Academia Galega do Audiovisual
banner
academiagalegaa.bsky.social
Academia Galega do Audiovisual
@academiagalegaa.bsky.social
Na Academia Galega do Audiovisual agrupamos aos profesionais de todo o audiovisual galego. Tamén estamos en Facebook, Instagram e Linkedin, búscanos!!
O audiovisual galego medra grazas ás persoas que crean, coidan e soñan 🎬✨
Grazas á comunidade que nos acompaña e dá sentido ao que facemos.

Que o 2026 veña cheo de novas historias e camiños compartidos.
Boas festas e feliz audiovisual galego 2026! ❤️

www.youtube.com/watch?v=tuem...
Feliz audiovisual galego 2026!
YouTube video by Academia Galega do Audiovisual
www.youtube.com
December 23, 2025 at 11:43 AM
✨ XIV Premio José Sellier ✨
O presidente de AGAPI, Felipe Lage, e a xerente, Uxía Caride, recolleron esta mañá o galardón nun acto xunto a presidenta da Academia, Lucía Veiga, e o concelleiro de Cultura e Turismo da Coruña, Gonzalo Castro.
Parabéns!
December 17, 2025 at 5:48 PM
AGAPI recibe o XIV Premio José Sellier en recoñecemento á súa traxectoria exemplar, ao seu carácter pioneiro e á súa contribución á construción, consolidación e proxección do sector audiovisual galego ao longo de máis de tres décadas.

www.academiagalegadoaudiovisual.gal/a-asociacion...
AGAPI recibe o XIV Premio José Sellier
A Academia Galega do Audiovisual entregou hoxe o XIV Premio José Sellier á Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI).
www.academiagalegadoaudiovisual.gal
December 17, 2025 at 11:29 AM
Parabéns a todo o equipo de 'Sirât', filme producido polo académico Xavi Font, que consolida o seu camiño cara os Premios Oscars ao entrar na shortlist en cinco categorías. ✨🌪️
December 16, 2025 at 8:52 PM
Parabéns a Luis Tosar! 👏✨
O actor galego recibe a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes 2025 concedida polo Goberno de España.
A súa é unha carreira que reflicte talento, compromiso e excelencia no cinema 🎥

ℹ️ cultura.gob.es/actualidad/2...
December 16, 2025 at 4:59 PM
Parabéns á nosa académica Chelo Loureiro e a todo o equipo de 'Decorado', filme dirixido por Alberto Vázquez, que esta fin de semana foi recoñecido como Mellor Longametraxe de Animación nos Premios Forque! 👏✨

#31Forqué
December 15, 2025 at 10:02 AM
Celebramos a entrega do XIV Premio José Sellier co que distinguimos un proxecto relevante para o sector audiovisual! 🏆✨

🗓️Mércores, 17 de decembro
🕑11.00 horas
📍Espacio Avenida da Coruña
December 11, 2025 at 9:42 AM
Onte foi a estrea en Pontevedra do filme 'Me has robado el corazón', coprodución da galega Ficción Producciones, con participación dos académicos Miguel de Lira e Lucía Veiga no reparto e Ángel Amaro na dirección de arte.
💘 Un romance cheo de humor e perigo que xa está en cines!
December 10, 2025 at 4:15 PM
Comeza a VIII Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, con 35 filmes e 17 curtas en competición, pases especiais, sesións infantís e actividades para explorar o diálogo entre o audiovisual e o mar.
Do 10 ao 14 de decembro en Rianxo! 🌊🎥
December 10, 2025 at 9:09 AM
En cines o filme "Playa de Lobos", dirixido polo académico Javier Veiga. 🎬
Unha comedia con intriga na que Manu, camareiro dun chiringuito, e Klaus, un turista aferrado á última tumbona, viven un encontro que pronto deixa de ser casual. 👀
#TalentoGalego
December 9, 2025 at 3:54 PM
Mañá chega aos cines 'Golpes', coprodución da galega
@vacafilms.bsky.social 🙌
O filme protagonizado por Luis Tosar mergúllanos no cine quinqui dos 80: roubos, atracos e un pasado que sempre volve. 🎥

