo e gran poeta Xulio Valcárcel.
fernanvello.bsky.social
13.9.25 El Progreso

"En só 23 meses o exército israelí ten matado unha media de 1 neno ou nena palestino cada 60 minutos, e a día de hoxe hai 132.000 nenos menores de 5 anos que, se non se toman medidas drásticas de axuda inmediata e directa, corren o risco de morte por desnutrición aguda".
fernanvello.bsky.social
Artigo semanal (6.9.25) en El Progreso

"Unha muller ‘influencer’ da cal non lembro o nome —talvez luza, dinme, o apelido galego Pombo— seica desprezou nunha das súas ‘intervencións’ o hábito da lectura". (...)
fernanvello.bsky.social
Sempre na lembranza, Guadalupe Grande. En Nicaragua (2013)
fernanvello.bsky.social
Con dous grandes amigos (os dous grandes poetas e escritores: Xosé María Álvarez Cáccamo e Xavier Rodríguez Baixeras) na praia de Arealonga, en Chapela (Redondela). A amizade, longa e leal, é o máis grande agasallo que nos pode ofrecer a vida.
fernanvello.bsky.social
Con nenas e nenos de Moçambique, nunha viaxe oficial do Congreso de España (Comisión de Cooperación Internacional) no ano 2018. Experiencia de traballo e colaboración inesquecíbel. E ademais todas e todos eles falaban en 'galego' internacional: máis semellante ao noso do que o portugués mesmo.
fernanvello.bsky.social
30.8.2025 El Progreso

(...) Llompart pasou a súa nenez na Coruña —case 5 anos da súa vida—, pois seu pai, coronel de Infantería, fora trasladado en 1926 á cidade herculina. Alí o neno ouviu por primeira vez o idioma galego, e esa experiencia ‘auditiva’ deixou unha fonda pegada na súa sensibilidade