BNG A Coruña
banner
bngacorunha.bsky.social
BNG A Coruña
@bngacorunha.bsky.social
Conta oficial do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego da Coruña e da súa Asemblea Local
Pinned
#NaWeb

Orzamentos do Concello para 2026: 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮 ve "avances na boa dirección", mais precisa "que aínda hai moito por negociar".

(1).

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
Orzamentos do Concello para 2026: o BNG ve avances "na boa dirección", mais "aínda hai moito que negociar"
Na véspera do Pleno de novembro, o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, compareceu perante os medios para avaliar a marcha das negociacións conducentes a que o Concello teña novos orzament...
acorunha.bng.gal
Situar os barrios no centro das políticas municipais é un dos piares sobre os que se asenta o modelo de cidade do BNG para A Coruña. Facelo en contacto permanente co tecido asociativo veciñal é a maneira de comezar a facelo. Onte @david-soto.bsky.social reuniuse coa AVV de Novo Mesoiro ⬇️
December 5, 2025 at 7:54 PM
"A novela do bravú" (@xerais.bsky.social) é desde logo máis que unha novela do bravú: é tamén unha novela da Coruña, o retrato do latexo artístico da cidade, o seu nervio cívico e a súa vontade de, desde nós, ser vangarda.

Presentouna este serán 𝗫𝘂𝗿𝘅𝗼 𝗦𝗼𝘂𝘁𝗼 e alí estivo 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮.
December 5, 2025 at 7:34 PM
Este xoves visitamos - @anaponton.gal, 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮, 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 e @david-soto.bsky.social - o COF de Orillamar, abandonado, como o de Ventorrillo, pola Xunta.

E fixemos unha proposta: emendar os orzamentos da Xunta para destinar a estes centros 500.000 euros.

youtube.com/shorts/nH449...
Pedimos medio millón de euros para os COF de Orillamar e Ventorrillo, abandonados pola Xunta
YouTube video by BNG A Coruña
youtube.com
December 5, 2025 at 12:33 PM
#NaWeb

Recuperar o carril bus para facer unha cidade máis sostíbel.

Unha proposta de 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮 para o #PlenoDecembro do 11D.

👉 O carril bus foi suprimido polo PP durante a Alcaldía de Negreira e ningún goberno local foi quen de o repor desde daquela

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
Recuperar o carril bus para facer da Coruña unha cidade máis sostíbel
A Coruña necesita un carril bus para facer unha cidade “máis sostíbel e cun tránsito menos conxestionado, con tempos de desprazamento máis curtos”.
acorunha.bng.gal
December 5, 2025 at 10:02 AM
Máis un día de intensas mobilizacións da comunidade educativa dos CEIP Prácticas e Concepción Arenal.

Protestan porq se senten abandonados por unha Xunta que non ten a máis mínima sensibilidade á hora de atender as demandas da escola pública coruñesa

Abonda xa de recortes!
December 5, 2025 at 9:03 AM
#EstáAPasar

A Comisión de Economía, Facenda, Planificación Urbana e Administración Xeral, reunida no salón vermello do Pazo de María Pita, ditamina os asuntos que irán ao #PlenoDecembro do vindeiro xoves 11D.

Na xuntanza participa o noso portavoz no Concello, 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮.
December 5, 2025 at 8:47 AM
#NaWeb

𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 leva ao Parlamento galego o novo recorte no CEIP Concepción Arenal.

Rexistra unha proposición non de lei para a Xunta restituír de inmediato a segunda praza de coidadora do centro, suprimida o pasado 28 de novembro.

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
Queixas leva ao Parlamento galego o novo recorte no CEIP Concepción Arenal
Continúan os recortes no CEIP Concepción Arenal. Após a eliminación de prazas de docentes especialistas no apoio ao alumnado máis vulnerábel, a Xunta acaba de suprimir -fíxoo o pasado 28 de novembro- ...
acorunha.bng.gal
December 4, 2025 at 12:37 PM
𝗔𝗫𝗘𝗡𝗗𝗔

O noso portavoz en María Pita 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮 volve visitar, este xoves 4D, os estudios de 𝗥𝗮𝗱𝗶𝗼 𝗟𝗶́𝗱𝗲𝗿 para participar no faladoiro que modera o xornalista 𝗔𝗻𝘁𝗼́𝗻 𝗟𝗼𝗱𝗲𝗶𝗿𝗼.

