ACGB
banner
acgbcn.bsky.social
ACGB
@acgbcn.bsky.social
41 followers 2 following 52 posts
Asemblea Cultural Galega de Barcelona.
Posts Media Videos Starter Packs
O xoves 13 de novembro, @s 18h agora si, despois de ser adiada máis dunha vez, temos a Mario Cortizo no Centre de Cultura Popular La Violeta que nos falará de «As marxes da música. Creación contemporánea a partires de arquivos sonoros da tradición oral». Mario é un crack da composición de vangarda.
O día 15 de novembro, no Centre Artesà Tradicionàrius de Barcelona, ás 20:30 horas, poderemos gozar da música de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. Podedes mercar as entradas en www.xabierdiaz.com
Como xa vos indicamos nunha publicación anterior, a Comisión Feminista da ACGB quere honrar, neste último trimestre do ano, a figura da docente e escritora luguesa Helena Villar Janeiro.

Toda a info aquí 👇

acgb.gal/reconecement...
Estes días temos no CCCB, en Barcelona, o Kosmópolis cun cartelón que inclúe nomes como Berta Dávila ou Yolanda Castaño. Cada xornada remata cunha actuación musical. O domingo estará no cenario a grandísima Mercedes Peón.
💡 𝗔𝗴𝗮𝗿𝗱𝗮́𝗺𝗼𝘀𝘁𝗲 𝗻𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗧𝗮𝗯𝗲𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗵𝗼𝗻𝗿𝗮𝗿 𝗮 𝗖𝗮𝘀𝘁𝗲𝗹𝗮𝗼 𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘀𝘁𝗿𝘂í𝗿 𝘅𝘂𝗻𝘁𝗮𝘀 𝘂𝗻 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗺𝗲𝗺𝗼𝗿𝗶𝗮, 𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗲 𝗹𝗼𝗶𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗮.
docs.google.com/forms/d/e/1F....

𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮 𝗻𝗼 𝗺𝗶𝗰𝗿𝗼 𝗮𝗯𝗲𝗿𝘁𝗼: Se non te queres comprometer como artista, lembra que o día que abra a Taberna poderaste anotar nunha lista pra participar no micro aberto 🎤. Animamos a todo o mundo a que comparta os seus talentos dunha maneira ou doutra. 🧵👇
𝘌 𝘳𝘦𝘤𝘰𝘳𝘥𝘢 𝘲𝘶𝘦 𝑝𝘰𝘥𝘦𝘴 𝘴𝘦𝘳 𝑝𝘢𝘳𝘵𝘦 𝘥𝘦𝘴𝘵𝘢 𝘰𝘶 𝘥𝘢𝘴 𝘴𝘦𝘨𝘶𝘪𝘯𝘵𝘦𝘴 𝘛𝘢𝘣𝘦𝘳𝘯𝘢𝘥𝘢𝘴

𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝗮𝗿𝘁𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗮 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗻𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗶𝗻𝗱𝗶𝘃𝗶𝗱𝘂𝗮𝗹 𝗼𝘂 𝗴𝗿𝘂𝗽𝗮𝗹 🎨. Demostra a túa maxia cun espectáculo de aproximadamente 10 minutos e comparte a túa arte connosco! Podes inscribirte a través deste formulario: 👇🧵
Nun tempo de moitas loitas que resoan, é máis necesario ca nunca recuperar o seu espírito combativo e cheo de amor pola terra. 🔥🌍🍉

Haberá 𝗺𝘂́𝘀𝗶𝗰𝗮 🎶, 𝗽𝗮𝗹𝗮𝗯𝗿𝗮𝘀 ✍️, 𝗮𝗿𝘁𝗲 🎨 e 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗲𝗿𝘀𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗮 🗣️… e quen sabe, igual ata se deixa ver o propio Castelao 😉🎩.
Nesta ocasión propoñemos unha Tabernada moi especial: “𝗖𝗮𝘀𝘁𝗲𝗹𝗮𝗼 𝗲 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗻𝗼́𝘀”.

