Abrimos novo centro en Compostela! Buscamos profesionais comprometidas para o noso equipo. Ofertas activas: • Educadora Social • Monitora de Noite • Cociñeira • Personal de Limpeza 📧 Envía o teu CV a [email protected] 📅 Prazo de recepción de candidaturas: 23/09/2025
O novo curso do noso Proxecto BROS - Escola de Segunda Oportunidade está en marcha. Formación en competencias básicas: c. clave e c. dixitais para adolescentes sen titulación recoñecida no noso país ou en situación de abandono educativo #Xunta#PoliticaSocial#Inclusión#FondosEuropeos#UniónEuropea
Linguas: Neolectores, DELE A1 e A2, galego básico, alfabetización para a autonomía; Competencias clave e dixitais Inscricións abertas! WhatsApp 604 02 82 47 Comparte, etiqueta e participa! A formación é o primeiro paso cara á inclusión #Xunta#PoliticaSocial#Inclusión#FondosEuropeos#UniónEuropea
Pechamos este curso do Proxecto Superándonos en Diversidades Vigo con moita aprendizaxe, compañeirismo, temas difíciles e traballo escolar, risas, bagoas e e afecto. Foi un grupo moi artístico e sacamos tempo para realizar figuriñas cun material moldeable que nos encanta. #Xunta#Cerosete#Inclusion
Hoxe impartimos un taller sobre o sistema formativo español e homologación de títulos estranxeiros. Apostamos pola información e a orientación como ferramentas clave para mellorar a empregabilidade. Coñecer o sistema educativo e a homologación estudos é fundamental para acceder a novas oportunidades
Unha visita moi recomendada onde nosas mulleres de donas (debemos dicir que había cousas que xa coñecían das veces que falamos da historia de Vigo no grupo), pero tamén descubrimos outras cousas moi interesantes... encantounos a visita!!
Temos que dicir que o noso guía Sebastián, historiador e apaixonado da historia, fixo unha visita amena e entretida na que contou como foi construída a fortaleza e todos os asedios vividos nela, ademais de mostrarnos as galerías e rematar no recinto onde se gardaba a pólvora cun vídeo explicativo
O grupo de Donas da Cidade foi de excursión, dentro do noso programa Donas programamos visitas a museos e saídas culturais e como hai pouco dende o concello de Vigo abriron en O Castro as galerías subterráneas, fixemos a nosa reserva gratuíta para ter unha das visitas guiadas que ofrecen.
Non hai fronteiras! Actividade que dá remate aos cursos de Introdución á Sociedade de Acollida e Neolectores 2025. Compartir culturas, idiomas e horizontes de vida, aprender de cada persoa, de cada vivencia, de cada país de orixe: e construír un futuro común! #Xunta#FSE#FondosEuropeos#Inclusion
A semana pasada, sacamos tempo para un taller de arte autoxestionado onde fixeron diferentes debuxos para sacar a súa vea artística. Polo aniversario dunha compañeira cantamos parabéns (Brasil, Marrocos, China, España, Ucraína e Rusia). #Xunta#PoliticaSocial#OutrosFinsIntereseSocial#CeroSeteIRPF
Aquí o grupo de Superándonos: rapazas e rapaces migrantes cursando a ESO. Temos tempo para repasar mates, unha das rapazas fai de profe e dende o aprendizaxe cooperativo aprendemos. Tamén temos tempo para compartir actividades que nos gustan, dende facer gancho a pasar un tempo divertido cun bingo
O taiji é o principal xerador de tódalas cousas segundo a filosofía china tradicional. O 3 de marzo, da man de Xialou estivemos practicando esta arte milenaria. Despois, celebramos o entroido, compartindo disfraces, risas, música e tamén comida: orellas e filloas. #FSE#Igualdade#Xunta#SI427A2025