⏳A partir das 9 h
📻No 101.9 da FM
December 3, 2025 at 12:37 PM
Eminente profesora, ensaísta e política -foi deputada do BNG no Parlamento galego durante varias lexislaturas-, Pilar García Negro acaba de pronunciar unha palestra, na Casa Museu Casares Quiroga, sobre Castelao como construtor da nación, no 75 aniversario do seu pasamento.

(1).
December 2, 2025 at 7:17 PM
📽

Como o PP non ten proxecto para a nosa cidade, iso vese nos orzamentos da Xunta: A Coruña non está. Si que aparece, claro, nas nosas emendas.

Eis 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 a presentalas aos medios, canda @iriataibo.bsky.social, quen deu a coñecer as relativas á comarca.

youtube.com/shorts/lahsp...
O BNG pide 120 millóns máis para A Coruña, nas súas emendas aos orzamentos da Xunta
YouTube video by BNG A Coruña
youtube.com
December 2, 2025 at 12:36 PM
#NaWeb

O Goberno Local anula as viaxes culturais dos programas de lecer do Fórum e do Ágora.

A nosa concelleira 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 insta o Executivo de Inés Rey que reconsidere unha decisión unilateral pola que xa pediron explicacións as persoas usuarias.

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
O Goberno Local anula as viaxes culturais dos programas de lecer do Fórum e do Ágora
Sen ningún tipo de explicación nin de consulta previa ás persoas usuarias, o Goberno Local decidiu suprimir este ano a viaxe cultural ao estranxeiro coa que desde hai anos se puña o ramo aos programas...
acorunha.bng.gal
December 2, 2025 at 11:39 AM
#NaWeb

O BNG pide 120 millóns de euros máis para a cidade, nas súas emendas aos orzamentos da Xunta.

Conferencia de prensa de 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 e 𝗜𝗿𝗶𝗮 𝗧𝗮𝗶𝗯𝗼.

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
O BNG pide 120 millóns de euros máis para A Coruña, nas súas emendas aos orzamentos da Xunta
As deputadas do BNG Mercedes Queixas e Iria Taibo ofreceron este luns unha conferencia de prensa para lle presentar aos medios as emendas que a formación nacionalista formula aos orzamentos da Xunta p...
acorunha.bng.gal
December 1, 2025 at 1:03 PM
𝗔𝗫𝗘𝗡𝗗𝗔

Este luns 1D (11 h), 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 e @iriataibo.bsky.social
ofrecerán unha conferencia de prensa para presentar as emendas do BNG aos orzamentos da Xunta en relación á cidade e á comarca.

Poderedes acompañar a convocatoria a través do noso Instagram: instagram.com/bngacorunha/
November 30, 2025 at 11:29 AM
A Gaiteira acaba de vivir unha fermosa batucada feminista, en demanda da presenza de nomes de mulleres ilustres no noso rueiro, a comezar polos de Mercedes Romero Abella -mestra fusilada polos fascistas en 1936- e Marisol Soenga, reputada investigadora na loita contra o cancro.
November 29, 2025 at 1:17 PM
#NaWeb

A nosa concelleira 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮 pídelle ao Goberno Local que estude a delimitación de zonas saturadas, coa prohibición de implantar novas VUTs nelas.

🧐Faino a través dunha moción para o seu debate no #PlenoDecembro.

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
Veira pídelle ao Goberno Local que estude a delimitación de zonas saturadas, con prohibición de implantar novas VUTs
A concelleira do BNG Avia Veira vai defender unha moción no Pleno de decembro por medio do cal insta o Goberno Local a que, en aplicación da Ordenanza Municipal, faga un informe para a eventual delimi...
acorunha.bng.gal
November 28, 2025 at 10:49 AM
O Fórum Metropolitano acolleu a estrea de 𝗟𝘂𝘇, 𝗰𝗶𝗻𝘇𝗮 𝗲 𝗽𝗲𝗱𝗿𝗮. 𝗖𝗮𝗿𝘁𝗼𝗴𝗿𝗮𝗳𝗶́𝗮 𝗱𝗮 𝗺𝗲𝗺𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗰𝗼𝗿𝘂𝗻̃𝗲𝘀𝗮 -unha serie de tres capítulos sobre a represión fascista na nosa cidade, producida por
𝗡𝗼́𝘀 𝗧𝗲𝗹𝗲𝘃𝗶𝘀𝗶𝗼́𝗻.

