FADEMGA Plena inclusión Galicia
banner
fademga.bsky.social
FADEMGA Plena inclusión Galicia
@fademga.bsky.social
57 followers 19 following 200 posts
Federación gallega de asociaciones en favor de las personas con discapacidad intelectual
Posts Media Videos Starter Packs
Pinned
🧵Documentos xudiciais en lectura fácil: unha obriga legal e un dereito das persoas.
En FADEMGA Plena inclusión traballamos para que todas as persoas entendan os procesos xudiciais nos que participan, tamén aquelas con discapacidade intelectual ou dificultades de comprensión.
📢 A verdadeira inclusión constrúese con espazos coma este.
Axúdanos a darlles visibilidade, a romper silencios e a sumar apoios.
Comparte, fala, implica a túa contorna.
Porque cando elas avanzan, avanzamos todas ✊
#EuSiTeCreo #IgualdadeReal
Dende FADEMGA, reafirmamos o noso compromiso:
💜 Estar ao carón de todas as mulleres con discapacidade intelectual.
💜 Acompañar, apoiar e defender os seus dereitos.
💜 Loitar por unha sociedade onde todas poidan vivir libres e sen medos.
🎬 Tamén fixemos un cinefórum sobre a serie "Fácil".
Rimos, reflexionamos, emocionámonos… e falamos de temas clave como a autonomía persoal, o acceso á vivenda ou a igualdade real.
📸 No obradoiro de fotografía, as participantes prepararon propostas para o concurso do CERMI “Yo sí te creo”.
Un lema que non é só unha mensaxe: é unha urxencia.
A moitas mulleres con discapacidade aínda non se lles cre.
E iso ten que cambiar. 👇
🍀 Neste encontro creamos un espazo seguro onde cada muller puido expresarse, participar e sentirse escoitada.
👨‍🔬 Un laboratorio de ideas e emocións que puxo no centro o que de verdade importa: os seus dereitos e a súa voz. 👇
💜Celebramos unha nova edición do Encontro Autonómico de Mulleres con discapacidade intelectual.
Un espazo de liberdade, creatividade e reivindicación.
🧵Abrimos fío 👇
📚 Sabías que na nosa web temos un espazo cheo de oportunidades?
Sección de Axudas 👇
www.fademga.org/gl/axudas/
Sección de Formación 👇 www.fademga.org/gl/formacion/
con cursos e actividades pensadas para medrar, aprender e avanzar cara á inclusión real!
Non é só cuestión de formar. É cuestión de respectar, de apoiar dende o coidado e a liberdade.
💡 Seguimos aprendendo e creando novos espazos de reflexión.
A sesión presencial vén en camiño!
#SexualidadeEDiscapacidade #PlenaInclusión #FADEMGA #MulleresEnIgualdade
Abordamos tamén:
💬 Cando adquiren autonomía afectiva as persoas con discapacidade intelectual?
🌱 Que significa coidar o seu "Xardín da Intimidade"?
⏳ Por que é tan importante crear espazos e tempos para a intimidade?
A privacidade é un dereito, non un luxo.
Compartir fotos, información ou accións sen consentimento pode expoñer ás persoas que apoiamos.
🧵Que pasa cando non respectamos a intimidade das persoas con discapacidade intelectual?
Falamos disto na 2ª sesión da formación en sexualidade do Programa "Mulleres en igualdade" 👇
💬 Porque facer comprensible a información non é só un acto de empatía, senón unha obriga legal e unha mostra de Xustiza real e inclusiva.
🤝 Un proxecto de FADEMGA Plena inclusión Galicia e da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.
#LecturaFácil
📩 Se identificas un procedemento no que participe unha persoa con discapacidade intelectual, podes solicitar a adaptación:
🍀Envía un correo a [email protected]
O noso equipo encargarase de adaptar o documento a lectura fácil e validalo.
Este servizo está pensado para profesionais da Xustiza:
⚖️ Maxistrados/as
⚖️ Fiscais
⚖️ Letrados/as da Administración de Xustiza
⚖️ Persoal técnico e administrativo dos xulgados
⚖️ Outros operadores/as xurídicos
📜 A normativa respáldao:
🔹 Lei 19/2013, de Transparencia, obriga a subministrar información clara e accesible.
🔹 Lei 8/2021, de Apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, menciona expresamente o uso da lectura fácil.
📄En colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, adaptamos documentos xudiciais a lectura fácil.
Así garantimos que a información sexa comprensible, clara e accesible. 😃
🧵Documentos xudiciais en lectura fácil: unha obriga legal e un dereito das persoas.
En FADEMGA Plena inclusión traballamos para que todas as persoas entendan os procesos xudiciais nos que participan, tamén aquelas con discapacidade intelectual ou dificultades de comprensión.
4/5 Desde FADEMGA e ASPANAS reiteramos a nosa demanda:
➡️ un modelo de financiamento xusto e estable
➡️ que garanta a continuidade dos servizos e dos postos de traballo que sosteñen a inclusión.
3/5 Durante o encontro, Santos apelou á Xunta de Galicia para que tamén faga a súa parte e reforce as súas políticas sociais, sendo sensible coa realidade das persoas e entidades afectadas.
2/5 O subdelegado mostrou o compromiso do Goberno estatal coas persoas con discapacidade e coas súas familias, e escoitou de primeira man as necesidades urxentes do noso colectivo.
1/5 Onte reunímonos co subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, para abordar a crise que atravesa o sector da discapacidade intelectual en Galicia polo deterioro do concerto social.
5/ 📝 Xa podes inscribirte:
O primeiro prazo de inscrición está aberto ata o 14 de novembro: fademga.org/gl/novas/vol...
Participa, comparte e difunde!
Vémonos o 21 de novembro en Santiago. 🌱
fademga.org
4/ 🤝 O seminario é un espazo imprescindible para profesionais, familias, entidades e estudantado. Un punto de encontro entre ciencia, experiencia e compromiso humano.
🧩 19 anos construíndo inclusión dende a saúde mental!