#AudiovisualGalego
December 4, 2025 at 1:34 PM
Chega a X edición dos #PremiosMaríaLuzMorales! ✨✍
Aberto o prazo ata o 4 de maio de 2026 para enviar ensaios escritos e videoensaios sobre o audiovisual galego e internacional.
👉 Bases na nosa web: academiagalegadoaudiovisual.gal/premios/prem...
December 3, 2025 at 10:08 AM
As compañeiras de CREA (Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización) veñen de escoller nova directiva! 🤝🎬
Desde a Academia enviamos os nosos parabéns e os mellores desexos nesta nova etapa! ✨
December 1, 2025 at 12:05 PM
Onte clausuramos a III edición de 𝗙𝗜𝗚𝗔 coa proxección de ‘La Furia’ acompañada dun coloquio coa produtora #MireiaGraell e moderado pola escritora #AndreaNunes.
November 8, 2025 at 8:18 AM
#SaamiraGanay modera esta mesa xunto a #KathySey, #CamilaBossa, #LauraGalán e #MiriamGarlo, nunha conversa sobre a representación diversa e o impacto das eleccións de elenco na construción de novos relatos.
November 7, 2025 at 5:21 PM
#LolaClavo, #PabloRomero, #SalimaJirari e #FonCortizo conversan sobre a importancia da coordinación de intimidade e da accesibilidade nas producións.
November 7, 2025 at 10:17 AM
🗣 No último día de 𝗙𝗜𝗚𝗔 repasamos a importancia da coordinación de intimidade nas obras, a relación entre identidade, memoria e creación e a representación diversa en castings.

🎬 Pechamos con 𝙇𝙖 𝙁𝙪𝙧𝙞𝙖, de #GemmaBlasco.
November 7, 2025 at 8:29 AM
Remata a segunda xornada de FIGA coa proxección de 𝙎𝙤𝙧𝙙𝙖, o filme de #EvaLibertad.
November 6, 2025 at 6:58 PM
#SilviaFuentes, #GemaArquero, #CharliBujosa, #BeaSaiáns e #NatiJuncal, falan agora sobre o papel da produción audiovisual como espazo de diversidade e transformación.
November 6, 2025 at 4:46 PM
#MelEstaba, #GemaArquero, #NatiJuncal e #BárbaraTardón, analizan nesta mesa as ferramentas prácticas e transformadoras dende o feminismo e as narrativas queer para pensar nunha industria máis plural.
November 6, 2025 at 11:23 AM
Comezamos a segunda xornada de 𝗙𝗜𝗚𝗔 cunha charla a cargo de #SalvaTabone, coordinador de investigación do Observatorio para a Diversidade no Audiovisual, que nos achega datos e análises sobre a realidade da representación nos medios.
November 6, 2025 at 10:06 AM
🗣 Hoxe en 𝗙𝗜𝗚𝗔 falaremos sobre ferramentas prácticas desde o feminismo, novas narrativas, o papel do cinema nos marcos tradicionais e a produción como espazo de diversidade.

🎬 Rematamos coa proxección do filme 𝙎𝙤𝙧𝙙𝙖, de #EvaLibertad.
November 6, 2025 at 8:44 AM
Pechamos a primeira xornada de FIGA coa performance 𝙁𝙡𝙪𝙤𝙧 𝙨𝙞𝙜𝙣𝙞𝙛𝙞𝙘𝙖 𝙚𝙨𝙘𝙪𝙧𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚, de #NuriaVil.

Unha peza que combina poesía e corpo para explorar as emocións colectivas.
November 5, 2025 at 7:46 PM
Continuamos coa proxección dunha selección de curtametraxes da mostra #NorteCinemaDiverso.

‘An avocado pit’, de #AryZara
‘O coidado’, de #MiguelCanalejo
‘Ese lugar partido’, de #PabloSantidrián e #InésPintor
November 5, 2025 at 6:50 PM
Parabéns ás producións dos académicos Xavi Font, 'Sirat', e Chelo Loureiro, 'Decorado', e aos actores galegos Mario Casas e Luis Zahera, polas seleccións aos #31Forqué!
Un novo recoñecemento ao talento galego no audiovisual! 🎬✨
November 5, 2025 at 6:08 PM