belenregueira.bsky.social
@belenregueira.bsky.social
Esperamosvos ás 12 en San Agustín!
#XornalistasNoMercado

Con Carmen Merelas, Cristina Lombao e Isabel Bravo en conversa con Dolores Vázquez
December 13, 2025 at 10:49 AM
Do decálogo de boas prácticas no uso da IA nos medios de @xornalistas.bsky.social
www.xornalistas.gal/novas-evento...
December 12, 2025 at 9:25 PM
Este sábado, leria e vermú na Coruña! #XornalistasNoMercado

▶️ Ao mediodía, no mercado de San Agustín
O ciclo #XornalistasNoMercado', organizado pola demarcación da Coruña do CPXG coa colaboración de A Parva, regresa o sábado ás 12:00 ao mercado de San Agustín coas coruñesas entrevistadas en #ACrónicaRevelada: Isabel Bravo, Cristina Lombao e Carmen Merelas.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
December 12, 2025 at 8:26 PM
Hoxe ás 11, xuntámonos na
@facom-usc.bsky.social para invocar a Nacho Mirás e o seu xornalismo gaiteiro e rabudo, con este libro argallado por xente moi querida da tribo dos xuntaletras ❤️
December 12, 2025 at 7:33 AM
Volve #XornalistasNoMercado na Coruña!

▶️Sábado 13 de decembro ao mediodía
▶️No mercado de San Agustín

Despedimos o ano falando de periodismo con tres grandes da profesión e tomándolle unha no bar de xornalistas A Parva 😊
O ciclo #XornalistasNoMercado', organizado pola demarcación da Coruña do CPXG coa colaboración de A Parva, regresa o sábado ás 12:00 ao mercado de San Agustín coas coruñesas entrevistadas en #ACrónicaRevelada: Isabel Bravo, Cristina Lombao e Carmen Merelas.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
December 9, 2025 at 7:34 PM
Reposted
#25AnosDoCPXG O 8 de decembro de 2002, a Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas denunciaba o apagamento informativo imposto polas autoridades estatal e galega en relación á cobertura da marea negra causada polo naufraxio do #Prestige buff.ly/6GjFMMV
December 8, 2025 at 11:15 AM
Xornalista!, último mes para colexiarse sen pagar os gastos iniciais 👇
🚨🚨🚨 Este mes de decembro é o último para aproveitar a promoción dos #25AnosDoCPXG, grazas á cal podes darte de alta no Colexio de Xornalistas sen pagar gastos iniciais de colexiación. Se aínda non estás colexiada/o, apura! 🏃
www.xornalistas.gal/novas-evento...
December 6, 2025 at 7:52 AM
Reposted
A @facom-usc.bsky.social acolle o venres 12 a presentación de 'Mirás: Xornalismo gaiteiro', un libro elaborado polo CPXG, coa colaboración da Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e a Facultade, que recolle textos de #NachoMirás e serve de homenaxe ao xornalista
www.xornalistas.gal/novas-evento...
December 4, 2025 at 11:41 AM
Falouse de precariedade, da redución de espazo nos medios, de métricas, redes e ‘clippings’, da clonación de notas de prensa, da necesidade de fiscalizar as políticas culturais, das reportaxes en profundidade, da urxencia de reconectar coa cultura que emerxe aí fóra…
O CPXG, @concellopontevedra.bsky.social e o Culturgal celebraron o sábado o Encontro de xornalismo cultural, con Marta Gómez, @belamistura.bsky.social, @tamaricah.bsky.social, Ramón Rozas, Iolanda F. Casal, @sancarnota.bsky.social, Sonia Díaz, Alejandro Espiño, Susana Regueira e Carme D. Prol.
December 2, 2025 at 9:42 PM
Reposted
O Colexio de Xornalistas e a Asociación de Fotoxornalistas esixen ao Concello de Ourense que non limite a toma de imaxes nos plenos. Esta medida non só restrinxiría inxustificadamente o dereito á información, senón que é contraria á lexislación.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
December 1, 2025 at 10:51 AM
Unha cultura precisa tamén de xornalismo cultural, ou?

▶️ Ás 11 da mañá en Culturgal

Con Marta Gómez, @belamistura.bsky.social, @tamaricah.bsky.social, @ramonrozasiii.bsky.social, IolandaF. Casal, Sandra Carnota, @emereci.bsky.social, @alexespino.bsky.social, Susana Regueira e Carme D. Prol
November 29, 2025 at 7:30 AM
Xuntaletras e culturetas: este sábado, de 11:00 a 13:00, falamos en Culturgal de xornalismo cultural, que xa ía facendo falta.
Olakease, ves ao Culturgal falar de xornalismo cultura co @xornalistas.bsky.social okease?
O CPXG, o @concellopontevedra.bsky.social e o Culturgal organizan o sábado 29 ás 11:00 un Encontro de xornalismo cultural na Sala VIP do Pazo da Cultura de Pontevedra, que reunirá algunhas das principais voces da información sobre cultura da nosa comunidade.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
November 28, 2025 at 5:24 PM
Para seguir mellorando o tratamento informativo da violencia contra as mulleres: formación e máis formación.
Nas facultades e nas redaccións. Para todas e todos os periodistas.

