Casa de Rosalía
@casaderosalia.bsky.social
510 followers 160 following 210 posts
Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Visítanos e, se che presta, colabora con nós! https://rosalia.gal/ Tamén organizamos un festival: https://abrideafiestra.gal/
Posts Media Videos Starter Packs
Pinned
casaderosalia.bsky.social
🅿️ Estamos moi felices de poder anunciarvos que xa contamos cun parking exclusivo para os/as visitantes da Casa-Museo, con espazo para tres autobuses, 27 prazas individuais e dúas para persoas con mobilidade reducida. 🚌🚕
A colaboración cunha empresa local fíxoo posible. Grazas!
casaderosalia.bsky.social
Hoxe chega a Valga a exposición dos #50anosdaCasadeRosalía, que abrimos cunha visita guiada por Manuel Lorenzo Baleirón. Todo un pracer para nós estarmos presentes nos 20 anos da Asociación Cultural Os Penoucos
🥰
www.farodevigo.es/arousa/2025/...
La historia de Rosalía de Castro recala en Valga con la asociación Os Penoucos
La muestra «A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía», puede verse en la plaza Vicente Cousiño
www.farodevigo.es
Reposted by Casa de Rosalía
obaixoulla.bsky.social
✨ Chega a #Valga a exposición sobre os 50 anos da @casaderosalia.bsky.social da man da AC Os Penoucos

📆 Mañá ás 19 horas, inauguración e visita guiada polo escritor Manuel Lorenzo Baleirón

acospenoucos.wordpress.com/2025/10/06/e...
casaderosalia.bsky.social
🅿️ Estamos moi felices de poder anunciarvos que xa contamos cun parking exclusivo para os/as visitantes da Casa-Museo, con espazo para tres autobuses, 27 prazas individuais e dúas para persoas con mobilidade reducida. 🚌🚕
A colaboración cunha empresa local fíxoo posible. Grazas!
casaderosalia.bsky.social
No #DíadasEscritoras enviamos ao prelo esta biografía de #RosalíadeCastro asinada por Manuel Lorenzo Baleirón.

"Algunhas vidas, como a que nos ocupa, proxectan luz sobre os
días futuros. Poucos escritores amosaron tan espida a súa alma". ❤️❤️❤️
Moi pronto nas mellores librarías 😉
casaderosalia.bsky.social
Últimas datas‼️
Se aínda non viches a expo sobre os #50anosdaCasadeRosalía, velaquí as últimas oportunidades:
✨ Ata o 15 de outubro en Ponteareas
✨ Do 15 ao 2 de novembro en Valga, grazas á A.C. Os Penoucos @obaixoulla.bsky.social , con visita guiada por M. Lorenzo Baleirón
casaderosalia.bsky.social
Mañá solleira de outono con heliótropos (segundo Gala, a flor favorita de Rosalía) 🪻🌞
#XardíndeRosalía #senfiltros
casaderosalia.bsky.social
Se andades por Hamburgo a vindeira semana non perdades esta homenaxe a Rosalía de Castro organizada pola Asociación Pro-Fundación Manoel Vello 👇
casaderosalia.bsky.social
➡️ Se queres levar esta expo ao teu concello, chámanos xa❗️☎️
casaderosalia.bsky.social
A expo dos #50anosdaCasadeRosalía achégase á fin da súa itinerancia por máis de 40 cidades e vilas de Galicia (ademais de Braga, antiga capital do reino 😉 ). Podedes vela ata o 3️⃣0️⃣ de setembro na Estrada e logo en Ponteareas ata o 1️⃣5️⃣ de outubro, da man da Deputación de Pontevedra 🥰
casaderosalia.bsky.social
A @fionasampson.bsky.social , escritora e violinista alén
de membro da Orde do Imperio Británico e parceira nosa na #ResidenciaRosalíaTraherne, leu para nós o seu poema favorito de Rosalía: "Cando penso que te fuches" dentro do proxecto #RosalíaéMundial 🥰

www.youtube.com/shorts/M6SK2...
Fiona Sampson recita a Rosalía #RosalíaéMundial
YouTube video by Casa de Rosalía de Castro
www.youtube.com
casaderosalia.bsky.social
Esta mañá inauguramos a mostra sobre os #50anosdaCasadeRosalía na Estrada da man da Deputación de Pontevedra. Podedes vela alí ata o 30 deste mes!
casaderosalia.bsky.social
Ter con nós este verán a Tyler McKechnie e Gloria Rico, de Oístes? Teatro e Teatro En Punto, permitiunos achegarnos ao teatro máis contemporáneo. Se vós tamén queredes aprender con eles, esta tarde, masterclass de creación inmersiva aberta a todas! 👇
www.elcorreogallego.es/concellos/20...
Padrón acolle unha masterclass sobre teatro inmersivo na Casa de Rosalía
Gloria Rico e Tyler McKechnie pechan a súa residencia artística en Padrón cun encontro aberto ao público
www.elcorreogallego.es
casaderosalia.bsky.social
Onte presentamos o número 9 da revista #FollasNovas na @acalexandreboveda.bsky.social da Coruña. Xa a podeses pedir na vosa libraría favorita!
casaderosalia.bsky.social
Gloria Rico e Tyler McKechnie, das compañías Teatro En Punto e Oístes? Teatro, fixeron unha residencia artística aquí durante o verán para preparar o seu novo proxecto. E queren despedirse cunha master class sobre creación inmersiva. Será este venres! 😍
rosalia.gal/que-facemos/...
casaderosalia.bsky.social
O vindeiro luns presentamos na Coruña, da man dos nosos parceiros da @acalexandreboveda.bsky.social ,
o último número da #revistaFollasNovas, que desta volta se centra na relación da autora con Portugal, aínda que tamén inclúe artigos como a presenza da familia na Coruña.

Alí nos vemos!
casaderosalia.bsky.social
Parabéns Miriam!!! Que alegría que sucedas a #ChusPato no Premio Nacional de Poesía. Foi un pracer gozar da túa compaña e da túa obra no #RosalíaenCamiño2023 ❤️
casaderosalia.bsky.social
Estase a celebrar estes días en L.Luarca o festival La Favorita que organizaba o noso querido #XuanBello. Con el argallamos unha homenaxe a Rosalía de poetas galegos, coa presenza de Alba Cid, Nieves Neira e Anxo Angueira, que terá lugar este domingo 7. Alí estaremos, co seu recordo no peito. ❤️
casaderosalia.bsky.social
Lamentamos ter que comunicar o aprazamento da Residencia Rosalía/Traherne por razóns de saúde da nosa anfitrioa en Inglaterra, a escritora Fiona Sampson. Desexamos a súa pronta recuperación 🌹
casaderosalia.bsky.social
Vén de saír do prelo ‘Como um eco perdido’, unha nova antoloxía da obra rosaliana en 🇵🇹, editada polo poeta José Rui Teixeira con prólogo de Anxo Angueira e publicada por Officium Lectionis.
Podes atopala aquí 👉 officiumlectionis.pt/produto/rosa...
casaderosalia.bsky.social
No verán, no outono, no inverno e na primavera: #EuSonLibre #YoSoyLibre #Lieders #Tenda #CasadeRosalía