Ao evento asistiu 𝗗𝗮𝘃𝗶𝗱 𝗦𝗼𝘁𝗼.
November 27, 2025 at 12:17 PM
#NaWeb

O noso portavoz no Concello 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮 rexistra iniciativas sobre as demoras nos enterros de cinzas nos cemiterios municipais

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
Unha iniciativa sobre as demoras nos enterros de cinzas nos cemiterios municipais
Estanse a producir demoras de até 20 días nos enterros de cinzas en cemiterios municipais da cidade -singularmente no de Santo Amaro-, circunstancia que leva o noso portavoz no Concello, Francisco Jor...
acorunha.bng.gal
November 27, 2025 at 11:01 AM
𝗔𝗫𝗘𝗡𝗗𝗔

O noso portavoz no Concello 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮 volve visitar, este xoves 27N, os estudios de 𝗥𝗮𝗱𝗶𝗼 𝗟𝗶́𝗱𝗲𝗿 para participar no faladoiro que modera o xornalista 𝗔𝗻𝘁𝗼́𝗻 𝗟𝗼𝗱𝗲𝗶𝗿𝗼.

⏳Ás 9 h
📻No 101.9 da FM
November 26, 2025 at 5:12 PM
#NaWeb

Un rogo para a sinalización correcta dun paso de peóns na Avenida de Monelos.

Unha iniciativa de 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮 para o #PlenoDecembro.

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
Un rogo para a sinalización correcta dun paso de peóns na Avenida de Monelos
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, vai levar ao Pleno de decembro, en forma de rogo oral, as deficiencias na pintura e sinalización dun paso de peóns da Avenida de Monelos moi usado po...
acorunha.bng.gal
November 26, 2025 at 12:08 PM
Este #25N, día para nos mobilizarmos contra a Violencia Machista, tivo esta mañá un punto de encontro, na explanada de Riazor, para debuxar un lazo solidario contra a barbarie e dar lectura á Declaración Institucional do Concello.

Alí estiveron 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮 e 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀.
November 25, 2025 at 1:07 PM
#NaWeb

A Alcaldía continúa sen lle dar ao BNG acceso á documentación sobre as propostas de sanción aos VTC.

Solicitouna a nosa concelleira 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮.

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
A Alcaldía continúa sen lle dar ao BNG acceso á documentación sobre as propostas de sanción aos VTC
O pasado día 12 de novembro, a concelleira do BNG Avia Veira rexistrou unha petición por escrito á Alcaldía de acceso a toda a documentación relativa á proposta de sancións aos VTC trasladada desde a ...
acorunha.bng.gal
November 25, 2025 at 9:30 AM
𝗔𝗫𝗘𝗡𝗗𝗔

A nosa concelleira 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮 volve visitar, este martes 25N, os estudios de 𝗥𝗮𝗱𝗶𝗼 𝗖𝗼𝗿𝘂𝗻̃𝗮 para se debruzar sobre a actualidade informativa municipal.

⏳Ás 13.30 h
📻No 93.4 da FM
November 24, 2025 at 5:30 PM
📽

A nosa concelleira 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 acompañou a marcha das familias do CEIP Cidade Vella nunha acción en prol de algo tan elemental como unha escola "digna e segura".

Unha mensaxe moi clara para a Xunta e para o Goberno Local.

youtube.com/shorts/Saikb...
Queixas acompaña a loita das familias do Cidade Vella por unha escola "digna e segura"
YouTube video by BNG A Coruña
youtube.com
November 24, 2025 at 12:49 PM
#NaWeb

𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 acompañou esta mañá a manifestación das familias do CEIP Cidade Vella en demanda dunha "escola digna e segura".

A nosa deputada vaille pedir á Xunta que poña en marcha canto antes un proxecto de rehabilitación integral do centro.

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
Queixas acompaña a marcha das familias do CEIP Cidade Vella e pídelle á Xunta a reforma integral do centro
A concelleira e deputada do BNG Mercedes Queixas acompañou esta mañá a manifestación das familias do CEIP Cidade Vella que marcharon desde este centro de ensino público até a praza de María Pita en de...
acorunha.bng.gal
November 22, 2025 at 1:03 PM