Neste 2025, 𝗔𝗻𝗼 𝗖𝗮𝘀𝘁𝗲𝗹𝗮𝗼, queremos celebralo lembrando a súa figura e pensamento: artista, político, humanista e voz firme pola dignidade dos pobos.
📢 𝗣𝗿𝗼́𝘅𝗶𝗺𝗮 𝗧𝗮𝗯𝗲𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 📢

Este 𝗱𝗼𝗺𝗶𝗻𝗴𝗼 𝟱 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼, de 𝟭𝟭:𝟬𝟬𝗵 a 𝟭𝟱:𝟬𝟬𝗵 📅, volvémonos atopar para a primeira Tabernada do curso no 𝗔𝘁𝗲𝗻𝗲𝘂 𝗥𝗼𝗶𝗴 (𝗚𝗿à𝗰𝗶𝗮) (📍https://www.google.com/maps/place//data=!4m2!3m1!1s0x12a4a31e48ed62b1:0x4839abc3b534a702?sa=X&ved=1t:8290&ictx=111).
Reposted by ACGB
Como moi probablemente xa saibades, nestas datas estamos a vivir unha terrible vaga de incendios, na que Galicia, e sobre todo a provincia de Ourense está a ser duramente castigada.
👇🧵
Tamén queremos expresar o noso agradecemento a toda a xente que está a traballar arreo para extinguir os lumes e protexer a nosa terra e patrimonio, cunha mención especial para os mortos e feridos nesta loita. 

Moita forza e moita choiva.

#ResponsabeisDimisión
Desde a ACGB, cun profundo sentimento de tristura e impotencia, queremos mostrar todo o noso apoio á todas as persoas que están sendo afectadas directamente por esta traxedia, tanto en Galicia, coma León, Zamora, Extremadura, Portugal e tantas outras zonas. 👇
que moitos veciños teñan perdido todo. O lume está a arrasar con xoias ecolóxicas coma o Courel, Pena Trevinca (misteriosamente silenciada no seu inicio por fontes oficiais), e ameazando zonas únicas coma o Teixedal de Casaio ou Picos de Europa, no que supón unha catástrofe tamén medioambiental. 👇
No momento de escribirmos estas liñas, levan ardido xa máis de 85.000 hectáreas no noso país (segundo fontes oficiais, que xa sabemos como van estas cousas). 
Os continuos focos que están a aparecer ameazan aldeas enteiras, e os frontes avanzan chegando a queimar casas, animais e bosques, e facendo👇
Como moi probablemente xa saibades, nestas datas estamos a vivir unha terrible vaga de incendios, na que Galicia, e sobre todo a provincia de Ourense está a ser duramente castigada.
👇🧵
☔️☔️ Hoxe vimos presentar unha das iniciativas máis chulas da ACGB: a biblioteca Sabela Labraña.

Estades todas convidadas a usar este espazo sempre que queirades: facer doazóns, levar libros prestados, unirvos ao clube de lectura...

📚🖇️📖
#BibliotecaSabelaLabraña
Á volta do verán presentaremos información das actividades vindeiras que desexamos sexan compartidas por todas vós.
No Club de Lectura, na Tabernada Feminista e no 8M fixemos o noso pronunciamento: "CALADAS NUNCA MAIS" . Felicitámonos polo éxito do Punto Lila e seguiremos a procurar que os nosos espazos sean libres de violencia machista. (2 de 3)
A Comisión Feminista faise resón das voces feministas organizadas que berran para seren escoitadas polos axentes políticos e pola sociedade en xeral: que denuncian, alertan e chaman á unidade contra a violencia machista e contra as distintas formas do sistema social patriarcal (1 de 3)
De parte da comisión feminista da ACGB, con motivo do orgullo: que viva a diversidade!!!
Conta atrás para o Primavera Son... Tic tac... Toda a info na nosa web:
acgb.gal/primavera-so...
Primavera Son
acgb.gal
Xa temos o horario completo do Primavera Son (este 17 de maio). Ademais, haberá Punto Lila, venda de libros, recuncho dxs Crush, o tradicional polbeiro, obradoiro de pintar camisolas, etc. etc. etc.
Dende a ACGB convocamos unha sesión formativa, sobre o recentemente creado Punto Lila, o martes 13 de maio de 19:30 a 20:30 no Ateneu Roig.
Esta formación é necesaria para poder actuar como Punto Lila móbil nas actividades da asociación.
Confirma a túa asistencia enviando unha mensaxe ao 627 704 212