Iso intentamos facer desde o Colexio de Xornalistas #25N 👇
No #25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Colexio de Xornalistas insiste na importancia da formación para combater as #violenciasmachistas desde as redaccións.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
November 25, 2025 at 11:34 AM
Este mércores en Pontevedra 👇
Encuentro periodistas en el ciclo 'Pioneras' de los #Feroz2026 en Pontevedra:

⏰ Miércoles 26 de noviembre | 19:00h.
🎙️ Encuentro sobre periodismo cultural: ‘Informar sobre cine’.
🤝🏼 @xornalistas.bsky.social
November 23, 2025 at 7:07 PM
Últimas prazas para participar nesta conversa sobre a información cinematográfica.

Mércores 26, na Casa da Luz de Pontevedra. Inscríbete! 👇
O vindeiro mércores 26, o Colexio de Xornalistas, o Concello de Pontevedra e a AICE organizan a conversa 'Informar sobre cine'. Ás 19:00 na Casa da Luz de Pontevedra, con María Guerra, @angelsuanzes.bsky.social e @andreavife.bsky.social. Inscríbete aquí para poder asistir: forms.gle/e2h219RDqq2t....
November 19, 2025 at 8:26 PM
O audiovisual é un sector puxante e estratéxico; e o xornalismo que informa sobre el?

O mércores 26 de novembro, na Casa da Luz de Pontevedra @angelsuanzes.bsky.social, María Guerra e @andreavife.bsky.social conversan no encontro ‘Informar sobre cine’.

Inscríbete! buff.ly/x7WcPMm
November 14, 2025 at 2:35 PM
‘Comunicación corporativa: comunicar con estratexia’. Tres webinars que poden seguirse en directo e en diferido (11, 13 e 17 de novembro) e unha xornada presencial na Facom de Santiago o día 20.
O Colexio de Xornalistas organiza nas mañás do 11, 13 e 17 de novembro 'A #comunicacióncorporativa: Comunicar con estratexia', un ciclo de seminarios online realizados coa subvención da Deputación da Coruña e a colaboración da @facom-usc.bsky.social.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
November 2, 2025 at 8:26 AM
Xornalista, aínda non estás colexiadx?

Coléxiate agora: aforras as taxas iniciais e non pagas cotas ata 2026 😎
xornalistas.gal/colexiate/
📢Lembra que con motivo dos #25AnosDoCPXG o Colexio segue mantendo aberta a promoción pola que as e os xornalistas que se dean de alta neste 2025 non terán que pagar os gastos iniciais de colexiación. Aproveita e coléxiate en defensa da profesión!
www.xornalistas.gal/novas-evento...
November 1, 2025 at 8:47 AM
Formación sobre o tratamento informativo das violencias machistas nas redaccións dos medios galegos.

Un proxecto moi importante para o Colexio de Xornalistas, froito de anos de traballo das nosas compañeiras.
O CPXG levou ao @farodevigo.es , grazas ao convenio coa Consellería de Politica Social e Igualdade no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, o primeiro obradoiro nas redaccións sobre tratamento das violencias machistas, impartido por Fátima Frieiro
xornalistas.gal/novas-evento...
October 23, 2025 at 11:42 AM
Que interesante foi escoitar a @laragrana.bsky.social, Alba Chao, Ángel Paniagua e @sertalc.bsky.social

O bo xornalismo hai que celebralo, difundilo e explicalo, e iso fixemos onte en Vigo no primeiro Encontro de xornalismo social #SomosEsenciais
O Encontro de Xornalismo Social #SomosEsenciais, organizado polo Colexio de Xornalistas, coa colaboración de Gadis, serviu para analizar os retos que supón unha información que responde aos problemas da cidadanía e establece vínculos coa propia sociedade.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
October 22, 2025 at 10:47 AM
Ás 19:00, no MARCO, primeiro Encontro #SomosEsenciais

Falamos de xornalismo social con Lara Graña, Alba Chao, Ángel Paniagua e Carolina Sertal.

O acceso é libre e de balde. Esperámosvos!
October 21, 2025 at 4:16 PM
Ás 19:00, no MARCO, primeiro Encontro #SomosEsenciais

Falamos de xornalismo social con Lara Graña, Alba Chao, Ángel Paniagua e Carolina Sertal.

O acceso é libre e de balde. Esperámosvos!
October 21, 2025 at 4:15 PM
Este martes, en Vigo, Lara Graña explicaranos a súa cobertura da desaparición de Mari Carmen Fernández. Un traballo que lle valeu o V Premio #SomosEsenciais

E falaremos de xornalismo social con Alba Chao, Ángel Paniagua e Carolina Sertal.

➡️ Ás 19:00, no MARCO
➡️ Acceso aberto e gratuíto
October 20, 2025 at 6:16 PM
Unha efeméride moi importante destes #25AnosDoCPXG

A #DeclaraciónDeCompostela supuxo en 2004 un punto de inflexión no tratamento informativo da violencia machista
#25AnosDoCPXG O 16 de outubro de 2004 máis de 70 xornalistas e axentes sociais asinaban a #DeclaraciónDeCompostela, que recoñecía a responsabilidade dos medios na loita contra as violencias machistas e ofrecía unha guía para o seu tratamento informativo.
xornalistas.gal/biblioteca/m...
October 17, 2025 at 7:55 AM
Falamos de xornalismo social coas últimas gañadoras do #SomosEsenciais

➡️ Martes 21 de outubro
➡️ No MARCO de Vigo
➡️ 19:00 horas
➡️ Aberto ao público
O Colexio de Xornalistas, coa colaboración de Gadis, organiza o martes 21 o Encontro de Xornalismo Social #SomosEsenciais. O acto, gratuíto e aberto a todo o público, celebrarase a partir das 19.00 no salón de actos do Marco de Vigo.
xornalistas.gal/novas-evento...
October 16, 2025 at 11:01 AM